Fútbol Club Barcelona (baloncesto)
Barça | |
Información xeral | |
---|---|
Liga | ACB / Euroliga |
Alcume | Barça |
Fundación | 24 de agosto de 1926 |
Cores | Azul, granate |
Presidente | Joan Laporta |
Adestrador | Joan Peñarroya |
Vestimenta | Nike |
Localización | |
Cidade | Barcelona, España |
Pavillón | Palau Blaugrana |
Capacidade | 7 585 |
Inauguración | 23 de outubro de 1971 |
Campionatos | |
Euroliga | 2 (2003, 2010) |
Saporta | 2 (1985, 1986) |
Copa Korać | 2 (1987, 1999) |
Liga | 19 (1959, 1981, 1983, 1987−1990, 1995−1996, 1997, 1999, 2001, 2003−2004, 2009, 2011−2012, 2014, 2021) |
Copa | 27 (1943, 1945−1947, 1949, 1950, 1959, 1978−1983, 1987−1988, 1991, 1994, 2001, 2003, 2007, 2010, 2011, 2013, 2018, 2019, 2021, 2022) |
Supercopa | 6 (1987, 2004, 2009−2011, 2015) |
Príncipe | 1 (1989) |
fcbarcelona.com/basketball |
O Futbol Club Barcelona é un equipo profesional de baloncesto que actualmente xoga na liga ACB. Sección de baloncesto do Fútbol Club Barcelona, foi fundada en 1926, polo que é o equipo máis antigo da competición. O Barça xoga os seus encontros como local no Palau Blaugrana, sendo o seu actual presidente Joan Laporta.
É o segundo club de España en baloncesto en número de títulos conseguidos, e un dos de maior prestixio de Europa. O equipo viviu os seus mellores anos nas décadas de 1980 e 1990, pero o seu maior éxito, a Euroliga, conseguiuno en 2003 e 2010. Ademais dun total de 7 títulos europeos, gañou dezaoito ligas e vinte e seis Copas do Rei.
Historia
[editar | editar a fonte]Orixes
[editar | editar a fonte]En 1926 créase a sección de baloncesto do Fútbol Club Barcelona, e xa en 1927 o equipo disputa a súa primeira competición oficial, participando na quinta edición do Campionato de Cataluña de Baloncesto. Durante os anos vinte e toda a época de 1930 o equipo non gaña ningún título, e o Barcelona continúa lonxe do nivel dos mellores equipos de baloncesto cataláns: o Societé Patrie, C.E. Europa, Laietà B.C. e o C.B. Atlético de Graza. Por fin, na década de 1940, o equipo empeza a ter os seus primeiros grandes éxitos. Gaña seis Copas do Xeneralísimo (1943, 1945, 1946, 1947, 1949 e 1950) e queda subcampión de liga nunha ocasión (1942), consolidándose como o mellor equipo de Cataluña e un dos mellores de España.
Con todo, a década de 1950 supón un retroceso, sendo unha década pobre en títulos na que o Aismalíbar de Montcada e o Joventut de Badalona convértense nos mellores equipos cataláns. Na tempada 1956-1957 estréase a primeira Liga española coa participación de seis equipos entre os que se atopa o "FC Barcelona". O equipo queda subcampión por detrás do Real Madrid. Na tempada 1958-1959 o equipo consegue o primeiro "dobrete" da súa historia ao gañar a súa primeira Liga española e a Copa do Xeneralísimo.
Transición e crecemento
[editar | editar a fonte]A década de 1960 é a peor na historia do F.C. Barcelona de baloncesto. Non só non se consegue ningún título en 10 anos, senón que se producen os dous peores episodios na historia da sección. En 1961 o presidente do club Enric Llaudet decide, incomprensiblemente, disolver a sección de baloncesto, a pesar da grande afección que xa tiña o equipo entre a afección culé. Un ano máis tarde reconsidera a decisión ante a presión social e a sección volve instaurarse.
En 1964 unha polémica decisión da Federación Española de Baloncesto, que decide inesperadamente reducir a liga de Primeira División de 14 a 8 equipos, condenando ao F.C. Barcelona ao descenso a Segunda División. En 1965 o equipo queda campión de Segunda e ascende de novo a Primeira. Nos anos sesenta, o Barça non só ve como o Real Madrid é o gran dominador a nivel estatal, senón que até catro equipos cataláns conseguen moito mellores resultados: o Aismalíbar Montcada, o Joventut de Badalona, o Picadero Jockey Club e o Orillo Verde Sabadell.
A década dos anos setenta supón a década da transición entre os ominosos anos sesenta e os gloriosos oitenta. O equipo compite tódalas tempadas en primeira división, incrementando o seu nivel, e mellorando as estruturas da sección. Un exemplo é que en 1971 o equipo estrea nova cancha de xogo, o Palau Blaugrana, considerada no seu momento un dos mellores pavillóns de Europa. O equipo mellorou moito o nivel e situouse na elite do baloncesto español, pero os anos setenta seguen dominados polo Real Madrid, e o "FC Barcelona" queda sete veces subcampión de Liga. Ademais, o conxunto barcelonés ve como o Joventut de Badalona segue sendo o conxunto catalán que consegue máis títulos de Liga e Copa. Na tempada 1974-1975 o equipo disputa a súa primeira final europea, pero perde a Copa Korać ante o Squibb Cantù. Non será até a tempada 1977-1978 que o equipo consegue gañar un novo título: a súa oitava Copa, xa denominada Copa do Rei.
A década prodixiosa
[editar | editar a fonte]A década dos oitenta é a mellor na historia do FC Barcelona de baloncesto. O presidente do club, Josep Lluís Núñez decídese a potenciar ao máximo a sección e consegue que o equipo se converta no mellor de España e un dos mellores de Europa da man do adestrador Aíto García Reneses e xogadores como Epi, Sibilio, Norris, e Solozabal. Como curiosidade histórica dicir que os partidos se disputaban no Palau Blaugrana, unha bomboneira para 6.000 seareiros que atronaban cos seus cánticos e moitos equipos rivais xa viñan mentalizados de perder por máis de 20 puntos. Ademais nesta década era o único equipo de Europa que cando realizaba contraataques buscaban as canastras de 3 puntos debido a contar nas súas filas a Epi e sobre todo Sibilio especialistas neste tipo de canastras e non a fácil bandexa a soas contra taboleiro.
Nesta década o Barça convértese no dominador do baloncesto español ao conquistar 6 Ligas (1981, 1983, 1987, 1988, 1989, 1990), 5 Copas do Rei (1981, 1982, 1983, 1987, 1988), 1 Copa Príncipe de Asturias, e 6 Ligas catalás. Ademais, o Barcelona gaña os seus primeiros títulos internacionais ao conquistar dous Recopas (1985 e 1986), unha Copa Korać (1987) e un Mundial de Clubs (1985). Mostra do prestixio internacional que conseguiu o equipo é que foi dúas veces convidado nesa década (en 1989 e 1990) a participar no Open McDonald's. A única materia pendente do equipo nesta década é a Copa de Europa, que non consegue gañar a pesar de disputar dúas veces a final: en 1984 perde a final ante o Banco Dei Roma, e na tempada 1989-1990 perde ante o Jugoplastika Split.
En 1984 o FC Barcelona afronta por primeira vez na súa historia a final da Copa de Europa na cidade de Xenebra (Suíza), o torneo máis prestixioso do baloncesto europeo, o cinco inicial do conxunto blaugrana dirixido por Antoni Serra Illas foi o seguinte: Solozábal, Epi, Sibilio, De la Cruz e Marcellus Starks. En fronte estaba outro debutante en finais europeas, o Banco dei Roma. A primeira parte foi un recital azulgrana, tal é así que ao termo da primeira parte, o Barcelona tiña unha vantaxe de 14 puntos. Pero todo cambiou na segunda metade, o Banco dei Roma remontou a desvantaxe grazas en gran parte á grande achega da base norteamericano Larry Wright, o Barça sufriu a puntaría do hábil base, e acusou a mala actuación de Chicho Sibilio quen só achegou catro puntos. Os 23 puntos do MVP da final, Juan Antonio San Epifanio, non bastaron para alzar a ansiada copa, que finalmente levou o conxunto italiano. Aquel día comezou unha longa maldición do Barça na Copa de Europa, que durou 19 anos.
Por fin a Euroliga
[editar | editar a fonte]O equipo consolídase como o mellor equipo de España e un dos mellores de Europa, aínda que os noventa non son tan prolíficos en títulos como a década anterior. Aínda así, o equipo gaña catro Ligas (1995, 1996, 1997, 1999), dúas Copas (1991, 1994), unha Copa Korać (1999) e dúas Ligas Catalás. Pero o balance da década queda embazado pola materia pendente que segue tendo o club, e que se antolla imposible de aprobar: a Copa de Europa. O FC Barcelona non consegue gañala a pesar de xogar tres finais máis (1991, 1996 e 1997), e ser o equipo europeo que máis veces (6) participa na "Final Four".
Os anos 2000 empezan coa perda da liga contra o Real Madrid no Palau Blaugrana e a eliminación en semifinais da Euroliga contra o Maccabi Tel Aviv. O ano seguinte o equipo resarcir e, da man do novo Pau Gasol, gaña a liga e a Copa. Ese verán o de Sant Boi de Llobregat decide ir xogar á NBA, un dos motivos do fracaso da seguinte tempada, na que non se logra ningún título, e decídese destituír ao adestrador Aíto García Reneses e fichar ao serbio Svetislav Pešić. A tempada 2002-2003 é a de maior gloria para a sección: cun quinteto formado por Jasikevicius, Juan Carlos Navarro, Bodiroga, Gregor Fučka e Roberto Dueñas, conséguese por fin a ansiada Euroliga contra a Benetton Treviso no Palau Sant Jordi, título que se suma á liga e a Copa, conseguindo dese modo o triplete.
A seguinte tempada, coa base do cadro de xogadores intacto, excepto a marcha de Jasikevicius, o equipo consegue a liga nunha final apertada ante Estudiantes. A tempada 2004-2005 é un fracaso absoluto para a sección: destitúese a Pešić, substituído primeiro por Joan Montes e por Manolo Flores máis tarde, e o equipo cae en Cuartos de Final da liga e no Top 16 da Euroliga. Ese verán decídese fichar ao até agora adestrador do Tau Cerámica Duško Ivanović e a figura do equipo Dejan Bodiroga decide abandonar o equipo.
A primeira tempada do novo proxecto non é satisfactoria: cae en Semifinais de Liga e de Euroliga e a tempada acaba sen títulos. A 2006-2007 non é de maior éxito, a pesar de conquistar a Copa do Rei ante o Real Madrid, xa que cae en Semifinais de Liga e en Cuartos de Final da Euroliga ante Unicaja Málaga. É a seguinte tempada a do adeus definitivo de Ivanovic do banco culé, que é cesado despois dunhas polémicas declaracións cuestionando a calidade do persoal. Decídese que Xavier Pascual sexa o seu substituto, e en 4 meses, consegue endereitar o rumbo do equipo e chegar á Final da ACB, que se perde ante o Baskonia. Na tempada 2008-2009 conséguese, despois de 5 anos sen ela, a liga, grazas en parte á volta do xogador Juan Carlos Navarro, que marchou á NBA a tempada anterior. En Euroliga, a pesar de levar unha traxectoria practicamente inmaculada na competición, o equipo cae en semifinais ante o CSKA Moscova.
Pavillón
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Palau Blaugrana.
O FC Barcelona xoga so seus partidos coma local no Palau Blaugrana, un pavillón cuberto propiedade do Fútbol Club Barcelona, onde disputan ademais do baloncesto disputan os seus partidos oficiais os primeiros equipos as seccións de balonmán, hóckey sobre patíns e fútbol sala. Está situado na Avenida Arístides Maillol, no barrio de Les Corts, no interior do complexo que acolle o estadio do Camp Nou. Xunto ao "Palau Blaugrana" están as oficinas do club, así como a tenda oficial do FC Barcelona e o Palau de Gel.
Ten un aforamento de 7.585 espectadores, todos sentados, grazas á remodelación que levou a cabo en 1994. Até entón, o Palau tiña unha cabida para 5.696 espectadores. Ademais de ser testemuña dos principais éxitos dos equipos das seccións do FC Barcelona, o Palau Blaugrana tamén acolleu importantes eventos, por exemplo acolleu ás competicións de hóckey sobre patíns, judo e taekwondo durante os Xogos Olímpicos de 1992 celebrados en Barcelona. Outros pavillóns utilizados durante a historia do club son:
Anos | Pavillón | Capacidade |
---|---|---|
1926−1940 | Sol de Baix | - |
1940−1971 | Les Corts | - |
1970−1990 | Palau Blaugrana | 5.696 |
1990−1992 | Palau Sant Jordi | 16.500 |
1992−presente | Palau Blaugrana | 8.250 |
Xogadores
[editar | editar a fonte]Cadro actual
[editar | editar a fonte]Barça 2022−2023 | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Xogadores | Adestradores | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
|
Dorsais retirados
[editar | editar a fonte]Dorsais retirados do FC Barcelona | ||||
N° | Xogador | Posición | Etapa | |
---|---|---|---|---|
4 | Andrés Jiménez | Ala-pivote | 1986–1998 | |
7 | Nacho Solozábal | Base | 1978–1994 | |
11 | Juan Carlos Navarro | Escolta | 1997–2007, 2008–2018 | |
12 | Roberto Dueñas | Pivote | 1996–2005 | |
15 | Epi | Ala | 1979–1995 |
Galardóns individuais
[editar | editar a fonte]
Xogador máis valioso das Finais da ACB
Xogador máis valioso da Copa do Rei
Xogador máis valioso da Supercopa
|
|
Destacados
[editar | editar a fonte]- Santi Abad
- Alfons Alzamora
- Quique Andreu
- Joan Creus
- Rodrigo de la Fuente
- Salva Díez
- Roberto Dueñas
- Roger Esteller
- Xavi Fernández
- José Luís Galilea
- Marc Gasol
- Pau Gasol
- Andrés Jiménez
- Rafael Jofresa
- Ferran Martínez
- Nikola Mirotić
- José Antonio Montero
- Juan Carlos Navarro
- Ricky Rubio
- Víctor Sada
- Juan Antonio San Epifanio
- Chicho Sibilio
- Nacho Solozábal
- Fran Vázquez
- Ademola Okulaja
- Marcelo Nicola
- Pepe Sánchez
- Anderson Varejão
- Alain Digbeu
- Erazem Lorbek
- Derrick Alston
- Devin Davis
- Joe Ingles
- Pete Mickeal
- Darryl Middleton
- Audie Norris
- Charles Thomas
- Steve Trumbo
- Ioannis Bourousis
- Nikos Ekonomou
- Efthimios Rentzias
- Gregor Fučka
- Denis Marconato
- Šarūnas Jasikevičius
- Artūras Karnišovas
- Francisco Elson
- Tomáš Satoranský
- Andrei Fetisov
- Dejan Bodiroga
- Aleksandar Đorđević
- Milan Gurović
- Ersan İlyasova
Palmarés
[editar | editar a fonte]Torneos nacionais
[editar | editar a fonte]- Liga ACB: 18
- Copa do Rei: 26
- 1943, 1945, 1946, 1947, 1949, 1950, 1959, 1978, 1979, 1980, 1981, 1982, 1983, 1987, 1988, 1991, 1994, 2001, 2003, 2007, 2010, 2011, 2013, 2018, 2019, 2021
- Copa Príncipe de Asturias: 1
- 1987-88
- Supercopa de España: 5
- 1987, 2004, 2009, 2010, 2011
- Copa Ibérica: 1
- 1947-48
- Lliga Catalana: 22
- 1980, 1981, 1982, 1983, 1984, 1985, 1989, 1993, 1995, 2000, 2001, 2004, 2009, 2010, 2011, 2012, 2013, 2014, 2015, 2016, 2017, 2019
- Copa Catalunya: 9
- 1942, 1943, 1945, 1946, 1947, 1948, 1950, 1951, 1955
Torneos internacionais
[editar | editar a fonte]- Euroliga: 2
- Copa Korać: 2
- 1986-87, 1998-99
- Recopa de Europa: 2
- 1984-85, 1985-86
- Supercopa de Europa: 1
- 1986-87
- Mundial de Clubs: 1
- 1984-85