Barça TV
Barça TV | |
---|---|
Inicio das emisións | 27 de xullo de 1999 |
Propiedade de | Futbol Club Barcelona |
País | España |
Lingua | Catalán |
Área de emisión | Cataluña |
Na rede
| |
barcatv.fcbarcelona.cat |
Barça TV é unha cadea de televisión deportiva dedicada integramente á actualidade do Futbol Club Barcelona. A súa programación contén información, entretemento, partidos en directo e partidos históricos, entre outros.
Comezou as súas emisións o 27 de xullo de 1999 baixo o nome de Canal Barça. A canle mantivo ese nome ata febreiro de 2004, cando o club obtén os dereitos de exclusividade, que pertencían ata entón a Telefónica Sports. Dende o 13 de decembro de 2008 emite en aberto pola TDT en Cataluña. Ademais está dispoñible en varias plataformas de pagamento.
A canle prodúcese e emítese integramente en catalán, aínda que as plataformas de pagamento teñen dúas pistas de son adicionais que traducen ao castelán e ao inglés a programación.
As instalacións da televisión atópanse no mesmo Camp Nou, o estadio do club, destacando os platós na zona mixta e na tribuna do mesmo.