Corey Brewer
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | (en) Corey Wayne Brewer 5 de marzo de 1986 (38 anos) Portland, Estados Unidos de América (pt) | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Educación | Universidade de Florida | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Altura | 206 cm | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Peso | 84 kg | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | baloncestista, adestrador de baloncesto | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Período de actividade | 2007 - | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Nacionalidade deportiva | Estados Unidos de América | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | baloncesto | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Liga | National Basketball Association e Baloncesto masculino da División I da NCAA | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Ala e Escolta | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Convocado por | Minnesota Timberwolves | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
Corey Wayne Brewer, nado o 5 de marzo de 1986 en Portland, Tennessee, é un ex xogador profesional de baloncesto estadounidense. Cunha altura de 2,06 m, xogaba nas posicións de ala e escolta. Antes de ser elixido no Draft da NBA de 2007 polos Minnesota Timberwolves, Brewer formou parte dos Florida Gators, con quen conseguiu dous campionatos da NCAA.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Universidade
[editar | editar a fonte]Corey acudiu ao Portland High School en Portland, Tennessee, a súa cidade natal. Durante o seu ano sénior fixo unha media de 29,4 puntos e 12,8 rebotes por partido, sendo elixido tamén como McDonald's All American. Tras isto matriculouse na Universidade de Florida, onde certificou unha exitosa carreira de tres anos na NCAA. Logrou dous campionatos consecutivos, ademais de senllos títulos da Southeastern Conference (SEC). Na Final Four de 2007 foi designado MVP. Debutou na temporada 2004−05, facendo unha media de 7,5 puntos, 3,4 rebotes e 1,4 roubos por partido. O seu máximo en puntos conseguiuno fronte a Mississippi State nos Cuartos de Final do Torneo da Southeastern Conference (SEC).
Mellorou ostensiblemente no seu ano sophomore con 12,7 puntos, 4,8 rebotes e 3,3 asistencias por partido. De feito, rexistrou o primeiro triplo-dobre na historia dos Gators ao asinar 15 puntos, 10 rebotes e 13 asistencias fronte a Jacksonville. Fronte a Vanderbilt superou o seu tope en anotación con 26. Paseáronse na Final Four, primeiro derrotando a George Mason en semifinais 73-58 con 19 puntos de Corey, e despois 73-57 ante UCLA con 11 puntos. Foi incluído no Mellor Quinteto da Final Four e no 2º Mellor Quinteto da SEC.
Na súa última tempada en Florida, a 2006-07, reeditou título de NCAA. Na Final Four derrotaron a UCLA en semifinais, con 19 puntos de Brewer, e a Ohio State de Greg Oden na final. Fixo unha media de 13,2 puntos, 4,7 rebotes e 2,9 asistencias. Foi elixido MVP da Final Four, incluído no Mellor Quinteto da SEC e nomeárono Mellor Defensor da SEC. Finalizou a súa carreira con 198 puntos no torneo NCAA, récord até ese momento don Florida Gators. O 5 de abril de 2007, Brewer declarouse elixíbel para o Draft da NBA.
NBA
[editar | editar a fonte]Brewer foi elixido por Minnesota Timberwolves no sétimo posto da primeira rolda do Draft de 2007. O 22 de febreiro de 2011 foi traspasado aos New York Knicks a cambio de Eddy Curry, Anthony Randolph e tres millóns de dólares. Aos poucos días foi cortado sen chegar a debutar e asinou con Dallas Mavericks, equipo co que conseguiu o anel de campión da NBA. O 13 de decembro de 2011, Brewer foi traspasado xunto con Rudy Fernández a Denver Nuggets a cambio dunha segunda rolda de draft.[1]
Brewer regresou aos Timberwolves o 12 de xullo de 2013, asinando un contrato por tres anos e 15 millóns de dólares. Con todo, o 19 de decembro de 2014 foi traspasado aos Houston Rockets nun acordo entre tres equipos que involucrou aos Philadelphia 76ers e aos Timberwolves. O 3 de xullo de 2015 obtén un novo contrato cos Houston Rockets por 3 anos máis e 24 millóns de dólares.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Nuggets acquire Brewer, Fernandez from Mavericks". NBA.com (en inglés). 13 de decembro de 2011. Consultado o 10 de novembro de 2015.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Perfil en NBA.com (en inglés)
- Estatísticas en Basketball-Reference Arquivado 03 de marzo de 2011 en Wayback Machine. (en inglés)
- Nados en 1986
- Nados no condado de Sumner, Tennessee
- Xogadores de baloncesto da NBA
- Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos de América
- Alas de baloncesto
- Eleccións no Draft da NBA dos Minnesota Timberwolves
- Xogadores dos Minnesota Timberwolves
- Xogadores dos Dallas Mavericks
- Xogadores dos Denver Nuggets
- Xogadores dos Houston Rockets
- Xogadores dos Los Angeles Lakers
- Xogadores dos Oklahoma City Thunder
- Xogadores dos Philadelphia 76ers
- Xogadores dos Sacramento Kings