Capela de Santa Eufemia de Ambía
Capela de Santa Eufemia de Ambía | |
---|---|
Fachada | |
Datos xerais | |
País | España |
Tipo | Igrexa prerrománica |
Advocación | Santa Eufemia |
Localización | Ambía (Baños de Molgas) |
Coordenadas | 42°13′26″N 7°42′20″O / 42.223858, -7.705595 |
Arquitectura | |
Construción | Século X |
Estilo | Arquitectura prerrománica |
[ editar datos en Wikidata ] |
A capela de Santa Eufemia de Ambía é unha igrexa prerrománica do século X. Pertence á parroquia de Ambía no concello de Baños de Molgas. O muro sur e a fachada leste consérvanse do edificio orixinal. En 1931 a igrexa foi declarada monumento histórico-artístico[1].
Datación
[editar | editar a fonte]Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
Preto da capela atopáronse dous bloques de pedra con inscricións dedicatorias en que se leron os nomes Salvator e Eufemia. Interpretáronse como unha evidencia de que a igrexa fora consagrada aos dous patróns e supoñen unha indicación do tempo en que se construíu o templo. Nos séculos IX e X era costume consagrar igrexas a varios santos e asignarlles os seus propios altares.
Arquitectura
[editar | editar a fonte]A capela está construída a partir de bloques de granito de diferentes tamaños, unidos coidadosamente. O interior consta só dunha nave, se ben entre as ábsidas rectangulares aínda se poden ver as particións e os inicios dos arcos de ferradura. A espadana aberta é dun período posterior.
As aberturas das xanelas das ábsidas están deseñadas como xanelas xemelgas e teñen a forma de ocos, con arcos de ferradura. No refacho da xanela central xemelga está gravado un corazón, e no traveseiro sobre o soporte central sitúanse dous arcos de ferradura na pedra.
-
Interior
-
Xanelas xemelgas con arcos de ferradura
-
Xanelas xemelgas
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Capela de Santa Eufemia de Ambía na páxina web colaborativa Patrimonio Galego.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Capela de Santa Eufemia de Ambía |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Achim Arbeiter, Sabine Noack-Haley: Hispania antiqua. Christliche Denkmäler des frühen Mittelalters vom 8. bis ins 11. Jahrhundert. Verlag Philipp von Zabern, Mainz 1999, ISBN 3-8053-2312-3, S. 229–230.
- Jaime Cobreros: Guía del Prerrománico en España. Madrid 2006, ISBN 84-9776-215-0, S. 79.
- Jacques Fontaine: L’Art Mozarabe. L’Art Préroman Hispanique. Band 2, 2. Auflage, Éditions Zodiaque, Abbaye de la Pierre-Qui-Vire 1995, ISBN 2-7369-0215-7, S. 403–404.
- Manuel Gómez Moreno: A eirexa de Santa Eufemia d’Ambía. Nós nº 59, 1928, S. 196–198.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Tres arquitecturas altomedievales orensanas: Santa Eufemia de Ambía, San Xés de Francelos y San Martiño de Pazó Arqueología de la Arquitectura, 14, xaneiro/decembro de 2017