Campionato Carioca
Tipo | competición futbolística |
---|---|
Deporte | fútbol |
Organizador | Federação de Futebol do Estado do Rio de Janeiro (pt) |
Liga inferior | Campeonato Carioca de Futebol - Série B (pt) |
Número de participantes | 108 |
Localización e Datas | |
País | Brasil |
Vixencia | 1906 – |
Calendario da tempada | xaneiro – |
Período de ocorrencia | 1 ano |
Outro | |
Páxina web oficial | fferj.com.br |
O Campionato Carioca (en portugués: Campeonato Carioca), é a máxima competición de fútbol do estado brasileiro do Río de Xaneiro. Coñecido oficialmente como Campeonato Estadual do Rio de Janeiro, dispútase dende 1906, organizado pola Federación de Fútbol do Estado do Río de Xaneiro. É a terceira competición de fútbol máis antiga do Brasil, só por detrás do Campionato Paulista e do Campionato Baiano.
A historia da competición está marcada polas rivalidades entre os catro equipos brasileiros máis prestixiosos do Río: Botafogo, Flamengo, Fluminense e Vasco da Gama. O Flamengo é o club con máis títulos, cun total de 37.
Historia
[editar | editar a fonte]Os primeiros anos
[editar | editar a fonte]A finais do século XIX e comezos do XX deuse un forte crecemento da popularidade do fútbol no Río de Xaneiro e en Niterói. Creáronse clubs como o Rio Cricket, o Fluminense, o Bangu, o América Football Club e o Botafogo, e organizáronse as primeiras competicións entre eles. O 8 de xuño de 1905 fundouse a Liga Metropolitana de Fútbol.[1]
En 1906, celebrouse o primeiro Campionato Carioca, disputado por seis clubs: Fluminense, Botafogo, Bangu, Football and Athletic, Paissandu e Rio Cricket. O America, a pesar de ser un dos fundadores da liga, non disputou a primeira edición, que foi conquistada polo Fluminense.[2]
En 1907, o campionato rematou cun empate entre o Botafogo e o Fluminense. O Fluminense considerábase a si mesmo campión, argumentando o criterio da diferenza de goles, mentres que Botafogo pediu un partido de desempate. A disputa quedou sen resolver ata 1996, cando ambos os clubs foron oficialmente proclamados campións.[3] O 29 de febreiro de 1908, Fluminense, Botafogo, América, Paissandu, Rio Cricket e Riachuelo fundaron a Liga Metropolitana de Sports Athleticos (LMSA), que pasou a organizar o Campionato Carioca. O campión foi o Fluminense.[4]
Escisións
[editar | editar a fonte]AFRJ: a primeira escisión
[editar | editar a fonte]A primeira escisión da liga produciuse en 1911, cando o Botafogo, descontento pola suspensión do seu futbolista Abelardo de Lamare, abandonou a LMSA e fundou a Associação de Football do Rio de Janeiro (AFRJ).[5] Esta organizou un campionato paralelo, que foi conquistado polo propio Botafogo.
LMDT: 1917-1932
[editar | editar a fonte]En 1917, varias acusacións de suborno fixeron que a LMSA cambiase a denominación pola de Liga Metropolitana de Desportos Terrestres (LMDT). O Fluminense gañou a competición daquel ano.
AMEA: a segunda escisión
[editar | editar a fonte]O 1 de marzo de 1924 produciuse unha segunda escisión na liga, cando se fundou a Associação Metropolitana de Esportes Athleticos (AMEA), por parte de Flamengo, Fluminense, Botafogo e America, con restricións para os xogadores negros e de clase baixa.[5] A Confederação Brasileira de Desportos (CBD) recoñeceu á AMEA como a liga oficial do Río de Xaneiro a partir de 1924 e desvencellouse da LMDT. A nova competición da AMEA foi gañada polo Fluminense, mentres que a da LMDT gañouna o Vasco da Gama, o único club significativo que se mantivo na antiga liga. En 1925, a AMEA anulou as súas condicións raciais e o Vasco abandonou a LMDT, que continuou con clubs menores. Anos máis tarde, o campionato LMDT de 1924 foi considerado oficial, pero non os seguintes campionatos da LMDT.
Profesionalización e a unión da liga
[editar | editar a fonte]O 23 de xaneiro de 1933, Bangu, Fluminense, Vasco e América fundaron a primeira liga profesional do Río de Xaneiro, a Liga Carioca de Futebol (LCF), que non foi recoñecida pola Confederação Brasileira de Desportos, contraria ao profesionalismo no deporte. Disputáronse dous campionatos paralelos durante tres anos, ata que
se fusionaron en 1937, ano no que os clubs de fútbol brasileiros foron profesionalizados.
Federación Carioca de Futebol (FCF)
[editar | editar a fonte]O 21 de abril de 1960, a capital brasileira pasou a ser en Brasilia, polo que a Federação Metropolitana de Futebol foi rebautizada como Federação Carioca de Futebol (FCF). O America gañou o campionato estatal daquel ano.
Despois de 1975
[editar | editar a fonte]O 15 de marzo de 1975, os estados do Río de Xaneiro e Guanabara fusionáronse baixo o nome de Río de Xaneiro. O 29 de setembro de 1978 fundouse a Federação de Futebol do Estado do Rio de Janeiro (FERJ), coa fusión do FCF do estado de Guanabara e da FFD do estado de Río de Xaneiro. En 1979 disputouse un campionato extra, incluíndo tamén aos equipos estatais de fóra da cidade, que ata ese ano disputaban o Campionato Fluminense. Foi gañado polo Flamengo.
Formato
[editar | editar a fonte]A competición adoita dividirse en tres fases: a tradicional Taça Guanabara, a Taça Rio e a final.
A Taça Guanabara é a primeira fase da competición, cos equipos divididos en dous grupos. Os tradicionas "catro grandes" (Botafogo, Flamengo, Fluminense e Vasco da Gama) actúan como cabezas de serie, con dous deles en cada grupo. Os equipos xogan un partido contra cada equipo do seu grupo, e o primeiro de cada grupo xoga pasa a semifinais, onde xoga contra o segundo equipo. Os vencedores clasifícanse para o partido final.
A Taça Rio é a segunda etapa da competición. Os equipos divídense nos dous mesmos grupos da Taça Guanabara, pero cada un deles xoga unha vez contra cada equipo do outro grupo. O primeiro equipo de cada grupo compite nas semifinais co segundo equipo do grupo contrario, e os gañadores das semifinais compiten pola Taça Rio.
Os gañadores da Taça Guanabara e da Taça Rio disputan a final do Campionato Carioca, a dobre partido.
Lista de campións e máximos goleadores
[editar | editar a fonte]Era afeccionada
[editar | editar a fonte]Era profesional
[editar | editar a fonte]Palmarés
[editar | editar a fonte]Club | Títulos | Subcampionatos | Anos campión |
---|---|---|---|
Flamengo | 37
|
32
|
1914, 1915, 1920, 1921, 1925, 1927, 1939, 1942, 1943, 1944, 1953, 1954, 1955, 1963, 1965, 1972, 1974, 1978, 1979 (Especial), 1979, 1981, 1986, 1991, 1991, 1991, 1999, 2000, 2001, 2004, 2007, 2008, 2009, 2011, 2014, 2017, 2019, 2020, 2021 |
Fluminense | 32 | 23 | 1906, 1907, 1908, 1909, 1911, 1917, 1918, 1919, 1924, 1936, 1937, 1938, 1940, 1941, 1946, 1951, 1959, 1964, 1969, 1971, 1973, 1976, 1976, 1980, 1983, 1984, 1985, 1995, 2002, 2005, 2012, 2022 |
Vasco da Gama | 24
|
25
|
1923, 1924, 1929, 1934, 1936, 1945, 1947, 1949, 1950, 1952, 1956, 1958, 1970, 1977, 1982, 1987, 1988, 1992, 1993, 1994, 1998, 2003, 2015, 2016 |
Botafogo | 21
|
20
|
1907, 1910, 1912, 1930, 1932, 1933, 1934, 1935 *, 1948, 1957, 1961, 1962, 1967, 1967, 1967, 1968, 1989, 1990, 1997, 2006, 2010, 2013, 2018 |
America | 7
|
7
|
1913, 1916, 1922, 1928, 1931, 1935, 1960 |
Bangu | 2
|
6
|
1933, 1966 |
São Cristóvão | 1
|
1
|
1926 |
Paissandu | 1
|
1
|
1912 |
Máximos goleadores absolutos
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Agostino 2006, p. 82.
- ↑ "CAMPEONATO CARIOCA DE 1906 - 1ª DIVISÃO" (en portugués). 24 de maio de 2008. Consultado o 6 de setembro de 2022.
- ↑ "Botafogo x Fluminense: O polêmico campeonato de 1907" (en portugués). 11 de marzo de 2016. Consultado o 6 de setembro de 2022.
- ↑ "Rio de Janeiro Championship 1908". rsssfbrasil.com (en inglés). Consultado o 6 de setembro de 2022.
- ↑ 5,0 5,1 Pereira Nunes, André Luiz (15 de marzo de 2021). "As 3 principais cisões do Campeonato Carioca" (en portugués). Consultado o 6 de setembro de 2022.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Agostino, Gilberto (2006). Memória social dos esportes: futebol e política : a construção de uma identidade nacional (en portugués) 2. Mauad Editora. ISBN 978-85-7478-182-2.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina web oficial da FFERJ
- Datos da competición en Soccerway (en inglés).
- Datos da competición en rsssfbrasil.com (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 5 de febreiro de 2009.
- Clasificación histórica (en portugués). Arquivado dende o orixinal o 9 de decembro de 2008.
- Maiores asistencias aos estadios no Campionato Carioca (en portugués).
- Estatísticas dos principais clubs de fútbol do estado do Río de Xaneiro (en portugués).
- Fla-Flu e a Copa Carioca (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 7 de marzo de 2006.