Saltar ao contido

Marcos Vales

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaMarcos Vales
Biografía
Nacemento5 de abril de 1975 Editar o valor en Wikidata (49 anos)
A Coruña, España Editar o valor en Wikidata
Altura181 cm Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1992 Editar o valor en Wikidata - 2005 Editar o valor en Wikidata
Nacionalidade deportivaEspaña Editar o valor en Wikidata
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoCentrocampista Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
1993–1994   Deportivo da Coruña 19(1)
1994–1997   Sporting de Gijón 60(3)
1997–2002   Real Zaragoza 103(11)
2002–2004   Sevilla FC 40(3)
2004–2005   RCD Mallorca 6(0)
  Selección nacional Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
1993–1993   España sub-18 4(2)
1993–1998   España sub-21 15(1)
1998–1998   España 1(0)

Marcos Vales Illanes, nado na Coruña o 5 de abril de 1975, é un exfutbolista galego. Xogaba de dianteiro e foi internacional coa selección española.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Deportivo da Coruña

[editar | editar a fonte]

Fillo do futbolista de Cesuras José Pedro Vales, que xogara no Deportivo da Coruña durante a década de 1970, Marcos Vales formouse nas categorías inferiores do propio club coruñés. Considerado unha das maiores promesas da entidade, con 17 anos deu o salto do Fabril ao primeiro equipo. O seu primeiro partido en Primeira División disputouno o 21 de marzo de 1993, nunha goleada por 5-0 sobre o Real Burgos en Riazor, entrando nos minutos finais como substituto de Mauro Silva. A súa chegada ao primeiro equipo coincidiu co nacemento do Súper Dépor, onde xogadores como Bebeto, Claudio, Fran ou Manjarín impedíanlle facerse un oco na dianteira. Disputou oito encontros na tempada 1992–93 e marcou un gol. Ese tanto ante o Zaragoza, con 18 anos e 18 días, converteuno no goleador de menos idade na historia do Deportivo en Primeira División,[1] e serviu ademais para clasificar ao club galego para unha competición europea por primeira vez na súa historia.[2] Na 1993–94, na que o Deportivo perdeu o título de liga no derradeiro minuto, Vales participou en once partidos de liga e catro da Copa da UEFA, sen lograr anotar.

Sporting de Gijón

[editar | editar a fonte]

Descartado por Arsenio Iglesias, e a pesar de espertar o interese do FC Barcelona, no verán de 1994 Vales acabou recalando no Sporting de Gijón. O club asturiano puido facerse co futbolista sen desembolso económico e cun mero cambio de residencia, xa que Vales non tiña aínda contrato profesional co Deportivo. O presidente do club galego, Augusto César Lendoiro, chegou a denunciar a operación, pero os xulgados déronlle a razón ao futbolista. No Sporting, a progresión de Marcos Vales continuou estancada: catorce partidos e dous goles na súa primeira tempada e só nove encontros, sen anotar, na segunda. A súa situación cambiou a tempada 1996–97, coa chegada ao banquiño de Benito Floro, o primeiro técnico que lle deu a oportunidade de xogar con regularidade. Participou esa tempada en 37 partidos de liga, aínda que só anotou un gol.

O verán de 1997 a directiva sportinguista aceptou unha oferta de 200 millóns de pesetas do Real Zaragoza e traspasou ao xogador. A súa estadía durante cinco anos no club maño estivo marcada pola irregularidade, aínda que foi a súa etapa profesional de máis éxito. A súa mellor tempada foi a 1998–99, na que xogou 34 partidos e anotou seis goles -o maior rexistro da súa carreira-, chegando incluso a alcanzar a internacionalidade con España. A tempada 2000–01 o Zaragoza foi campión da Copa do Rei, aínda que a presenza de Marcos Vales no equipo, esa tempada, foi practicamente testemuñal. Un ano máis tarde, o conxunto aragonés descendía a Segunda División, pero Marcos Vales puido seguir en Primeira fichando polo Sevilla FC.

A tempada 2002–03 xogou 31 partidos de liga e anotou tres goles; un deles especialmente recordado polos sevillistas, xa que serviu para derrotar ao eterno rival, o Real Betis, no estadio Ruiz de Lopera. Porén, o seguinte curso, unha lesión no pé e a falta de confianza do técnico, Joaquín Caparrós, foron diluíndo o seu peso no equipo, e só participou en nove encontros.

Tras obter a carta de liberdade no verán de 2004, negociou un posible regreso a Galicia co Celta de Vigo, pero foi requirido como reforzo por Benito Floro, que acababa de fichar polo RCD Mallorca. Tras un inicio prometedor co equipo balear, o xogador recaeu da súa metatarsalxia no pé esquerdo e Floro foi destituído tras unha mala xeira de resultados. Todo iso desembocou na saída prematura de Vales, que en xaneiro de 2005 rescindiu o seu contrato co Mallorca.

Tras pasar polo quirófano, finalmente anunciou a súa retirada en abril de 2005, con 29 anos. Posteriormente, desvinculouse do mundo do fútbol e retomou os seus estudos de Empresariais. Máis tarde estudou Dereito e pasou a traballar como avogado.[3]

Selección nacional de España

[editar | editar a fonte]

Foi internacional coa selección española nunha ocasión. José Antonio Camacho fíxoo debutar o 14 de outubro de 1998, nun partido de clasificación para a Eurocopa de 2000 disputado en Israel.

Anteriormente fora internacional sub-18 e sub-21, e campión da Eurocopa desta categoría en 1998.

Palmarés

[editar | editar a fonte]
Zaragoza
España sub-21
  1. Lema, Jorge (22 de maio de 2023). "Mella, entre los debutantes más precoces de la historia del Depor". As (en castelán). Consultado o 26 de maio de 2023. 
  2. Fernández, Carlos A. (24 de maio de 2023). "Treinta años del primer ‘Eurodepor’ y el gol de Vales". DxT Campeón (en castelán). Consultado o 26 de maio de 2023. 
  3. Portabales, Pablo (8 de xuño de 2014). "Marcos Vales: «Regalé la camiseta del único partido que jugué con la selección»". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 12 de maio de 2022. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]