Carlos Álvarez Fernández-Cid
Biografía | |
---|---|
Nacemento | maio de 1918 Santiago de Compostela, España |
Morte | 1984 (65/66 anos) Ribadeo, España |
Actividade | |
Ocupación | farmacéutico, músico |
Carlos Álvarez Fernández-Cid, nado en Santiago de Compostela en maio de 1918[1] e finado en Ribadeo no ano 1984, foi un farmacéutico e afeccionado á música galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Nado en Santiago, chegou a Ribadeo antes de cumprir o ano. Farmacéutico, deu clases no instituto á súa creación. A súa faceta como músico é a que fixo del un persoeiro en Ribadeo. Ós 16 anos era organista da igrexa e director do Coro Parroquial. Dirixiu a tuna universitaria de Santiago nos anos 1943 e 1944 e tamén a Banda Municipal de Ribadeo no 1946 e logo en 1949. No 1948 dirixiu unha formación musical en Abres. Creou en 1955 e mantivo en Ribadeo a Coral Polifónica até o 1983, así como animou diversas outras formacións musicais. Refundou unha rondalla en funcionamento nos anos 1960 e 70,
Centenario
[editar | editar a fonte]Durante o 2018, ano do centenario do seu nacemento, organizados pola Coral Polifónica de Ribadeo e a Sociedade Filantrópico Dramática, preparáronse en Ribadeo diversos actos para a súa celebración, como a descuberta dunha placa na súa casa ou a charla de inicio de curso no IES de Ribadeo Dionisio Gamallo sobre a súa figura.[1]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 "Un ano de Centenario". 23/5/2018. Arquivado dende o orixinal o 24/05/2018. Consultado o 24/5/2018.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Carlos Álvarez Fernández-Cid músico. Xunta de Galicia. 2018. ISBN 9788417094492.
- Carlos Álvarez Lebredo, 2003: Cincuenta anos de música en Ribadeo. Biografía musical de Carlos Álvarez e Fernández-Cid. Deputación Provincial de Lugo. ISBN 84-8192-222-6.
- Coral Polifónica de Ribadeo, 2005: 50 aniversario Coral Polifónica de Ribadeo 1955 - 2005. Deputación Provincial de Lugo.