Carl Landry
![]() (2010) ![]() | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 19 de setembro de 1983 ![]() Milwaukee, Estados Unidos de América ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Educación | Harold S. Vincent High School (en) ![]() Universidade Purdue Vincennes University (en) ![]() ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Altura | 206 cm ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Peso | 113 kg ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | baloncestista ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Período de actividade | 2007 ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Nacionalidade deportiva | Estados Unidos de América ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | baloncesto ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Liga | Baloncesto masculino da División I da NCAA e National Basketball Association ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Ala-pivote ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Convocado por | Seattle SuperSonics ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Familia | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Irmáns | Marcus Landry ![]() |
Carl Christopher Landry, nado o 19 de setembro de 1983 en Milwaukee, Wisconsin, é un xogador de baloncesto profesional estadounidense.
Traxectoria profesional
[editar | editar a fonte]Landry foi elixido na 31ª posición do Draft da NBA de 2007 polos Seattle SuperSonics, e foi traspasado aos Houston Rockets a cambio dunha futura elección de segunda rolda. Na súa tempada coma rookie, apenas xogou ao principio da tempada, pero coa lesión do seu compañeiro Yao Ming converteuse nunha peza importante nos Rockets, que lograron 22 vitorias consecutivas, a segunda mellor marca da historia da NBA. Foi elixido no segundo equipo de Rookies ao remate da tempada.
Tras esa tempada, Landry converteuse en axente libre restrinxido. O 24 de setembro de 2008, aceptou unha oferta dos Charlotte Bobcats, por 9 millóns de dólares durante 3 anos.[1] Ao día seguinte, os Rockets igualaron a oferta.[2]
Na súa terceira tempada en Houston, Landry recibiu moitos minutos, debido á baixa de Yao Ming, que se recuperaba dunha lesión. Xogou 52 partidos, nos cales fixo 16.2 puntos, 5.5 rebotes e 1 tapón por partido.
O 18 de febreiro de 2010, Landry foi traspasado aos Sacramento Kings nun traspaso entre tres equipos que levou a Tracy McGrady aos New York Knicks e a Kevin Martin aos Rockets.[3] Foi titular nos 28 partidos que xogou cos Kings, acadando 18 puntos, 6.5 rebotes, 1 asistencia e 1 roubo de balón por partido.
O 23 de febreiro de 2011, Landry foi traspasado aos New Orleans Hornets a cambio de Marcus Thornton e algo de diñeiro.[4] O 17 de decembro de 2011, Landry asinou un novo contrato cos Hornets por un ano e 9 millóns de dólares.[5]
O 1 de agosto de 2012, Landry fichou polos Golden State Warriors.[6]
O 15 de xullo de 2013, Landry asinou un contrato multianual cos Sacramento Kings.[7]
Estatísticas
[editar | editar a fonte]Tempada regular
[editar | editar a fonte]Tempada | Equipo | PX | MIN | %TC | %3P | %TL | REB | ASIS | ROUB | TAP | PTS |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
2007–08 | Houston | 42 | 16.9 | .616 | .000 | .661 | 4.9 | 0.5 | 0.4 | 0.2 | 8.1 |
2008–09 | Houston | 69 | 21.3 | .574 | .333 | .813 | 5.0 | 0.6 | 0.4 | 0.4 | 9.2 |
2009–10 | Houston | 52 | 27.2 | .547 | .000 | .839 | 5.5 | 0.8 | 0.5 | 0.9 | 16.1 |
2009–10 | Sacramento | 28 | 37.6 | .520 | .333 | .741 | 6.5 | 0.9 | 1.0 | 0.6 | 18.0 |
2010–11 | Sacramento | 53 | 26.5 | .492 | .000 | .721 | 4.8 | 0.9 | 0.6 | 0.4 | 11.9 |
2010–11 | New Orleans | 23 | 26.2 | .527 | .000 | .795 | 4.1 | 0.6 | 0.4 | 0.5 | 11.8 |
2011–12 | New Orleans | 41 | 24.4 | .503 | .000 | .799 | 5.2 | 0.9 | 0.3 | 0.3 | 12.5 |
2012–13 | Golden State | 81 | 23.2 | .540 | .333 | .817 | 6.0 | 0.8 | 0.4 | 0.4 | 10.8 |
Total | 389 | 24.5 | .536 | .176 | .784 | 5.3 | 0.8 | 0.5 | 0.5 | 11.9 |
Playoffs
[editar | editar a fonte]Tempada | Equipo | PX | MIN | %TC | %3P | %TL | REB | ASIS | ROUB | TAP | PTS |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
2008 | Houston | 6 | 17.7 | .423 | .000 | .750 | 4.7 | 0.0 | 1.2 | 0.5 | 5.7 |
2009 | Houston | 13 | 18.5 | .557 | .000 | .576 | 3.9 | 0.2 | 0.3 | 0.4 | 7.5 |
2011 | New Orleans | 6 | 35.5 | .456 | .000 | .917 | 5.0 | 1.0 | 0.7 | 0.5 | 15.8 |
2013 | Golden State | 12 | 20.5 | .520 | .000 | .731 | 5.2 | 1.4 | 0.6 | 0.2 | 11.8 |
Total | 37 | 21.8 | .504 | .000 | .745 | 4.6 | 0.7 | 0.6 | 0.4 | 9.9 |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Bobcats Extend Offer Sheet to Carl Landry". NBA.com. Arquivado dende o orixinal o 27 de xullo de 2012. Consultado o 2008-09-24.
- ↑ "Rockets Decide to Match Offer for Carl Landry". NBA.com. Consultado o 2008-09-25.
- ↑ "KINGS ACQUIRE CARL LANDRY, JOEY DORSEY AND LARRY HUGHES IN THREE-WAY TRADE WITH HOUSTON AND NEW YORK". NBA.com. 2010-02-18. Consultado o 2010-02-19.
- ↑ "HORNETS ACQUIRE CARL LANDRY". NBA.com. 2011-02-23. Arquivado dende o orixinal o 10 de novembro de 2012. Consultado o 2011-02-24.
- ↑ "HORNETS RE-SIGN CARL LANDRY". NBA.com. 2011-12-17. Arquivado dende o orixinal o 09 de febreiro de 2012. Consultado o 2012-07-21.
- ↑ Warriors sign Landry
- ↑ "KINGS SIGN CARL LANDRY". NBA.com. Turner Sports Interactive, Inc. 15 de xullo de 2013. Consultado o 15 de xullo de 2013.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Perfil en NBA.com (en inglés)
- Estatísticas en Basketball-Reference.com Arquivado 24 de outubro de 2016 en Wayback Machine. (en inglés)
- Nados en Milwaukee, Wisconsin
- Nados en 1983
- Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos de América
- Xogadores de baloncesto da NBA
- Ala-pivotes de baloncesto
- Eleccións no Draft da NBA dos Seattle SuperSonics
- Xogadores dos Houston Rockets
- Xogadores dos Sacramento Kings
- Xogadores dos New Orleans Hornets
- Xogadores dos Golden State Warriors
- Xogadores dos Philadelphia 76ers