Saltar ao contido

La Voz del Pueblo (Ribadeo)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

La Voz del Pueblo
Fundación1910
Remata1913
Lingualingua castelá
LocalidadeRibadeo
editar datos en Wikidata ]

La Voz del Pueblo foi un periódico quincenal editado en Ribadeo entre 1910 e 1913.

Historia e características

[editar | editar a fonte]

Subtitulado Órgano independiente de defensa social y local, apareceu o 1 de maio de 1910. Fundado e dirixido por Celestino Pérez Andrade. De tendencia republicana e católico, constaba de catro páxinas e tirábase na imprenta asturiana de Manuel Méndez, en Luarca. Na presentación declara ser unha publicación imparcial e estar destinada ós obreiros, e tiña como lema "es de concorida y de consideración a la dignidad humana dentro de la vida social, y de tolerancia en el campo ideológico de las teorías y de las creencias". Entre os seus colaboradores figuraron Francisco Lanza e Camilo Cancio Quindós.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]