Francisco Javier Pérez Villarroya
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 6 de agosto de 1966 (58 anos) Zaragoza, España | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Altura | 1,8 m | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | futbolista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Período de actividade | 1984 - 1999 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Nacionalidade deportiva | España | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Defensa | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Participou en | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
1990 | Mundial de Fútbol Italia 1990 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Francisco Javier Pérez Villarroya, nado en Zaragoza o 6 de agosto de 1966, é un exfutbolista español. Xogaba de centrocampista e foi internacional coa selección española.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Nado en Zaragoza o 6 de agosto de 1966, foi un centrocampista formado nas instalacións da Cidade Deportiva do Real Zaragoza, debutando no primeiro equipo na tempada 1984–85, aínda que non foi até 1987 cando se estableceu definitivamente na elite, con Manolo Villanova como adestrador do conxunto aragonés. Villarroya fíxose coa titularidade de maneira case indiscutible durante tres tempadas, nas que xogou 115 encontros oficiais co Real Zaragoza, marcou seis goles e estreou a internacionalidade coa selección española.
Villarroya acudiu ao Mundial de Italia, en 1990, como a flamante fichaxe do Real Madrid CF. Titular durante dúas tempadas seguidas, co Radomir Antić e Leo Beenhakker, na campaña 1992–93 comezou o seu declive ao perder a confianza do novo técnico, Benito Floro. En 1994 puxo rumbo á Coruña para xogar no Deportivo, até que en 1996 é contratado polo Sporting de Xixón e, en 1998, polo CD Badajoz, no que puxo fin á súa carreira como futbolista de elite tras disputar 14 encontros coa selección e 276 en Primeira División.
Persoal
[editar | editar a fonte]- É tío dos tamén futbolistas Ignacio e Ángel Lafita.