Capela de San Govan
Capela de San Govan | ||||
---|---|---|---|---|
![]() | ||||
Tipo | capela e xacemento arqueolóxico ![]() | |||
Parte de | Capela de San Govan e Pozo ![]() | |||
Material usado | calcaria e Lousa ![]() | |||
Localización | ||||
| ||||
Estado | Reino Unido | |||
País | Gales | |||
Área principal | Sir Benfro | |||
Comunidade | Stackpole and Castlemartin ![]() | |||
Localización | Stackpole and Castlemartin ![]() | |||
Altitude | 23,3 m ![]() | |||
Datas | ||||
Fundación | século XIII ![]() | |||
Dimensións | ||||
Anchura | 3,8 m ![]() | |||
Lonxitude | 5,3 m ![]() | |||
Persoas e organizacións | ||||
Dedicado a | Govan ![]() | |||
Patrimonio cultural | ||||
Monumento clasificado como grao I | ||||
[ Wikidata ] |
A Capela de San Govan é unha capela localizada en St. Govan's Head, Pembrokeshire no suroeste de Gales.
Construída a carón dun cantil de rocha calcaria, o edificio mide 6,1 m × 3,7 m e as paredes foron construídas de pedra calcaria. A capela consta dunha soa cámara.[1] A maior parte da capela foi construída no século XIII, aínda que algunhas partes poden remontarse ata o século VI, cando o monxe San Govan se mudou a unha cova localizada no sitio da capela. Unha lenda suexire que San Govan está enterrado debaixo do altar da capela, situada no extremo leste da construción.[2] A entrada do edificio realízase a través dunha porta no lado norte, os bancos baixos de pedra están construídos aó longo dos muros norte e sur e unha campá en espadana localízase no extremo oeste.[3] Crese que o tellado de lousa é unha adición moderna en comparanza co resto do edificio.[3]
O edificio é accesible dende o cumio do cantil por un conxunto de 52 chanzos,[4] aínda que os puntos de información turística narran que o número de chanzos é diferente cando se baixa que cando se sobe.[5]
O edificio estaba na lista de monumentos clasificados do Reino Unido con Grado I, o 2 de agosto de 1996. Actualmente, está dentro da MOD's Castlemartin East Firing Range.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ The Beauties of England and Wales, or, Delineations, topographical, historical, and descriptive, of each county, Volume 18. 1815. p. 805.
- ↑ "St Govan's Chapel". Arquivado dende o orixinal o 28 de setembro de 2013. Consultado o 24 de maio de 2014.
- ↑ 3,0 3,1 "St Govan's Chapel". Coflein. Royal Commission on the Ancient and Historical Monuments of Wales. Arquivado dende o orixinal o 25 de maio de 2014. Consultado o 24 de maio de 2014.
- ↑ An Inventory of the Ancient Monuments of Wales and Monmouthshire: VII - Country of Pembroke. His Majesty's Stationery Office. 1925. p. 21.
- ↑ "St. Govan's Head - Walk 6" (PDF). Pembrokeshire Coast National Park. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 27 de setembro de 2013. Consultado o 24 de maio de 2014.
![]() |
A Galipedia ten un portal sobre: Gales |
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Capela de San Govan ![]() |