Saltar ao contido

Cantigas de amigo(s)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Cantigas de Amigo(s)
Álbum de Milladoiro
Publicado24 de xuño de 2022
Estudio(s)Cormorán
Xénero(s)Folk
Selo(s)Discmedi
Cronoloxía
Atlántico (álbum)
(2018)
Cantigas de Amigo(s)
editar datos en Wikidata ]

Cantigas de amigo(s) é o vixésimo álbum do grupo galego Milladoiro publicado o 24 de xuño de 2022 baixo o selo Discmedi.

Trátase dunha escolma que recolle algunhas das pezas cantadas presentes nos seus discos anteriores xunto a unha nova canción gravada para a ocasión titulada No adro, sobre un poema de Ramón Cabanillas.

Como grupo eminentemente instrumental, a maior parte destas cancións foron interpretadas por voces invitadas, figurando nesta escolma Faustino Santalices, Olga Cerpa (Mestisay), Ana Belén, Claudia Ferronato, Harry.c, Ilduara Vicente, Kathy Mattea, Luis Tosar, Mabel Rivera, as pandereteiras de Cantigas e Agarimos, Leilía, Mafalda Arnauth, Shaun Davey and friends e o coro Ultreia.

Listaxe de cancións

[editar | editar a fonte]
N.º TítuloEscritor(es) Duración
1. "Alalá das Mariñas (con Faustino Santalices)"  Trad./Milladoiro 4:01
2. "Kyrie (co coro Ultreia)"  Milladoiro 2:47
3. "Moraima (con Ana Belén)"  Milladoiro 5:00
4. "Espadelada de Penosiños (coas pandereteiras de Cantigas e Agarimos)"  Trad./Milladoiro 3:54
5. "Voaría a Compostela (con Claudia Ferronato)"  Milladoiro 4:01
6. "Resonet (con Shaun Davey & Friends)"  Códice Calixtino 1:20
7. "Millworker (con Kathy Mattea)"  James Taylor 4:37
8. "O Castrapista (con Luis Tosar e Mabel Rivera)"  Manuel María/Milladoiro 3:14
9. "Estoy celosa del vuelo (Ana Belén)"  E. Llovet/A. Seoane 3:03
10. "O gran Fonseca (con Leilía)"  Milladoiro 2:57
11. "Estreliña do Luceiro (con Olga Cerpa)"  Trad./Milladoiro 3:48
12. "Estroupelear (coas pandereteiras de Cantigas e Agarimos)"  Trad./Milladoiro 3:53
13. "Venham Mais Cinco (con Mafalda Arnauth)"  Jose Afonso 4:55
14. "Sweet Thames Flow Softly (con Harry.c)"  Ewan McColl 3:47
15. "No Adro (con Ilduara Vicente e Harry.c)"  Ramón Cabanillas/Xosé V. Ferreirós 4:12

Ficha técnica

[editar | editar a fonte]
  • Gravado nos estudios Cormorán
  • Técnico de son: José Trincado "Triki"
  • Arranxos: Milladoiro
  • Produtor: Manú Conde