Saltar ao contido

Campionato de Galicia de fútbol 1938/39

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Competición deportivaCampionato de Galicia de fútbol 1938/39
TipoCampionato de Galicia de fútbol Editar o valor en Wikidata
Número de participantes2 Editar o valor en Wikidata
Localización  e  Datas
PaísEspaña Editar o valor en Wikidata
Período de tempotempada 1938-1939 Editar o valor en Wikidata
Intervalo de tempo26 de febreiro de 1939 – 19 de marzo de 1939 Editar o valor en Wikidata
Número de edición25 Editar o valor en Wikidata
Competición
Primeiro postoRacing de Ferrol Editar o valor en Wikidata


O Campionato de Galicia 1938/39 foi a vixésimo quinta edición do Campionato de Galicia de fútbol organizado pola Federación Galega de Fútbol. Xogouse entre os meses de febreiro e marzo de 1939. O primeiro posto no torneo outorgaba a clasificación para a Copa do Xeneralísimo, disputada por primeira vez nesa mesma tempada. Por instrucións da Comité Executivo da RFEF de Donostia, nominalmente non foi denominado Campionato, senón Torneo eliminatorio para a Copa do Xeneralísimo.[1] Isto permitía que equipos non federados formados por militares puidesen tomar parte na competición,[2] algo que finalmente non aconteceu en Galicia, mais si noutros campionatos territoriais do resto do estado.[3] Inscribíronse inicialmente o Real Club Celta de Vigo, o Real Club Deportivo da Coruña e o Racing Club de Ferrol, mais finalmente o Celta decidiu non participar no torneo e soamente foi disputado polos dous equipos do Arco Ártabro.[4] O torneo foi disputado en forma de liga a catro voltas,[4] resultando vencedor o Racing de Ferrol.[5]

Calendario

[editar | editar a fonte]
Xor. Data Estadio Local Visitante Resultado
1 26 de febreiro O Inferniño Racing de Ferrol Deportivo da Coruña 3–0 Informe
2 5 de marzo Riazor Deportivo da Coruña Racing de Ferrol 1–2 Informe
3 12 de marzo O Inferniño Racing de Ferrol Deportivo da Coruña 3–0 Informe
4 19 de marzo Riazor Deportivo da Coruña Racing de Ferrol 0–0 Informe

Clasificación

[editar | editar a fonte]
Pos Equipo X G E P GF GC DG Pts Clasificación ou descenso
1. Racing de Ferrol 4 3 1 0 8 1 +7 7 Clasificación para a Copa do Xeneralísimo 1939
2. Deportivo da Coruña 4 0 1 3 1 8 −7 1
  1. "Deportes. Notas sueltas". El Pueblo Gallego nº 4.747 (en castelán). 6 de decembro de 1938. p. 5. 
  2. "Deportes. Consideraciones. El torneo gallego y el nacional". El Pueblo Gallego nº 4.746 (en castelán). 4 de decembro de 1938. p. 3. 
  3. "El Torneo Nacional de Fútbol de 1939" Arquivado 15 de marzo de 2015 en Wayback Machine. Vicent Masià. La Futbolteca.
  4. 4,0 4,1 "Deportes. El Campeonato Regional. Lo jugarán únicamente el Deportivo y el Racing". El Pueblo Gallego nº 4.804 (en castelán). 11 de febreiro de 1939. p. 5. 
  5. "Deportes. Termina el Torneo Gallego. El Racing ferrolano lo corona empatando en Riazor". El Pueblo Gallego nº 4.836 (en castelán). 21 de marzo de 1939. p. 6.