Saltar ao contido

Carlos Guimarães Pinto

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.


Modelo:BiografíaCarlos Guimarães Pinto

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento21 de agosto de 1983 Editar o valor en Wikidata (41 anos)
Paramos, Portugal (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Deputado da Asemblea da República de Portugal
29 de marzo de 2022 –

Circunscrición electoral: Porto

Datos persoais
EducaciónUniversidade do Porto Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico, profesor universitario, autor, economista, membro fundador (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Partido políticoIniciativa Liberal Editar o valor en Wikidata

Carlos Manuel Guimarães Oliveira Pinto, máis coñecido coma Carlos Guimarães Pinto [1] (Espinho, Portugal, 21 de agosto de 1983) é un economista, autor, profesor universitario e político portugués. Foi o segundo presidente do partido político Iniciativa Liberal, ata que abandonou o cargo en 2019, sendo sucedido por João Cotrim de Figueiredo . [2] Foi elixido deputado na Asemblea da República de Portugal nas eleccións lexislativas de 2022, pola circunscrición de Porto .

Biografía

[editar | editar a fonte]

Carlos Guimarães naceu en Paramos, no concello de Espinho, onde pasou a súa infancia e estudou o ensino secundario.

Licenciouse en Economía pola Universidade do Porto en 2006. Un ano despois trasladouse aos Emiratos Árabes Unidos, onde traballou como consultor de telecomunicacións e estratexia dixital. [3] Durante este tempo, coescribiu un libro, participou en blogs e xornais de intervención política centrándose na crise económica de Portugal. Regresou a Portugal en 2015 para doutorarse en Economía, despois de defender a súa tese de doutorado en 2021.

É investigador da área de Economía Internacional e deputado elixido pola Iniciativa Liberal.

Guimarães Pinto padece dun lixeiro tartamudeo, condición que el mesmo recoñece abertamente. É agnóstico. [4]

Política

[editar | editar a fonte]

É autor de varios artigos de análise económica e blogs. Deuse a coñecer ao público a través das súas crónicas en xornais económicos, especialmente na web informativa ECO e no blog O Insurgente . Foi convidado a liderar o partido Iniciativa Liberal tras a dimisión do anterior presidente Miguel Ferreira da Silva. [5] Con el mesmo liderando o partido, a Iniciativa Liberal conseguiu elixir un deputado, para o círculo electoral de Lisboa, nas primeiras eleccións lexislativas que o partido disputou, converténdose así no primeiro partido en defender abertamente o liberalismo europeo na Asemblea da República. [6]

O 25 de xaneiro de 2021 anunciou, xunto con Adolfo Mesquita Nunes (antigo polítoco do CDS-PP ) e Carlos Moreira da Silva, a creación do think tank MaisLiberdade [7], que se dedica a compartir información e datos sobre políticas liberais en todo o mundo. En decembro de 2021 anunciou a súa candidatura, de novo polo partido IL, á Asemblea da República, para o cargo de deputado . Preséntase pola Circunscripción Electoral do Porto, onde reside, a pesar de nacer no distrito de Aveiro.

O 30 de xaneiro de 2022 foi elixido Deputado de Iniciativa Liberal polo Círculo de Porto.

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • O Economista Insurgente: 101 perguntas incómodas sobre Portugal (en portugués). Portugal. 2014. ISBN 978-989-626-569-4. 
  • Juntos, Somos Quase um um 31: Liberais à Solta!. Portugal: Alêtheia. 2019. ISBN 978-989-890-613-7
  • Linhas Direitas: Cultura e Política à Direita. Portugal: Dom Quixote. 2019. ISBN 9789722069212
  • Milhões a Voar: as mentiras que nos contaram sobre a TAP. Portugal: Alêtheia. 2022. ISBN 9789899077331
  1. "Perfil no Política para Todos". Arquivado dende o orixinal o 23 de xuño de 2021. Consultado o 04 de abril de 2024. 
  2. "Carlos Guimarães Pinto é o novo presidente do partido Iniciativa Liberal" (en portugués). Consultado o 2019-02-26. 
  3. ECO (2018-10-19). "Carlos Guimarães Pinto é o novo líder do Iniciativa Liberal" (en portugués). Consultado o 2019-02-26. 
  4. Tavares-Teles, Alexandra (18-9-2019). "Iniciativa Liberal chega ao Parlamento. Conheça as ideias do líder". Consultado o 13-4-2022. 
  5. SAPO. "Carlos Guimarães Pinto é candidato à presidência da Iniciativa Liberal" (en portugués). Consultado o 2019-02-26. 
  6. Peixoto, Ana Catarina. "Iniciativa Liberal elegeu um deputado e promete ser "a voz de oposição ao socialismo"" (en portugués). Consultado o 2019-10-07. 
  7. ECO (2021-01-25). "Carlos Guimarães Pinto, Carlos Moreira da Silva e Adolfo Mesquita Nunes no +Liberdade" (en portugués). Consultado o 2021-01-28. 

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]