El cor de la ciutat
El cor de la ciutat | |
---|---|
Formato | Telenovela |
Creado por | Jordi Galceran Lluís Arcarazo |
País de orixe | España |
Episodios | 1906 |
Produción | |
Duración | 25-30 min |
Emisión orixinal | |
Canle de orixe | TV3 |
Primeiro episodio | 11 de setembro de 2000 |
Derradeiro episodio | 23 de decembro de 2009 |
Na rede | |
http://www.tv3.cat/elcordelaciutat | |
[ editar datos en Wikidata ] |
El cor de la ciutat (O corazón da cidade en catalán) foi unha telenovela producida e emitida por Televisió de Catalunya, que se emitiu por TV3 durante dez temporadas entre o 11 de setembro de 2000 e o 23 de decembro de 2009. A serie tiña como obxectivo explicar o día a día dos veciños do barrio barcelonés de Sant Andreu de Palomar (agás unha tempada na que se centrou no barrio de Sants); historias cotiás identificables en calquera lugar da sociedade catalá.
Emitíronse nove tempadas completas e unha décima de tres meses, superando a cifra dos 1.900 capítulos, o que a converte na serie máis longa da historia de Televisió de Catalunya. Tamén foi a máis vista, chegando a puntas de 800.000 espectadores (case o 50% da cota de pantalla en Cataluña) e superando o millón de espectadores nos seus capítulos especiais de final de tempada, de maior duración que o habitual, e que ían seguidos dunha gala chamada La nit del cor.
Localización
[editar | editar a fonte]Os interiores gravábanse no centro de produción que TVC ten en l'Hospitalet de Llobregat. Os exteriores eran gravados no barrio barcelonés de Sant Andreu de Palomar, agás na sexta tempada onde os exteriores graváronse no barrio de Sants.
Personaxes
[editar | editar a fonte]- Àlex Casanovas como Fidel Amorós (2005-2009)
- Amparo Moreno como Trini (2005-2009)
- Pep Anton Muñoz como Peris (2000-2009)
- Armando Aguirre como Juan Benjumea (2006-2009)
- Artur Trias como Francisco (2000-2009)
- Ramon Godino como Rai (2003-2009)
- Nausicaa Bonnín como Sandra Benjumea (2005-2009)
- Bernat Quintana como Max Carbó (2000-2009)
- Santi Ibáñez como Beni (2006-2009)
- Enric Rodríguez como Òscar Benjumea (2005-2009)
- Fermí Casado como Marc Pomerol Santiró (2007-2009)
- Toni Sevilla como Paco Pardo (2004-2009)
- Meritxell Ané como Remei (2000-2009)
- Sílvia Aranda como Sara Medina Pou (2005-2009)
- Marc Clotet como Iago (2007-2009)
- Maife Gil como Cecília (2004-2009)
- Paula Vives como Mercè (2005-2009)
- Jordi Díaz como Fede Pardo (2001-2009)
- Carmen Contreras como Roser Balaguer (2000-2009)
- Mercè Arànega como Paquita Miralles (2000-2009)
- Sílvia Sabaté como Clara Bosch (2000-2008)
- Miquel García Borda como Marcel Navarro (2001-2009)
- Isaac Alcayde como Rafa (2000-2009)
- Eduardo González como Nelson (2000-2009)
- Iván Morales como Pau Bayarri Cortés (2007-2009)
- Mercè Montalà como Àngela Montfort (2006-2009)
- Manel Barceló como Galiana (2005-2007)
- Susana Bas como Noèlia (2005-2009)
- Raül Tortosa como Nico (2007-2009)
- Santi Pons como Orpinell (2008-2009)
- Mercè Pons como Patrícia Guerau (2008-2009)
- Margarida Minguillón como Cinta (2000-2007)
- Jordi Parés como Enric (2006-2007)
- Oriol Pla como Juli (2008-2009)
- Aida Oset como Eli (2007-2009)
- Jaume Bernet como Felip (2006-2009)
- Tony Corvillo como Jon (2005-2009)
- Aleix Albareda como Sergi Frias Miralpeix (2004-2009)
- Mingo Ràfols como Quico Santamaria Vilardell (2008-2009)
- Carles Garcia como Àlex (2008-2009)
- Anna Lluch como Helga (2006-2008)
- Mone como Empar (2006-2007)
- Roser Batalla como Berta (2007-2008)
- Aina Clotet como Mònica (2006-2007)
- Ferran Rañé como Gerard (2008-2009)
- Cati Solivellas como Loli (2005-2007)
- Ariadna Gaya como Lluna Llobet (2008-2009)
- Francesca Piñón como Virgínia (2006-2007)
- Mont Plans como Quima Vilardell (2008-2009)
- Oriol Vila como Ivan Crespo (2000-2009)
- Joan Massotkleiner como Paco Benjumea (2005-2008)
- Gemma Brió como Marga Llobet Ramos (2007-2009)
- Carles Goñi como Paré (2006-2007)
La nit del cor
[editar | editar a fonte]La nit del cor era un capítulo especial que se facía ao final de cada tempada o domingo pola noite e que tiña unha duración máis longa (unha hora aproximadamente) que os capítulos diarios, no que se resolvían moitos dos problemas da serie pero tamén se abría algún interesante para manter a intriga de cara á seguinte tempada-
Despois do capítulo facíase unha gala no Teatre Nacional de Catalunya (TNC) onde asistían todos os actores e actrices de El cor de la ciutat, e tamén os novos que aparecerían na seguinte tempada. Tamén se entregaron premios aos actores, guionistas e outros participantes na serie. Os presentadores da gala foron variando, entre eles Albert Om, Cristina Puig e Màbel Martí.