Cangrexo de río
Cangrexos de río Rango fósil: mesozoico - actualidade | |||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Clasificación científica | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
Familias | |||||||||||||||||
Denomínanse cangrexos de río[1] aos crustáceos decápodos pertencentes ás superfamilias dos astacoideos e dos parastacoideos (dúas das cinco superfamilias da infraorde dos astacideos), caracterizados, entre outras cousas, por viviren en auga doce.
O estudo dos cangrexos de río denomínase astacoloxía.[2][3] E a súa cría en catividade con fins comerciais, astacicultura.[3]
Características
[editar | editar a fonte]As principais características dos astacoideos son:[4]
- Son crustáceos que, a pesar do seu nome, se asemellan máis ben a pequenos lumbrigantes que aos cangrexos propiamente ditos.
- Respiran a través de branquias de aparencia plumosa, e viven en masas de auga que non se conxelan até o fondo; algunhas especies encóntranse en pequenos ríos, arroios e regatos, mentres que outras prosperan en encoros, canles de rega e arrozais.
- Aliméntanse de plantas e animais vivos e mortos.
- A maioría destes cangrexos non poden tolerar as augas contaminadas, aínda que algunhas especies, como a invasora Procambarus clarkii, son máis resistentes.
Gastronomía
[editar | editar a fonte]Os cangrexos de río cómense en todo o mundo. Como outros crustáceos comestíbeis, só se aproveita unha pequena parte do seu corpo. Nos pratos máis elaborados só se usa a cola. Noutras receitas cocíñanse enteiros, cocidos, á prancha ou á grella. As pinzas dos exemplares de maior tamaño ábrense normalmente para acceder á carne do seu interior. Tamén é frecuente chuchar as súas cabezas (o cefalotórax), xa que os condimentos e o sabor concéntranse na graxa do seu interior.
Un mito frecuente é que os cangrexos coa cola recta morreron antes de cocelos e non é seguro comelos. En realidade, os cangrexos mortos antes da cocción poden ter as colas rectas ou curvas, igual que os que estaban vivos, e poden comerse ben sen problemas. Os cangrexos que morreron antes da cocción poden comerse con seguridade se se mantiveron refrixerados e non levaban mortos demasiado tempo. Un indicador da comestibilidade dun cangrexo mellor que a cola recta é a propia carne da cola: se está branda adoita ser un indicio de que debe evitarse.[5]
En España o cangrexo de río consómese amplamente, sobre todo en Castela e Aragón. Pero as enfermidades, a sobrepesca, a introdución de especies exóticas e a contaminación ambiental en certas zonas levaron a un importante declive da poboación do cangrexo de río autóctono. Actualmente, ao ser unha especie protexida, non se pode consumir, polo que foi substituído na pesca e a cociña española por especies de augas quentes, máis resistentes e abundantes, como o cangrexo de río vermello, do que España é o terceiro produtor a nivel mundial.
Os cangrexos de río teñen un bo sabor e, ao fervelos, pasan dunha cor parda á avermellada, resultando moi atractivo na mesa. Adoita cociñarse, ademais de simplemente cocido, en sopas, guisos, etcétera.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ cangraxo de río no dicionario da RAG.
- ↑ Sociedad Española de Ciencias Forestales (2005). Diccionario forestal. Mundi-Prensa Libros. p. 106. ISBN 978-84-8476-189-1.
- ↑ 3,0 3,1 Gran dicionario Xerais da lingua, volume I. Vigo: Xerais, 2009, ISBN 978-84-00-41071-1.
- ↑ Christoph Needon; Johannes Petermann; Peter Scheffel; Bernd Scheibe (1971). Plants and Animals (Pflanzen und Tiere). Leipzig: Urania Verlag.
- ↑ "Scientist More Interested in Research than Crawfish Boils" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 11 de setembro de 2015. Consultado o 30 de novembro de 2016.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Cangrexo de río |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Colas, M.; Julien, C. & Monier, D. (2007): "La situation des écrevisses en France; Résultats des enquêtes nationales réalisées entre 1977 et 2006" Conseil supérieur de la pêche. Bulletin Français de la Pêche et de la Pisciculture, 386: 1-38.
- Gilbertson, Lance (1999). Zoology Lab Manual (4.ª ed.). New York: McGraw Hill Companies. ISBN 0-07-237716-X.
- Huxley, Thomas Henry (1880). The Crayfish: an Introduction to the Study of Zoology. New York: D. Appleton & Co.
- Johnson, Sterling K. & Nathan K. Johnson (2008). Texas Crawdads. Texas: College Station. ISBN 978-0-9801103-0-2.
- Walls, Jerry G. (2009). Crawfishes of Louisiana. Baton Rouge: Florida State University Press. ISBN 978-0-8071-3409-2.