Saltar ao contido

Roberto Dinamite

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaRoberto Dinamite

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(pt) Carlos Roberto de Oliveira Editar o valor en Wikidata
13 de abril de 1954 Editar o valor en Wikidata
Duque de Caxias, Brasil Editar o valor en Wikidata
Morte8 de xaneiro de 2023 Editar o valor en Wikidata (68 anos)
Río de Xaneiro, Brasil Editar o valor en Wikidata
Causa da mortecancro colorrectal Editar o valor en Wikidata
Concelleiro de Río de Xaneiro
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
Altura186 cm Editar o valor en Wikidata
Peso82 kg Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista, político Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1971 Editar o valor en Wikidata -
Partido políticoPartido do Movimento Democrático Brasileiro Editar o valor en Wikidata
Nacionalidade deportivaBrasil Editar o valor en Wikidata
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoDianteiro Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
1971–1979 Club de Regatas Vasco da Gama 161(92)
1979–1980   FC Barcelona 8(2)
1980–1989 Club de Regatas Vasco da Gama 134(89)
1989–1990 Associação Portuguesa de Desportos 16(9)
1990–1990 Club de Regatas Vasco da Gama 4(0)
1991–1991 Campo Grande Atlético Clube 14(0)
1992–1993 Club de Regatas Vasco da Gama 2(0)
  Selección nacional Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
1972–1972   Brasil sub-23 5(1)
1975–1984   Brasil 38(20)
Participou en
1982Mundial de Fútbol España 1982
xuño de 1978Mundial de Fútbol Arxentina 1978 Editar o valor en Wikidata

Twitter: rdinamite10 UEFA: 96984 Editar o valor en Wikidata

Carlos Roberto de Oliveira, máis coñecido como Roberto Dinamite, nado en Duque de Caxias o 13 de abril de 1954 e finado no Río de Xaneiro o 8 de xaneiro de 2023,[1] foi un futbolista e político brasileiro. Destacado dianteiro centro, está considerado como o maior ídolo da historia do Vasco da Gama, club no que militou de xeito case ininterrompido entre 1971 e 1993. Foi o futbolista que máis veces vestiu a camiseta do Vasco, así como o seu máximo goleador histórico, con 1110 partidos e 708 goles (incluíndo partidos amigables).

Foi ademais o máximo goleador histórico do Campionato Brasileiro (190 goles) e do Campionato Carioca (279 goles). Internacional coa selección brasileira, disputou con esta as Copas do Mundo de 1978 e 1982 e os Xogos Olímpicos de 1972. Foi presidente do Vasco da Gama de 2008 a 2014.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Coñecido como Calu na súa infancia,[2] comezou a xogar ao fútbol no São Bento Esporte Clube, equipo do seu barrio, ata que en 1969 ingresou na canteira do Vasco da Gama. Co equipo xuvenil do club marcou 46 goles e foi o máximo goleador do Campionato Carioca xuvenil de 1970.[3]

Debutou co primeiro equipo o 14 de novembro de 1971, na derrota por 1-0 diante do Bahia. O 25 de novembro marcou o seu primeiro gol, un espectacular tanto diante do Internacional, no estadio do Maracanã, no que caneou a catro rivais antes de mandar o balón ao fondo da rede.[2] Foi nese momento cando comezou a ser coñecido como Roberto Dinamite (dinamita en portugués), alcume que lle puxeran os xornalistas do Jornal dos Sports Aparício Pires e Eliomário Valente.[4][2]

Foi o máximo goleador do equipo todos os anos entre 1973 e 1985, converténdose no maior ídolo da historia do club.[5] Na tempada 1974 foi unha peza clave na conquista do primeiro Campionato Brasileiro da historia do Vasco, sendo o máximo goleador da competición con 16 dianas. Foi titular no partido de desempate contra o Cruzeiro, formando dianteira xunto con Luiz Carlos Tatu e Jorginho Carvoeiro.[6]

No Brasileirão de 1975, a pesar da mala actuación do Vasco, foi autor de 15 dos 25 goles do equipo, un gol menos que o máximo artilleiro do campionato, Flávio Minuano. No Campionato Carioca dese ano foi tamén o segundo máximo goleador con 25 goles, só por detrás dos 30 de Zico.[7] En 1977 gañou o seu primeiro Campionato Carioca, acabando o torneo de novo como segundo máximo anotador con 25 goles, superado outra vez por Zico.[8] O propio Zico, Dinamite e Cláudio Adão empataron como máximos goleadores do Carioca do ano seguinte, con 19 tantos.[9] En 1979 disputou a súa segunda final do Campionato Brasileiro, perdendo por 2-0 diante do Internacional.

En 1980, con ofertas de varios clubs europeos, aceptou fichar polo FC Barcelona, que buscaba un dianteiro para substituír a Hans Krankl.[10] Marcou dous goles no seu debut, a vitoria por 2-0 sobre o Almería na xornada 17 da Primeira División, e anotou un terceiro gol na volta da Supercopa de Europa fronte ao Nottingham Forest. Con todo, non acabou de adaptarse ao club catalán e perdeu a titularidade trala chegada de Helenio Herrera ao banco do equipo, polo que acabou volvendo ao seu país só 3 meses despois da súa marcha.[11]

No seu regreso ao Río de Xaneiro, o 4 de maio de 1980, realizou unha das súas máis destacadas actuacións, marcando os 5 goles do seu equipo na vitoria por 5-2 sobre o Corinthians, diante de máis de 100.000 persoas no Maracanã.[12] En 1981 proclamouse máximo goleador do Campionato Carioca, por primeira vez en solitario, con 6 goles máis que Zico. O Vasco clasificouse para a final contra o Flamengo, e aínda que gañou os dous primeiros partidos con tres goles de Roberto Dinamite (0-2 e 1-0), o título acabou nas vitrinas do Flamengo, que venceu no terceiro partido.[13] Ese ano marcou un total de 62 goles e superou os 450 goles totais co Vasco, deixando moi atrás os números de Ademir de Menezes, ata entón o máximo goleador histórico do club.[3]

En 1982 gañou o seu segundo Campionato Carioca, vingándose do Flamengo no partido que decidiu o título.[14] Continuou como un dos máximos goleadores do campionato durante os seguintes anos, xunto a xogadores como Romário ou Bebeto, e en 1984 foi o máximo anotador do Campionato Brasileiro. Sumou o seu terceiro Carioca en 1987, revalidando o título ao ano seguinte.

En 1989 aceptou unha oferta para xogar cedido nese club e disputar o Campionato Brasileiro. Xogou 17 partidos e marcou 9 goles, cos que acadou os 190 tantos no Brasileirão, marca aínda non superada por ningún outro futbolista.[15] En 1991 volveu ser cedido, desta vez ao Campo Grande, co que xogou o Campionato Carioca, rematando na quinta posición do Grupo A.

Marcou o seu último gol o 26 de outubro de 1992, na vitoria por 2-0 do Vasco sobre o Goytacaz no estadio São Januário, nun partido do Campionato Carioca, competición que gañou ese ano por quinta vez na súa carreira.[16]

Disputou o seu último encontro o 24 de marzo de 1993, con 39 anos, fronte ao Deportivo da Coruña no estadio do Maracanã, nun partido amigable organizado como despedida e no que compartiu equipo con Zico. O equipo galego gañou aquel encontro con goles de Bebeto e Nando.[17] Retirouse como o máximo goleador histórico do Vasco da Gama (708 goles), do Campionato Brasileiro (190) e do Campionato Carioca (279). É tamén o xogador que máis goles marcou no estadio de São Januário e nos clásicos contra todos os grandes clubs do Río de Xaneiro.[5]

Selección brasileira

[editar | editar a fonte]

En 1972 xogou cinco partidos coa selección olímpica do Brasil, coa que disputou os Xogos Olímpicos de 1972, caendo na primeira fase.[18]

Posteriormente foi 38 veces internacional absoluto coa selección brasileira, coa que marcou 20 goles.[4] Debutou na Copa América de 1975, disputando o seu primeiro encontro o 30 de setembro, na derrota por 3-1 diante da selección peruana nas semifinais.[19] Marcou o seu primeiro gol como internacional o 23 de maio de 1976, na vitoria por 1-0 sobre Inglaterra dentro do Torneo Bicentenario dos Estados Unidos.[19] O seu último partido foi o 17 de xuño de 1984, cando Brasil e Arxentina empataron 0-0.[19]

Foi convocado por Cláudio Coutinho para o Mundial de 1978, no que anotou tres goles, rematando o torneo en terceira posición.[4] Formou parte do equipo brasileiro tamén no Mundial de 1982, como suplente de Serginho.[4]

Política

[editar | editar a fonte]

Despois da súa retirada do fútbol, iniciou unha carreira na política. En 1992, tras afiliarse ao PSDB, foi elixido vereador (concelleiro) do Río de Xaneiro. En 1994 foi elixido deputado do Estado do Río de Xaneiro e foi reelixido en 1998,[4] 2002, 2006 e 2010.[20] Dende 2002 foi membro do PMDB.

En 2008 foi elixido presidente do Vasco da Gama, nas terceiras eleccións ás que se presentaba, despois de non conseguir a vitoria en 2003 e 2006. Ocupou o cargo ata 2014 e durante o seu mandato o club sufriu dous descensos á Serie B e gañou unha Copa do Brasil.[21]

Palmarés

[editar | editar a fonte]
Vasco da Gama
Individual
  1. "Morre Roberto Dinamite aos 68 anos". ge (en portugués). Consultado o 2023-01-08. 
  2. 2,0 2,1 2,2 "Há 41 anos, Dinamite marcava seu primeiro gol pelo Vasco". Vasco da Gama (en portugués). 25 de novembro de 2012. Arquivado dende o orixinal o 31 de outubro de 2022. Consultado o 31 de outubro de 2022. 
  3. 3,0 3,1 Ogawa, Alfredo (21 de setembro de 1987). "Roberto Dinamite". Placar (en portugués): 34. 
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 VV. AA. (2001). Enciclopédia do Futebol Brasileiro (en portugués) 1. Lance Aretê Editorial. pp. 336–337. ISBN 85-88651-01-7. 
  5. 5,0 5,1 "Vasco homenageia Roberto Dinamite no dia do seu aniversário". Vasco da Gama (en portugués). 13 de abril de 2022. Arquivado dende o orixinal o 31 de outubro de 2022. Consultado o 31 de outubro de 2022. 
  6. "Vasco 2x1 Cruzeiro - 01/08/1974". cruzeiropedia.org (en inglés). Consultado o 31 de outubro de 2022. 
  7. "Rio de Janeiro Championship 1975". rsssfbrasil.com (en inglés). Consultado o 31 de outubro de 2022. 
  8. "State Championship of Rio de Janeiro 1977". rsssfbrasil.com (en inglés). Consultado o 31 de outubro de 2022. 
  9. "State Championship of Rio de Janeiro 1978". rsssfbrasil.com (en inglés). Consultado o 31 de outubro de 2022. 
  10. Relaño, Alfredo (20 de abril de 2016). "Helenio Herrera va a Mestalla con Canito de 9". El País (en castelán). Consultado o 31 de outubro de 2022. 
  11. "Hace 30 años el Barça fichaba a Roberto Dinamita". Mundo Deportivo (en castelán). 22 de xaneiro de 2010. Consultado o 31 de outubro de 2022. 
  12. "Há 40 anos, Dinamite voltava ao Vasco com show no Maracanã: “Jogo da minha vida”". Vasco da Gama (en portugués). 4 de maio de 2020. Consultado o 31 de outubro de 2022. [Ligazón morta]
  13. "Rio de Janeiro Championship 1981". rsssfbrasil.com (en inglés). Consultado o 31 de outubro de 2022. 
  14. "Em rede social, Vasco relembra conquista do Estadual de 1982" (en portugués). 5 de decembro de 2017. Consultado o 31 de outubro de 2022. 
  15. "Quais são os maiores artilheiros na história do Brasileirão?" (en portugués). 27 de outubro de 2022. Consultado o 31 de outubro de 2022. 
  16. "Relembre a carreira de Roberto Dinamite" (en portugués). 28 de xuño de 2008. Arquivado dende o orixinal o 3 de xullo de 2008. Consultado o 31 de outubro de 2022. 
  17. "#ANosaHistoria: O Dépor conquistaba Maracanã fai un cuarto de século". Deportivo da Coruña. 24 de marzo de 2018. Consultado o 31 de outubro de 2022. 
  18. "Seleção Brasileira Restritiva (Brazilian National Restrictive Team) 1972-1975". rsssfbrasil.com (en portugués). Consultado o 31 de outubro de 2022. 
  19. 19,0 19,1 19,2 Napoleão, Antonio Carlos; Assaf, Roberto (2006). Seleção Brasileira 1914–2006 (en portugués). Mauad X. p. 295. ISBN 85-7478-186-X. 
  20. "ANÁLISE DE DESEMPENHO ELEITORAL PARA DEPUTADO ESTADUAL". tse.gov.br (en portugués). Arquivado dende o orixinal o 20 de xullo de 2009. Consultado o 31 de outubro de 2022. 
  21. Montalvão, Anderson (13 de novembro de 2014). "Roberto Dinamite avalia os seis anos de mandato no Vasco" (en portugués). Consultado o 31 de outubro de 2022. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]