Olga Cerpa
(2022) | |
Nome orixinal | (es) Olga Cerpa García |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 17 de abril de 1965 (59 anos) As Palmas de Gran Canaria, España |
Actividade | |
Ocupación | cantante |
Instrumento | Voz |
Olga Cerpa García, coñecida como Olga Cerpa, nada nas Palmas de Gran Canaria, é unha intérprete musical canaria, voz solista do grupo de música popular Mestisay. Foi nomeada ó Grammy Latino ó Mellor álbum folclórico.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]En 1986, entra a formar parte de Mestisay, converténdose na súa voz solista e editando en 1988 o seu primeiro álbum co grupo baixo o título Canciones de las dos orillas. A este séguenlle Más al Sur (1989) e El cantar viene de viejo (1992), todos eles con claras influencias canarias.
A finais da década dos 80 ten unha experiencia televisiva como presentadora dun programa sobre a música de raíz das súas illas natais titulado Redivivo, emitido por TVE Canarias.
En 1995, xunto a Mestisay estrea Querido Néstor I, que se converte no maior éxito da historia teatral nas Canarias.[1]
Os seguintes álbums La Rosa de los Vientos (1996), Viento de la Isla (1998) e Mestisay (2000) supoñen un gran salto na proxección nacional e internacional do grupo.[2]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ El espectáculo 'Querido Néstor' bate récords de taquilla en Las Palmas El País. 4 de julio de 1998
- ↑ Mestisay. Esa blanca un peligro El País. 11 de noviembre de 1996