Saltar ao contido

Carlos Aenlle

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaCarlos Aenlle
Biografía
Nacemento1965 Editar o valor en Wikidata (58/59 anos)
Castroverde, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónetnólogo Editar o valor en Wikidata
Membro de

BNE: XX1501092 Dialnet: 2567474

Carlos Xesús Varela Aenlle, nado en Castroverde en 1965, é un xeógrafo e etnólogo galego. Actualmente é presidente da asociación Abertal do Eo-Navia, e desde 2004 é o académico correspondente [1] da Real Academia Galega nesa rexión.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Aínda que natural de Castroverde, a súa familia materna procede de terras eonaviegas. Este feito marcou notabelmente a súa traxectoria, profundamente vinculada coa rexión. Pasou a súa adolescencia en Castropol, localidade na que o seu pai foi mestre durante dez anos[2]. Foi tamén colaborador habitual das revistas A Freita e Britonia, publicacións impulsadas pola Mesa prá Defensa del Galego de Asturias (MDGA), e en 2000 publicou Toponimia del Eo-Navia[3], unha recompilación dos topónimos eonaviegos coa súa correspondencia tanto en castelán (oficial) como na forma vernácula galega. En 2014 presentou a súa tese sobre o léxico do galego de Asturias[4].

  1. Académicos correspondentes da RAG
  2. Noticia no xornal asturiano La Nueva España, publicada o 20/12/2004.
  3. Xesús., Varela Aenlle, Carlos ([2000]). Toponimia del Eo-Navia. Eilao (Asturias): Mesa prá Defensa del Galego de Asturias. ISBN 9788460705918. OCLC 433344638. 
  4. Contribución ao dicionario galego: o léxico do galego de Asturias (LeGA), para descarga en PDF, no repositorio Investigo da Universidade de Vigo, dirixida por Xosé-Henrique Costas

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]