Saltar ao contido

Santiso de Abres

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaSantiso de Abres
Imaxe

Localización
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 43°24′12″N 7°07′56″O / 43.4033, -7.1323
EstadoEspaña
Comunidade autónomaAsturias
Provinciaprovincia de Asturias Editar o valor en Wikidata
CapitalO Chao Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación412 (2023) Editar o valor en Wikidata (13,12 hab./km²)
Xeografía
Parte de
Superficie31,41 km² Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Organización política
• Mayor of San Tiso d'Abres (en) Traducir Editar o valor en WikidataMaría Goretti Quintana Rey Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postal33774 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Código INE33063 Editar o valor en Wikidata

Santiso de Abres[1] (oficialmente San Tiso d'Abres) é un concello da Comunidade autónoma do Principado de Asturias. O xentilicio é «santiseiro».[2][3]

O municipio limita polo norte, o sur e polo oeste coa provincia de Lugo (concellos de Trabada na zona norte e da Pontenova na zona sur) e polo leste con Taramundi e A Veiga, ambos do Principado. É o concello máis occidental do Principado.

Ten unha extensión de 31,51 km² e 590 habitantes (2006), densidade 18,72 hab./km². Atravésao de oeste a leste o río Eo. A súa maior altitude é o Pico Xunqueira de 664 metros.

Demografía

[editar | editar a fonte]
Variación demográfica do concello entre 1991 e 2020
2020 2006 2004 2001 1996 1991
421 590 612 624 675 746

Parroquia

[editar | editar a fonte]

A única parroquia de Santiso de Abres é San Salvador, que conta cos seguintes nomes:

  • En ortografía da RAG, proponse Santiso de Abres (San Salvador).[1]
  • En ortografía da ALLA, considérase a forma San Tiso, que é a oficial.[4]
  • O nome castelanizado é San Tirso de Abres (San Salvador).[4]

A parroquia de Santiso de Abres está composta polos seguintes lugares:

Entidade de poboación Lugar Nome proposto en ortografía RAG[1][5] Nome en galego asturiano (ALLA) (oficial)[4] Nome en castelán[4]
A Antigua A Antigua A Antigua La Antigua
Cabo da Aldea O Cabo da Aldea
O Campo O Campo
Carracido Carracido Carracido
Lugar de Baixo
A Casa Lousada
A Casa da Toucida
O Coto O Coto O Coto
O Coto de Baixo
O Coto de Riba
Porta de Ares A Porta d'Ares
A Ribeira
Río Trabada O Riotrabada
O San Miguel
A Carretera A Carretera A Carretera La Carretera
A Casa Marqués
O Empalme
O Randeo
O San Sidro (da Carretera)
O Castro O Castro O Castro Los Castros
O Castro de Baixo
O Castro de Riba
Eilale Eilale Eilale Eilale
Eilale de Riba
Espasande Espasande Espasande
A Aldea de Baixo (d'Espasande)
A Aldea de Riba (d'Espasande)
A Casa de Sidro
A Casa do Cabo
O Ceán
Foxas Foxas/ As Foxas Foxas Fojas
A Pena da Cabra
Goxe Goxe Goxe Goje
A Aldea de Baixo (de Goxe)
A Aldea de Riba (de Goxe)
A Casa do Barrodelo
A Grandela A Grandela A Grandela Grandela
O Chao O Chao O Chao El Llano
Amaído
O Barreiro
A Brea A Brea
As Conchadas
A Granda A Granda
As Menciñas
A Nogueira
O Pacio
O Paxarelo
O Piñeiro
Regada
A Riademuiños
Robaín Robaín
San Bras
O San Juan
A Tapia
A Torre A Torre
Lombal Lombal/ O Lombal Lombal Lombal
O Bustelo
O Louredal Louredal/ O Louredal O Louredal Louredal
O Voudinso
Lourido Lourido Lourido Lourido
O Barrio de Riba O Barrio de Riba
A Casa de Corveiras
O Chantadoiro
A Rúa
Matela Matela/ A Matela Matela Matela
A Mourela Mourela/ A Mourela A Mourela Mourela
Naraío Naraío Naraído Naraido
A Casa do Rego
As Casas de Baixo
A Porqueira
Prado Prado/ O Prado Prado Prado
Prado de Baixo Prado de Baixo
A Sela A Sela
Prado de Riba Prado de Riba
Prado do Medio Prado do Medio
Salcido Salcido Salcido Salcido
A Bustarga As Cabeceiras
A Bustarga
O Boutarón
A Casanova
O Castro
O Chao da Señora
A Ermida (de Salcido)
A Fonte da Moura
A Fonte Seca
A Lameira
A Louseira
A Mariña (de Salcido)
A Pumarega
O Regatelo
A Rúa
O San Silvestre
Sueiro Sueiro
O Tarangoz
O Torgaedo
A Vitouriña
San Andrés San Andrés San Andrés San Andrés
A Airavella
A Aldea
A Capilla A Capilla
O Loureiro
Candaedo Candaído
A Ermida (de San Andrés)
A Fontegrande
A Mariña (de San Andrés)
A Negra
A Pallaza
Sobre da Veiga Sobre da Veiga Sobredaveiga Sobrelavega
Solmaior Solmaior Solmayor Solmayor
A Aldea de Baixo (de Solmayor)
O Curullo
O Pedrón
Tras da Corda Tras da Corda Trasdacorda Trasdacorda
Casavella A Casa Vella
Tras da Corda de Abaixo Trasdacorda de Baixo
Tras da Corda de Riba Trasdacorda de Riba
Trasdacorda do Medio
Valiñaseca Valiñaseca/ A Valiñaseca Valiñaseca Valiñaseca
A Casa de Baldomero
A Casa do Cayoco
As Veigas As Veigas As Veigas Vegas
As Veigas de Baixo As Veigas de Baixo
As Veigas de Riba As Veigas de Riba As Veigas de Riba
Anguieiro Anguieiro
O Cabo
Cas Tiófilo
Cas Valledares
O Lugar
Os Muíños
O Salgueiro
O Túnel
A Vía
Vilar Vilar/ O Vilar Vilar Vilar
Vilelas Vilelas Vilelas Vilelas
O San Sidro (de Vilelas)
Vilela de Baixo Vilela de Baixo
Vilela de Riba Vilela de Riba

Os primeiros vestixios históricos atopados no concello, pertencen ó paleolítico, corresponden a necrópole tumularia do Couzogordo e na Xunqueira no linde co veciño concello de Taramundi. É a única zona de toda a comarca onde se atopáronse restos tan antigos.

A presenza romana na zona deixase sentir por mediación das explotacións mineiras de ferro e as auríferas. Así e todo o achado máis importante da época romana é a presenza de tres asentamentos da cultura castrexa no concello: Croas de Castro, orientado a labores agrícolas. Croas de Eilale, relacionado coas explotacións mineiras de Salgueiro, e o Castro de Salcido, dedicado a labores extractivas e de transformación, que conta cunha pequena escada de lousa que da acceso a unha acrópole e un recinto amurallado de máis de tres metros de grosor.

Santiso forma parte da doazón efectuada por Afonso VII á igrexa de Oviedo, pero en 1172 o mosteiro de Meira, situado en Galicia, consegue a metade do territorio para deixalo en mans de 50 repoboadores ó fundar Goxe e Naraído en 1232. Aproveitando as boas condicións das veigas do concello, o mosteiro instalou tres granxas no Chao, A Pumarega e A Brea. En 1537 o conde de Altamira, Don Lope Moscoso, comprou o coto por 672.000 marabedís, aínda que non se incluíu a parte do mosteiro de Meira.

En 1579 Filipe II necesitado de ingresos para paliar os gastos ocasionados polas guerras, obtén, coa bendición do Papa Bieito, o privilexio de vender ou incorporar a coroa os señoríos eclesiásticos, e entre eles este territorio, o que aproveitarían os veciños de Santiso de Abres para adquirilo, expedíndose título de vila e cédula de xurisdición. En Santiso os veciños exerceron a súa xurisdición nomeando xuíces e rexedores, porén, a xurisdición quedou compartida co mosteiro de Meira e co conde de Altamira, algo que apreciábase nas percepcións do décimo. Santiso obtén representación na Xunta Xeral do Principado a través do partido da bispalía, cedendo todo o protagonismo a Castropol, que exercía de cabeza do mesmo.

Escultura en lembranza do tren mineiro, con motivo do centenario do seu funcionamento (1903-2003)

No século XIX, ve como se implanta a industria no concello coa posta en marcha dun tear que dá traballo a varios vendedores ambulantes. Nos tramos finais do século a emigración a ultramar pon en perigo a estrutura demográfica no territorio, sendo a construción do ferrocarril mineiro a comezo do século XX[6] (posta en marcha, 1903, para uso de pasaxeiros, 1905) o efecto amortecedor da mesma.

A principios do século XX proxéctase na capital a instalación dunha industria óptica, finalmente rexeitada por culpa da guerra civil española. Durante os últimos tempos novamente comezan a aparecer movementos migratorios, aínda que esta vez cara ao centro da rexión e Europa, que fan descender perigosamente a poboación, modificando a estrutura social do concello.

En Santiso de Abres do mesmo xeito que no resto de Asturias, a única lingua oficial é o español ou castelán[7]. Con todo, a lingua tradicional de Santiso de Abres é o galego central[8] , que é o mesmo tipo de galego que se fala nos concellos veciños da Pontenova e toda a zona de Meira. O galego falado neste concello non é da variedade eonaviega como na maioría dos concellos das terras de Eo-Navia[9].

Patrimonio

[editar | editar a fonte]
Imaxe da 'Pena do Encanto'.

A Pena do Encanto é un salto de auga situado no concello, preto do núcleo de poboación de Salcido. A partir de alí hai unha ruta a pé sinalizada (que se desdobra para poder ir a Trabada) e que, en pouco máis de 1 km leva ó salto de auga, a través de camiños sen gran dificultade.

  1. 1,0 1,1 1,2 Repertorio toponímico e xentilícico da Terra Eo-Navia Arquivado 20 de agosto de 2021 en Wayback Machine. de Carlos Aenlle
  2. Costas González, Xosé-Henrique (2016). Os xentilicios de Galicia e dos outros territorios de lingua galega (PDF). Vigo: Universidade de Vigo. p. 34. ISBN 978-84-8158-706-7. 
  3. Carlos Xesús Varela Aenlle (2021): Dicionario do Galego de Asturias. Universidade de Vigo. ISBN 978-84-8158-897-2
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 "Decreto 2/2018, do 10 de xaneiro, polo que se determinan os topónimos oficiais do concello de Santiso de Abres." (PDF). Boletín Oficial do Principado de Asturias (en castelán). Consultado o 1 de maio de 2021. 
  5. http://www.ciberirmandade.org/abertal/component/option,com_docman/task,doc_view/gid,16/Itemid,41/ [Ligazón morta]
  6. Gómez Martínez, J. A.: La Sociedad Minera de Villaodriz y el Ferrocarril de Puente Nuevo a Ribadeo
  7. Muñiz, R. (26 de decembro de 2012). "Fomento rechaza la toponimia asturiana porque «el castellano es el único idioma oficial»". el comercio.es (en castelán). Consultado o 4 de setembro de 2018. 
  8. F.Fernandez Rei, Dialectoloxía da lingua galega, Galaxia, 2003
  9. "Copia arquivada" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 20 de xuño de 2013. Consultado o 16 de xullo de 2013. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]
Lugares da parroquia de Santiso de Abres no concello de Santiso de Abres (Asturias)

A Antigua | A Carretera | O Castro | O Chao | Eilale | Espasande | Foxas | Goxe | A Grandela | Lombal | O Louredal | Lourido | Matela | A Mourela | Naraío | Prado | Salcido | San Andrés | Sobre da Veiga | Solmaior | Tras da Corda | Valiñaseca | As Veigas | Vilar | Vilelas

Asturias | Parroquias de Santiso de Abres
Santiso de Abres (San Salvador)