Canal Sur Televisión
Canal Sur Televisión | |
---|---|
Inicio das emisións | 28 de febreiro de 1989 |
Propiedade de | RTVA |
Formato da imaxe | 1080i HDTV |
Datos de audiencia | 10,3% (Outubro de 2012, VerTele) |
Slogan | Te va a Gustar |
País | España |
Lingua | Castelán |
Área de emisión | Andalucía Ceuta Melilla Xibraltar |
Canle/s irmá(s) | Canal Sur 2 Canal Sur HD Andalucía Televisión |
Na rede
| |
www.canalsur.es |
Canal Sur TV é a primeira cadea de Radio y Televisión de Andalucía, RTVA. É unha das cadeas da televisión autonómica de Andalucía.
Historia
[editar | editar a fonte]Canal Sur comezou as súas emisións o 28 de febreiro de 1989, coincidindo coa festividade do día de Andalucía. Por aquel entón, a oferta televisiva de España reducíase as dúas cadeas públicas do estado (TVE), coa excepción doutras comunidades autónomas como Galicia (TVG), Cataluña (TV3) ou o País Vasco (ETB) que xa contaban coa súa propia cadea autonómica.
A televisión autonómica andaluza naceu coa intención de servir como instrumento da información e participación para todos os andaluces na sociedade, cultura e política do país. Ademais, pretendía ser un medio de difusión dos valores históricos e lingüísticos de Andalucía.
Canal Sur 2 apareceu en xuño de 1998, co que a oferta televisiva de RTVA aumentou, quedando Canal Sur como unha televisión de carácter xeral e entretemento, mentres que Canal 2 Andalucía estaría máis centrada na programación de tipo cultural e divulgativa, con especial interese nos ámbitos infantil e do deporte.
Canal Sur HD comezou as súas emisións en probas o 26 de febreiro de 2010. Comezou como unha única canle, en resolución 1080i, e con presenza no ámbito da provincia de Sevilla.