Capuchino pardo
Capuchino pardo | |||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
![]() Exemplar na Güiana Francesa. | |||||||||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||||||||
![]() Pouco preocupante[1] | |||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||||
Sapajus apella (Linnaeus, 1758) | |||||||||||||||||||||
![]() Distribución xeográfica da especie segundo IUCN.
| |||||||||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||||||||
|
Capuchino pardo[2] (Sapajus apella) é unha especie de primate do Novo Mundo orixinaria de América do Sur. Tradicionalmente, foi considerada a especie de primate máis estendida do Neotrópico, mais segundo as recentes consideracións do Sapajus libidinosus, Sapajus nigritus e Sapajus xanthosternos como especies separadas dun xénero novo, a área da especie capuchino pardo quedaría limitada á bacía do río Amazonas e áreas veciñas.
É unha especie omnívora que se alimenta de froitas e invertebrados, aínda que ás veces tamén se alimenta de pequenos vertebrados (como lagartos e crías de paxaros) e outras partes das plantas. Pode encontrarse en diferentes tipos de ambientes, incluíndo selvas tropicais, subtropicais e bosque seco, así como en bosque secundario.
Ó igual que outros capuchinos, é un animal social que forma grupos de 8 a 15 individuos que son liderados por un alfa ou macho dominante.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Rylands, A.B.; Boubli, J.-P.; Mittermeier, R.A.; Wallace, R.B.; Ceballos-Mago, N. (2015). "Sapajus apella". Lista Vermella da IUCN (IUCN) 2015: e.T39949A70610943. doi:10.2305/IUCN.UK.2015-1.RLTS.T39949A70610943.en.
- ↑ Definición de capuchino, -na no Dicionario de Galego de Ir Indo e a Xunta de Galicia.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]![]() |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Capuchino pardo |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Janson, Charles H. (2001) "Capuchin-like Monkeys". in: MacDonald, D. (red.), The New Encyclopedia of Mammals, Oxford: Oxford University Press, p. 344–353.
- Nowak, R.M. (1999) Walker's Primates of the World. Baltimore e Londres: the Johns Hopkins University Press. p. 113–115.