Ibias
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | España | ||||
Comunidade autónoma | Asturias | ||||
Provincia | provincia de Asturias | ||||
Capital | Santo Antolín | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 1.121 (2023) (3,36 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 333,29 km² | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Organización política | |||||
• Mayor of Ibias (en) | José Ron Méndez | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 33810 | ||||
Fuso horario | |||||
Código INE | 33028 | ||||
Páxina web | ibias.es |
Ibias é un concello de Asturias. Limita ao norte coa Fonsagrada, Negueira de Muñiz e Allande, ao leste con Cangas del Narcea e Degaña, ao sur con Peranzais e Candín e polo oeste con Navia de Suarna. O concello cobre unha superficie de 230 km² e contaba cun total 1.903 habitantes no ano 2005, o que dá unha densidade de poboación de 8,27 h/km². Este concello galegofalante é considerado tradicionalmente como un dos 48 concellos da Galicia estremeira.
Historia
[editar | editar a fonte]Integrante durante varios séculos da diocese de Britonia, as súas terras aínda eran considerados na diplomática medieval do século X, como parte da Galicia[1], tal e como recolle unha confirmación de 955 do rei Ordoño III, onde menciona: in Gallecia: (…) Vallebona (Valboa), Triacastella (Triacastela), Zerbantes (Cervantes), Nabia (Navia) cum Deganeis (Degaña) suis , Vitrico , Arborsola (Boal) , Soorna (Navia de Suarna), Trabersas de Fraxino , Ibias ambas, Ausecos (Vilanova de Ozcos) et Neiro (Neira).[2]
Na metade do século XVIII pertenceu a Galicia.[3]
Parroquias
[editar | editar a fonte]Asturias | Parroquias de Ibias | |
---|---|
A Estierna | Cecos | Os Coutos | Marentes | Peliceira | San Clemente | Santo Antolín de Ibias | Sena | Seroiro | Taladriz | Tormaleo |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Antroponimia sueva (I de V)". Fror na Area. Consultado o 22/06/2010.
- ↑ RISCO, M. (1784). España Sagrada, Tomo XXXIV. Madrid, Imprenta de D. Antonio de Sancha., Facsimile en Google Books.
- ↑ Censo de Población de la Corona de Castilla. Marqués de la Ensenada 1752 (PDF) (en castelán). IV: Cartografía. Madrid: INE. 2016 [1995]. pp. 57, 60–64.