Camp Municipal de Rugbi La Foixarda
Camp de rugbi La Foixarda | ||||
---|---|---|---|---|
![]() | ||||
Tipo | instalación deportiva ![]() | |||
Localización | ||||
| ||||
Estado | España | |||
Comunidade autónoma | Cataluña | |||
Provincia | provincia de Barcelona | |||
Ámbito funcional territorial | Ámbito metropolitano de Barcelona | |||
Comarca | Barcelonès | |||
Concello | Barcelona ![]() | |||
Localización | Barcelona | |||
Datas | ||||
Fundación | 1921 ![]() | |||
Inauguración | 1921 | |||
Dimensións | ||||
Capacidade | 800 asentos | |||
Superficie | Herba sintética | |||
Persoas e organizacións | ||||
Ocupante | Catalonia national rugby union team (en) ![]() ![]() ![]() | |||
Deporte | ||||
Localía | Barcelona Universitari Club | |||
[ Wikidata ] |
O Camp Municipal de Rugbi La Foixarda é un recinto deportivo de Barcelona adicado á práctica do rugby no que xoga como local o Barcelona Universitari Club e antigamente tamén o Futbol Club Barcelona e a Selección de rugby de España.
Historia
[editar | editar a fonte]O estadio orixinal foi construído nunha antiga canteira chamada "La Foixarda" situada ós pés de Montjuïc. No momento da súa inauguración en 1921 foi o maior estadio da cidade (aínda non existían o Estadi de Montjuïc nin o Camp de Les Corts) cunha capacidade para acoller 25 000 persoas.[1] A intención era que fose unha das sedes dos Xogos Olímpicos de 1924 que a cidade de Barcelona pretendía organizar.
O FC Barcelona construíu o Camp de Les Corts en 1922 e en 1933 foi construído o campo de rugby de La Bordeta, de xeito que despois dunha tempada como parque de atraccións La Foixarda foi abandonada e mesmo empregada como cemiterio de coches. En decembro de 1953 La Foixarda foi reinaugurado como campo de rugby, acollendo a competición de rugby durante os Xogos Mediterráneos de 1955, e foi nove veces a sede da final da Copa do Rei de Rugby.
Co tempo as remodelacións reduciron a capacidade das bancadas até menos de mil asentos, e en 2013 o terreo de xogo de herba natural foi cambiado por outro sintético mais axeitado para soportar o alto número de encontros de rugby que nel se xogan.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ La inauguración del estadio catalán, na hemeroteca de Mundo Deportivo. (en castelán)
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Camp Municipal de rugbi La Foixarda, na web do Concello de Barcelona (en castelán)