Saltar ao contido

Camelia Cociña de Llansó

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Camelia Cociña»)
Modelo:BiografíaCamelia Cociña de Llansó

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento1847 Editar o valor en Wikidata
Córdoba, España Editar o valor en Wikidata
Morteséculo XX Editar o valor en Wikidata
RelixiónCatolicismo Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritora Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeJoaquín Llansó Editar o valor en Wikidata
PaiVicente Manuel Cociña Vizoso Editar o valor en Wikidata


Luisa Purificación Camelia Cociña de Llansó, de solteira María de la Purificación Camelia Cociña de Riveira,[1] nada en Córdoba en 1847,[2] foi unha escritora galega. Empregou o pseudónimo de Cecilia.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Filla de Vicente Manuel Cociña, tras a morte deste en 1854 foi vivir coa súa familia a Galicia, á casa do avó materno. Asistiu a unha escola en Viveiro, onde tivo por compañeiro a Alfredo García Dóriga.[1] A súa nai morreu cando ela tiña trece anos, e quedou co seu avó, xa que a súa irmá máis vella estaba casada e lonxe, e o seu irmán estudaba fóra. Formou parte da pequena burguesía ilustrada do funcionariado, co que tivo acceso á lectura e escritura. Despois de casar con Joaquín Llansó (foi entón cando adoptou o nome de Llansó) viviu en Cáceres, Barcelona e outras cidades da costa mediterránea. En abril de 1914 estaba viúva. Viviu polo menos até 1927, xa que se conserva correspondencia desta época. En 1873 tivo un fillo, Luís Llansó Cociña, que estivo en Filipinas.

En 1882 participou no Certame Literario convocado en Alba de Tormes co gallo do terceiro centenario do nacemento de Tareixa de Ávila. Acadou un premio, un floreiro de prata dos duques de Alba, por unha composición poética sobre a santa. En 1883 presentouse a un certame convocado en Pamplona, e acadou o segundo premio (unha rosa de ouro) co poema "La tradición de San Fermín", sobre "Conversión al cristianismo, Santas predicaciones y gloriosa muerte del excelso Patrono de Pamplona". Tamén participou noutros concursos de ámbito local, como os do Ateneo de Igualada (1880, Ateneu Igualadí de la Classe Obrera) ou a Asociación Literaria de Girona (1887, Premio dun medallón de ouro co poema "Epístola"; 1892, Accésit ó premio del Centro Moral Gerundense co poema "Canto materno").[3]

A súa obra aparece en diversas escolmas, como a da Asociación Literaria de Gerona (poemas "Epístola", 1887 e "La primera conquista", 1885). Outros poemas seus son "El Talismán", "Literatura", "Amor de madre" (La Unión Gallega, 1883), "A Galicia" (Galicia Moderna, 1888) ou "La guerra del Riff" (Vida Gallega, 1909). Recibiu tamén un premio polo drama nun acto, La Joya de más valía.

Foi socia de honor do Centro Gallego de Buenos Aires, membro correspondente da Academia Malacitana, socia de mérito do Ateneo Igualadino e de varias academias francesas, como a de Mont-Real de Tolosa, por traballos en prosa nun concurso internacional. A Real Academia de Córdoba nomeouna correspondente o 28 de marzo de 1914.

Colaborou en publicacións de España e de América, como La Ilustración de Barcelona, La Asociación Literaria de Girona, El Eco de Galicia de Buenos Aires, Revista de Extremadura, El Correo de la Moda, La Moda Elegante Ilustrada ou o Diario de Córdoba.

Foi redactora en El Sacerdocio de la Mujer (Barcelona) canda a Esperanza de Belmar, Berenice, Amparo e Elisa Gutiérrez.

Intercambiou correspondencia con José Sinisterra, Orti Belmonte e Ricardo de Montis.

Asinou algunhas veces co pseudónimo Garci-Hernández.[4]

  1. 1,0 1,1 Marco López 2007, p. 110.
  2. Pilar Bartolomé (16/7/2017). "La poetisa cordobesa olvidada". El Día de Córdoba (en castelán). 
  3. "Camelia Cociña de Llansó". patrimoniliterari.cat (en catalán). 
  4. Marco López 2007, p. 111.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]