Canadian Football League
Tipo | liga deportiva |
---|---|
Deporte | fútbol canadense |
Número de participantes | 9 |
Localización e Datas | |
Localización | Toronto (Ontario) 43°39′N 79°22′O / 43.65, -79.37 |
País | Canadá |
Vixencia | 1958 – |
Outro | |
Páxina web oficial | cfl.ca |
A Canadian Football League (ou CFL en inglés, Ligue canadienne de football ou LCF en francés) é unha liga profesional deportiva do Canadá. A CFL é a máxima competición do fútbol canadense, un deporte estreitamente ligado ao fútbol americano. Trátase da segunda liga deportiva profesional mais popular do país, só por detrás do hóckey sobre xeo (NHL). A competición está composta de nove equipos, cada un coa súa sede nunha cidade diferente, divididos en dúas divisións: a East Division, con catro equipos, e a West Division, con cinco.
A liga dispútase durante vinte semanas, tradicionalmente desde finais de xuño até comezos de novembro. Cada equipo xoga dezaoito partidos con, polo menos, dúas semanas de descanso. Unha vez finalizada esta fase da competición, seis equipos compiten nunha eliminatoria que finaliza coa celebración da Grey Cup a finais de novembro, un dos eventos televisivos máis seguidos no país. A CFL foi oficialmente fundada o 19 de xaneiro de 1958, froito da fusión da Interprovincial Rugby Football Union (fundada en 1907) e a Western Interprovincial Football Union (fundada en 1936).
Equipos
[editar | editar a fonte]Actuais equipos
[editar | editar a fonte]Equipo | Cidade | Provincia | Estadio | Capacidade | Fundación | |||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|
East Division | ||||||||
Hamilton Tiger-Cats | Hamilton | Ontario | Tim Hortons Field | 24.000 | 1950 (1869) | |||
Montreal Alouettes | Montreal | Quebec | Percival Molson Memorial Stadium | 23.420 | 1996 (1946) | |||
Ottawa Redblacks | Otava | Ontario | TD Place Stadium | 25.000 | 2014 (1876) | |||
Toronto Argonauts | Toronto | Ontario | BMO Field | 26.500 | 1873 | |||
West Division | ||||||||
BC Lions | Vancouver | Columbia Británica | BC Place | 54.320 | 1954 | |||
Calgary Stampeders | Calgary | Alberta | McMahon Stadium | 35.400 | 1945 | |||
Edmonton Eskimos | Edmonton | Alberta | The Brick Field at Commonwealth Stadium | 56.302 | 1949 (1911) | |||
Saskatchewan Roughriders | Regina | Saskatchewan | Mosaic Stadium | 33.000 | 1910 | |||
Winnipeg Blue Bombers | Winnipeg | Manitoba | Investors Group Field | 33.234 | 1930 (1887) |
Uniformes
[editar | editar a fonte]East Division | ||||
---|---|---|---|---|
Hamilton Tiger-Cats | Montreal Alouettes | Ottawa Redblacks | Toronto Argonauts | |
West Division | ||||
BC Lions | Calgary Stampeders | Edmonton Eskimos | Saskatchewan Roughriders | Winnipeg Blue Bombers |
Palmarés
[editar | editar a fonte]A primeira edición da CFL tivo lugar en 1909. Dende entón téñense disputado 100 tempadas, nas que 20 equipos acadaron a vitoria final na Grey Cup. Deses 20 equipos, hoxe sobreviven só 8:
- Con 16 títulos: Toronto Argonauts, en 22 finais. Último título acadado, en 2012.
- Con 13 títulos: Edmonton Eskimos, en 22 finais. Último título acadado, en 2005.
- Con 10 títulos: Winnipeg Blue Bombers, en 25 finais. Último título acadado, en 1990.
- Con 08 títulos: Hamilton Tiger-Cats, en 18 finais. Último título acadado, en 1999.
- Con 07 títulos: Montreal Alouettes, en 18 finais. Último título acadado, en 2010.
- Con 06 títulos: Calgary Stampeders, en 13 finais. Último título acadado, en 2008.
- Con 06 títulos: BC Lions, en 11 finais. Último título acadado, en 2011.
- Con 03 títulos: Saskatchewan Roughriders, en 18 finais. Último título acadado, en 2007.
Dos restante equipos desaparecidos, é salientable o palmarés dos Ottawa Rough Riders, que acadaron 9 títulos en 15 finais. Este equipo, un dos máis importantes do deporte canadense, desapareceu en 1996 e volverá en 2014 á CFL cun nome aínda non decidido.