Fernando Martínez Perales
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 21 de maio de 1967 (57 anos) Valencia, España | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | futbolista, adestrador de fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Período de actividade | 1984 - 2001 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Defensa | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Fernando Martínez Perales, máis coñecido como Nando, nado en Valencia o 21 de maio de 1967, é un exfutbolista e actual adestrador de fútbol español. Xogaba de defensa e foi internacional coa selección española.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Como xogador
[editar | editar a fonte]Formouse como xogador nas categorías inferiores do Valencia CF, xogando posteriormente no Levante UD e Valencia B. En 1987 debutou co Valencia CF en Primeira División, e permaneceu no club ché até 1992, ano no que Guus Hiddink non contou con el ao darlle minutos a Leonardo. Na tempada 1992–93 foi contratado polo Deportivo da Coruña, variando a súa posición de extremo en lateral esquerdo, conseguindo co club galego unha Copa do Rei (1994–95) e unha Supercopa (1995). A mediados da tempada 1997–98 foi traspasado ao Sevilla FC, daquela en Segunda División, co que lograría o ascenso un ano despois. Na tempada 2000–01 xogou coa SD Compostela e posteriormente xogou co Atlético Arteixo.
Selección nacional
[editar | editar a fonte]Nando foi internacional coa selección española en dúas ocasións. Debutou con derrota o 14 de setembro de 1988, nun encontro amigable contra Iugoslavia en Oviedo (1–2). O seu segundo e derradeiro partido internacional foi outro amigable contra México, nas Palmas de Gran Canaria, que rematou con empate (1–1).
Como adestrador
[editar | editar a fonte]O 29 de decembro de 2009 anunciouse a súa contratación como adestrador polo UD Somozas.[1]
O 14 de xuño de 2011 anunciouse a súa contratación polo CCD Cerceda, sendo substituído o 2 de abril de 2012 por Luis Santiago.[2]
En xuño de 2013 anunciouse a súa contratación polo Pontevedra CF, en substitución de Milo Abelleira.[3] En outubro de 2013 presentou a súa dimisión debido a diferenzas co cadro de xogadores.[4]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ ""El ex internacional absoluto Nando ejerce como nuevo entrenador del Somozas"". Arquivado dende o orixinal o 05 de maio de 2014. Consultado o 11 de xaneiro de 2011.
- ↑ "Luis Santiago, nuevo técnico del Cerceda"
- ↑ "El Pontevedra anuncia a Nando como nuevo entrenador"
- ↑ "Nando deja el banquillo del Pontevedra"
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Nados en 1967
- Nados en Valencia
- Futbolistas da Comunidade Valenciana
- Defensas de fútbol
- Xogadores do Levante UD
- Xogadores do Valencia CF Mestalla
- Xogadores do Valencia CF
- Xogadores do Deportivo da Coruña
- Xogadores do Sevilla FC
- Xogadores da SD Compostela
- Xogadores do Atlético Arteixo
- Xogadores da selección de fútbol de España sub-21
- Xogadores da selección de fútbol de España
- Adestradores de fútbol de España
- Adestradores do Pontevedra CF
- Adestradores da UD Somozas
- Adestradores do CCD Cerceda