Galicia Moderna (A Habana)
Galicia Moderna | |
---|---|
País | Cuba |
Lugar | A Habana |
Lingua | lingua castelá |
Fundación | 1885 |
[ editar datos en Wikidata ] |
Galicia Moderna foi unha revista editada na Habana entre 1885 e 1890.
Historia e características
[editar | editar a fonte]Subtitulada Semanario de intereses generales foi fundada e dirixida por José Novo García e despois polo seu irmán Enrique Novo García. Era unha revista de información xeral, con noticias de Galicia, cunha especial preocupación polos temas culturais, aos que dedicou moito espazo (en particular á literatura). Recolleu as actividades do Centro Gallego e das asociacións de emigrantes así como a situación da colectividade galega na Habana. Acolleu nas súas páxinas a moitos escritores e xornalistas galegos con diferentes artigos e colaboracións artísticas (poesía, obras teatrais).
A lingua utilizada na revista foi maioritariamente o castelán, cunha presenza reducida do galego. Aínda así, cómpre destacar que o obxectivo marcado foi dedicar a publicación "especialmente consagrada a Galicia", como se declara xa no primeiro número. Eventualmente publicáronse textos en portugués e en francés.
Publicáronse en total 214 números, distribuídos en dúas épocas: 206 números entre o 3 de maio de 1885 e maio de 1889, máis só 8 números nunha segunda época, entre marzo de 1890 e o 27 de abril de 1890, data na que se publicou o último número. A periodicidade foi, en principio, semanal. O número de páxinas foi sempre de 8 páxinas, agás tres exemplares que contaron con 4, 10 e 12 páxinas.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- "Galicia Moderna". Enciclopedia Galega Universal. Ir Indo. 1999-2002. ISBN 84-7680-288-9.
- Neira Vilas, Xosé (2005). "Galicia Moderna". Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada (DVD). El Progreso. ISBN 84-87804-88-8.
- Neira Vilas, Xosé (2011). A prensa galega de Cuba. Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades. ISBN 978-84-453-5020-1.
- Santos Gayoso, Enrique (1990). Historia de la prensa gallega 1800-1986. Cuadernos do Seminario de Sargadelos (en castelán) 52. Sada: Ediciós do Castro. ISBN 84-7492-489-8.
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Ficha de Galicia Moderna no Repertorio da prensa da emigración galega do CCG.
- Luís Alonso Girgado (dir.); Natalia Regueiro (estudo introdutorio); Josefa Beloso Gómez (colaborador) (2002). Galicia Moderna Centro Ramón Piñeiro. ISBN 84-453-3448-4