Camilo Cancio Quindós
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 6 de xaneiro de 1884 Vilaseca, España |
Morte | 20 de maio de 1918 (34 anos) Vigo, España |
Actividade | |
Ocupación | escritor, xornalista |
Camilo Cancio Quindós, que asinaba como Camilo C. Quindós, nado en Vilaseca (Negueira, Negueira de Muñiz) o 6 de xaneiro de 1884 e finado en Vigo o 20 de maio de 1918, foi un escritor e xornalista galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Criouse en Navia, colaborou en Las Riberas del Eo. Fixo o servizo militar en Ferrol, publicou poemas e artigos en El Correo Gallego. Instalouse en Ribadeo en 1907, participou na fundación do Ateneo e colaborou con Francisco Lanza e Celestino Pérez Andrade en La Voz del Pueblo e en 1912 en El Eco Mercantil.[1] Estivo en Madrid, onde frecuentou os círculos literarios. Pasou unha tempada na Arxentina. Posteriormente regresou a España e ingresou no corpo de Policía.[2] Colaborou en Galicia e Suevia. Deixou inéditas e en preparación varias obras.
Obra
[editar | editar a fonte]Poesía
[editar | editar a fonte]- La musa loca, 1910.
- Flor de mi senda, 1912.
- Alborear, 1914.[3]
Teatro
[editar | editar a fonte]- Abrazo que redime. Diálogo representable, en verso, para niños, 1913.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ LANZA ÁLVAREZ, Francisco
- ↑ La Noche, 6-1-1951, p. 2.
- ↑ Ficha en Galiciana
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- "Cancio Quindós, Camilo". Enciclopedia Galega Universal. Ir Indo. 1999-2002. ISBN 84-7680-288-9.
- "Cancio Quindós, Camilo". Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada (DVD). El Progreso. 2005. ISBN 84-87804-88-8.
- Couceiro Freijomil, A. (1951). "Cancio Quindós, Camilo". Diccionario bio-bibliográfico de escritores (en castelán) I. Santiago de Compostela: Bibliófilos Gallegos. p. 216.
- Somoza, Juan Ramón (1915). Semblanzas. Lugo: Gerardo Castro. p. 189. Arquivado dende o orixinal o 28 de maio de 2024. Consultado o 31 de maio de 2024.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Autores ribadenses en lengua castellana iesgamallofierros (en castelán).