Carcharodus alceae
Carcharodus alceae | |||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
![]() Imago.
| |||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||
|
A Carcharodus alceae é un lepidóptero ropalócero da familia Hesperiidae.[1][2][3]
Distribución
[editar | editar a fonte]Ten unha distribución moi ampla: sur e centro de Europa até os Urais e noroeste de Kazakhstán, numerosas illas do Mediterráneo incluíndo as Baleares, Asia Menor e Próximo Oriente, Transcaucasia, Cáucaso e partes do oeste e centro de Asia.[2][4]
Hábitat
[editar | editar a fonte]Trátase dunha especie xeneralista e que ocupa numerosos tipos de hábitats herbosos onde medran as súas plantas nutricias. A eiruga pódese alimentar de Alcea rosea, Althea officinalis, Lavatera thuringiaca, Malva sylvestris, Malva neglecta, Malva moschata, Malva pusilla e Malva alcea.[2]
Período de voo
[editar | editar a fonte]É bivoltina ao norte, entre abril e xuño e entre xullo e setembro, pero trivoltina ou polivoltina ao sur, entre febreiro e novembro, segundo a localidade e a altitude.[2]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Tolman, Tom; Lewington, Richard. Mariposas de España y Europa (en castelán). Lynx, 2011. ISBN 978-84-96553-84-2.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 Tshikolovets, Vadim V. Butterflies of Europe & the Mediterranean area (en inglés). Tshikolovets Publications, 2011. ISBN 978-80-904900-0-0.
- ↑ https://sites.google.com/site/picosdeeuropamariposas/carcharodus-alceae Arquivado 01 de decembro de 2016 en Wayback Machine. Carcharodus alceae, Georges Verhulst. Mariposas de Picos de Europa
- ↑ http://www.eurobutterflies.com/sp/alceae.php Carcharodus alceae, Matt Rowlings
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- UK Butterflies (inglés)
- European Butterflies (inglés)