TV3
TV3 | |
---|---|
Inicio das emisións | 10 de setembro de 1983 |
Propiedade de | CCMA |
Formato da imaxe | 1080i HDTV |
Datos de audiencia | 15,2% (outubro 2012, VerTele) |
País | España |
Lingua | Catalán |
Área de emisión | Cataluña Illas Baleares Aragón Andorra Pireneos Orientais |
Canle/s irmá(s) | El 33 Esport 3 Canal Super3 3XL 3/24 TV3CAT TV3HD |
Na rede
| |
www | |
TV3 é a principal canle de televisión pública de Cataluña, pertencente a Televisió de Catalunya. Comezou a emitir o 10 de setembro de 1983[1], emitindo con regularidade desde o 16 de xaneiro de 1984[2].
Foi a segunda canle de televisión autonómica que se instaurou en España logo de ETB 1 de Euskal Telebista, ademais da primeira en emitir toda a súa programación exclusivamente en catalán. É unha peza fundamental na normalización do catalán, non só en Cataluña, xa que se pode sintonizar en Andorra, leste de Aragón, Baleares e o Rosellón.
Algúns dos seus programas máis populares foron ou son Ventdelplà, Plats bruts, Dinamita, El cor de la ciutat, Temps de silenci, La columna, Alguna pregunta més?, Polònia, Crackòvia ou Els matins.
Historia
[editar | editar a fonte]As emisións de TV3 comezaron de xeito experimental o 10 de setembro de 1983, e de xeito regular desde o 16 de xaneiro de 1984.[2] Estas foron de carácter alegal, xa que non existía normativa que regulase ás televisións. A partir de 1985, TV3 expandiu a súa cobertura ao resto de territorios de fala catalá. Un ano máis tarde, TV3 inaugurou a súa sede central en Sant Joan Despí.
Desde 1987, TV3 emite unha segunda canle de son durante a emisión de series en lingua estranxeira e películas co son orixinal, primeiro utilizando o sistema Zweikanalton e actualmente utilizando NICAM. As series e películas de produción propia emítense normalmente en NICAM Estéreo, aínda que ás veces emítese unha pista de narración de son para cegos e espectadores visualmente deteriorados. Outras veces, proporciónase unha pista co son en aranés.
O 1988, TV3 empezou un proceso de descentralización, primeiro coa radiodifusión de programas en aranés no Val de Arán e, un ano máis tarde, abriu sucursais en Xirona, Lleida e Tarragona, á vez que creou o Telenotícies Comarques, un programa de noticias rexional emitido simultaneamente en catro edicións diferentes.
O 24 de xullo de 1992 empezaban as emisións televisivas dunha nova canle, o Canal Olímpic, creada exclusivamente con motivo dos Xogos Olímpicos de 1992 de Barcelona.[3]
En 2002 TV3 comezou a emitir no sistema de Televisión Dixital Terrestre.
En 2003 leváronse a cabo diferentes actos de celebración do 20º aniversario. A festa grande celebrouse durante o 10 de setembro na Anella Olímpica e no Palau Sant Jordi de Barcelona, tivo unha duración de máis de 12 horas e foi retransmitida por televisión. Ademais organizáronse autobuses gratuítos desde diferentes puntos de Cataluña para asistir á celebración.
En 2004 estreouse en Internet o servizo á carta 3alacarta, que permite a visión en directo de totas as canles de Televisió de Catalunya e tamén de todos os programas de produción propia.
TV3 comezou a introducir o formato 16:9 nalguns dos seus programas (Fórmula 1, El club, Ventdelplà, El cor de la ciutat, Àgora), ata que o 2 de febreiro de 2010 comezou a emitir neste formato integramente toda a súa programación. Tamén se iniciou unha canle de televisión en probas en alta definición (TV3HD) o 23 de abril de 2007, sendo o primeiro medio catalán en utilizar os dous formatos.
En marzo de 2007, a Generalitat Valenciana gobernada polo Partido Popular prohibiu as súas emisións en toda a Comunidade Valenciana, e é en novembro do mesmo ano cando definitivamente execútase o peche dos repetidores de TV3.
Entre xaneiro e outubro de 2008 organizáronse actos, publicacións e programación especial para celebrar os 25 anos da televisión pública catalá.
Instalacións
[editar | editar a fonte]A sede de Televisió de Catalunya atópase en Sant Joan Despí. Está distribuída en varios edificios onde se atopan os despachos de cada canle, os centros de servizos e control, o centro de produción de audiovisuais e o centro de produción dos servizos informativos. Cando foron inaugurados o 23 de abril de 1986 contaban con máis de 30.000 metros cadrados de superficie construída, aínda que nos seguintes anos ampliouse.
TV3 conta cunha redacción central en Barcelona e ten delegacións en Lleida, Tarragona, Xirona, Vielha, Perpiñán, Valencia, Palma, Madrid e Bilbao, e correspondentes en Andorra, Bruxelas, París, Londres, Washington, Rabat, Xerusalén, Pequín e Caracas.
Audiencias
[editar | editar a fonte]Evolución da cota de pantalla mensual, segundo as medicións de audiencia elaboradas por TNS Sofres. Os datos de audiencia refírense só ao territorio de Cataluña. Están destacados en amarelo os meses e anos nos que foi a canle líder de audiencia.
Audiencias de TV3 desde 1989 | |||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Ano | Xaneiro | Febreiro | Marzo | Abril | Maio | Xuño | Xullo | Agosto | Setembro | Outubro | Novembro | Decembro | Media anual |
1989 | - | - | - | - | - | - | - | - | - | - | - | - | 29,9% |
1990 | - | - | - | - | - | - | - | - | - | - | - | - | 26% |
1991 | - | - | - | - | - | - | - | - | - | - | - | - | 22% |
1992 | - | - | - | - | - | 22,4% | - | - | - | - | - | - | 19% |
1993 | - | - | 23,1% | - | - | - | - | - | 20,4% | - | - | - | 19,2% |
1994 | - | - | - | - | - | - | - | - | - | - | - | 23,2% | 22,5% |
1995 | - | - | - | - | - | - | - | - | 21,9% | - | - | - | 21,4% |
1996 | - | - | 19,3% | 20,2% | 19,8% | - | - | - | - | 18,8% | 19,6% | - | 19,1% |
1997 | 21,4% | 22,4% | 21,9% | 21,6% | 22,1% | 21,5% | 21,3% | 22,2% | - | 22,3% | 23% | - | 22% |
1998 | 23,5% | 23,1% | 24,9% | 25,7% | 22,9% | 20,1% | 21,8% | 24,4% | 23,8% | 24% | 24,2% | 23,9% | 23,6% |
1999 | 22,7% | 23% | 23,3% | 22,5% | 22,8% | 21,9% | 19,9% | 22,6% | 22,3% | 21,3% | 21,2% | 21,1% | 22,1% |
2000 | 21% | 21,5% | 22,1% | 21,9% | 20,7% | 19,5% | 19,2% | 21,2% | 20,6% | 22,1% | 21,9% | 22,6% | 21,2% |
2001 | 22,5% | 23% | - | 21,2% | 21,4% | 20,9% | 20,9% | 19,9% | 20,8% | 22,2% | 23,2% | 23,1% | 21,8% |
2002 | 22% | 21,9% | 21% | 21,1% | 22,1% | 20,4% | 22% | 21,3% | 21,9% | 20,9% | 21,3% | 21% | 21,4% |
2003 | 21,7% | 22% | - | - | 21,3% | 21,9% | 20,6% | 20,3% | 20,1% | 20,5% | 20,2% | 21,1% | 21,1% |
2004 | 20,3% | 19,8% | 21,1% | 19,6% | 19,7% | 18,7% | 18,4% | 18,6% | 19,9% | 19,8% | 20,9% | 20,9% | 19,9% |
2005 | 20,5% | 20,6% | 20,9% | 20% | 19,9% | 18,9% | 18,2% | 19,5% | 19,5% | 19% | 18,9% | 18,9% | 19,6% |
2006 | 19,5% | 19,6% | 19,6% | 17,7% | 18,7% | 17,6% | 18,4% | 18,3% | 18,3% | 16,9% | 17,6% | 17,7% | 18,2% |
2007 | 17,2% | 17,1% | 17,6% | 16,9% | 16,4% | 16,2% | 15,6% | 14,9% | 16,2% | 17% | 17,2% | 16,6% | 16,6% |
2008 | 15,8% | 15,2% | 15% | 14,6% | 14,5% | 13,7% | 13,5% | 11,9% | 14,7% | 15,3% | 14,6% | 15,3% | 14,6% |
2009 | 15,5% | 14,7% | 15% | 14,5% | 16,6% | 14,3% | 12,9% | 11,8% | 13,3% | 13,9% | 14,6% | 15,9% | 14,5% |
2010 | 15,4% | 15,8% | 16,3% | 14,7% | 15,7% | 13,7% | 12,3% | 11,4% | 14,0% | 15,2% | 17,1% | 15,4% | 14,8% |
2011 | 14,2% | 14,5% | 15,3% | 15,8% | 16,1% | 13,8% | 12,4% | 11,4% | 13,2% | 13,7% | 14,6% | 13,9% | 14% |
2012 | 14,1% | 14,9% | 15,2% | 14,9% | 14,7% | 13,3% | 13,1% | 11,8% | 14,6% |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Información da TV3 na Xarxa Telemàtica Educativa de Catalunya". Arquivado dende o orixinal o 03 de decembro de 2007. Consultado o 28 de maio de 2008.
- ↑ 2,0 2,1 Alícia Conesa L'arxiu audiovisual de Televisió de Catalunya (PDF) Arquivado 06 de febreiro de 2011 en Wayback Machine., Departament de Documentació de Televisió de Catalunya, 2005, páx. 3
- ↑ "CCMA - Cronologia 1991 -1995". Arquivado dende o orixinal o 02 de xullo de 2007. Consultado o 19 de decembro de 2012.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Sitio web de TV3 (en catalán)