Saltar ao contido

Yernes y Tameza

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaYernes y Tameza
Imaxe

Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 43°15′37″N 6°06′20″O / 43.2604, -6.1056
EstadoEspaña
Comunidade autónomaAsturias
Provinciaprovincia de Asturias Editar o valor en Wikidata
CapitalVillabre Editar o valor en Wikidata
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación136 (2024) Editar o valor en Wikidata (4,3 hab./km²)
Xeografía
Parte de
Superficie31,63 km² Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Organización política
• Mayor of Yernes y Tameza (en) Traducir Editar o valor en WikidataMaría Díaz Fidalgo (en) Traducir (2021–) Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postal33826 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Código INE33078 Editar o valor en Wikidata

Sitio webyernesytameza.es Editar o valor en Wikidata

Yernes y Tameza é un concello do Principado de Asturias. En 2014 tiña unha poboación de 159 habitantes, sendo o concello menos poboado de Asturias.

Limita ao oeste, norte e nordés con Grau, ao sueste con Proaza e ao sur con Teberga. Atópase na zona centro-occidental da comunidade, encravado entre montañas na zona alta do río Cubia.

Demografía

[editar | editar a fonte]

Yernes y Tameza caracterizouse historicamente por ser un dos concellos menos poboados de toda Asturias, pasando de ter 842 habitantes a principios do século xx, a 128 na actualidade, que poñen en perigo a propia existencia do concello.

Desde que a mediados da década de 1930 o territorio alcanzase a súa cota máxima de poboación con 892 persoas, o descenso producido foi bastante considerable, debido sobre todo das poucas perspectivas que presentaba o concello e que fixo que as persoas máis novas optasen por saír cara ás poboacións con máis oportunidades e industria do centro da rexión, como Xixón, Oviedo e Avilés así como cara ao veciño concello de Grau. Todo isto fai que hoxe en día Yernes y Tameza presente unhas estruturas demográficas realmente desarticuladas, observando que máis do 70% da poboación supera os 55 anos e que un 15% non chega aos 30, sendo irrisoria a cantidade de mozos menores de 15 anos da zona, un 3% do total. Estes datos revélannos unha poboación bastante envellecida.

Parroquias

[editar | editar a fonte]

O concello está formado por dúas parroquias e cinco entidades:

  • Tameza
    • Fuxóu
    • Villabre (capital do concello)
    • Villuarrí
  • Yernes
    • Vindías
    • Yernes

Entre as súas festas destacan:

  • Romería de Acibidiello en Villabre, en xuño.
  • Festas de San Antonio en Yernes, en xuño.
  • Feira de Cuevavallagar no porto, en agosto.
  • Festas do Rosario, tanto en Yernes como en Villabre, en outubro.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]