José Novo García
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | Ferrol, España |
Morte | 18 de outubro de 1898 A Coruña, España |
Actividade | |
Ocupación | xornalista, xurista, escritor |
Familia | |
Irmáns | Enrique Novo García Victorino Novo García |
José Novo García, nado en Ferrol e finado na Coruña o 18 de outubro de 1898, foi un xurista e escritor galego, emigrante a Cuba.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Foi catedrático da Facultade de Dereito da Habana, maxistrado da Audiencia e coronel do Batallón de Voluntarios de Jesús del Monte na Habana. Fundou a revista Galicia Moderna, da que foi director e dirixiu tamén Aires d’a Miña Terra, ambas publicadas na Habana. Retornou enfermo a Galicia a principios de outubro de 1898[1] e morreu aos poucos días.
Obra (selección)
[editar | editar a fonte]- Idea del Estado, como sujeto de la Hacienda pública.
- Legislación de Bolsa.
- Estudio sobre el fundamento y sobre las fuentes del Derecho internacional.
- Por Galicia: cuartillas y apuntes, Biblioteca Gallega, 1896.[2]
- Por el mundo, 1897.
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou con Irene Arana.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ La Voz de Galicia, 3-10-1898, p. 2.
- ↑ Por Galicia : cuartillas y apuntes en Galiciana, Biblioteca de Galicia.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: José Novo García |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Couceiro Freijomil, Antonio (1951-53). Diccionario Bio-bibliográfico de Escritores (en castelán) II. Bibliófilos Gallegos. pp. 481–482.
- Neira Vilas, Xosé (2011). A prensa galega de Cuba. CIRP. pp. 31, 61. ISBN 978-84-453-5020-1. Arquivado dende o orixinal o 22 de abril de 2018. Consultado o 21 de abril de 2018.
- Vilavedra, D., ed. (1997). Diccionario da Literatura Galega. Publicacións Periódicas II. Galaxia. pp. 26, 232. ISBN 84-8288-137-X.
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Artigos de José Novo García na Hemeroteca da RAG Arquivado 01 de xuño de 2020 en Wayback Machine.