Saltar ao contido

Carlos Paulo Martínez Pereiro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Carlos Martínez Pereiro»)
Modelo:BiografíaCarlos Paulo Martínez Pereiro

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento1 de xullo de 1955 Editar o valor en Wikidata (69 anos)
Mera, España Editar o valor en Wikidata
Formación profesionalFiloloxía Hispánica e Galego-portuguesa
EducaciónFaculdade de Letras da Universidade de Coimbra (pt) Traducir (–1976) Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritor Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade da Coruña Editar o valor en Wikidata
Xénero artísticoEnsaio
Familia
IrmánsXosé Luís Martínez Pereiro Editar o valor en Wikidata

BNE: XX996918 AELG: 163 BUSC: martinez-pereiro-carlos-paulo-1955 Dialnet: 504681

Carlos Paulo Martínez Pereiro, nado en Mera (Oleiros) o 1 de xullo de 1955, é un escritor e crítico literario galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Licenciado en Filoloxía Hispánica, e Filoloxía Galego-Portuguesa, é Doutor, nesta última filoloxía, tamén pola Universidade de Santiago de Compostela, cunha tese sobre as relacións entre a pintura e a literatura na obra vangardista do escritor e artista plástico portugués Almada Negreiros. Tras varios anos de exercicio da docencia como Profesor Agregado e Catedrático de Lingua e Literatura Galega no Bacharelato, é, na actualidade, Catedrático da Área de Coñecemento de Filoloxía Galega e Portuguesa na Facultade de Filoloxía da Universidade da Coruña. Desde 1997, é Director da Serie Branca (Outras Literaturas Teatrais) e da Serie Gris (Pensamento e Estética) e mais Coordinador Editorial das Publicacións da Biblioteca-Arquivo Teatral Francisco Pillado Maior do Departamento de Galego-Portugués, Francés e Lingüística da Universidade da Coruña.

É irmán de Xosé Luís Martínez Pereiro.

Obra en galego

[editar | editar a fonte]
  • Natura das animalhas. Bestiario medieval da lírica profana galego-portuguesa, 1996, A Nosa Terra.
  • A Pintura nas Palavras. 'A Engomadeira', de Almada Negreiros: Uma Novela em Chave Plástica, 1996, Laiovento.
  • Hospital das letras. In(ter)vencións e ensaios literarios, 1997, Espiral Maior.
  • A indócil liberdade de nomear. (Por volta da 'interpretatio nominis' na literatura trovadoresca), 1999, Espiral Maior.
  • As Mulleres partidas de Joan García de Guilhade, 2007.
  • Querer crer entrever (Expresións críticas de reflexión e lectura), 2007, Laiovento.
  • A man que caligrafando pensa (Do plástico-escritural e da manuscrita novoneyriana), 2010, Universidade da Coruña.

Edicións

[editar | editar a fonte]
  • As cantigas de Fernan Paez de Tamalancos, 1992, Laiovento.
  • Razões de fogo, versos fabricados. Sonetos portugueses dos séculos XVI, XVII e XVIII, 1998, Espiral Maior.
  • Camilo Castelo Branco. As Duas Comédias do Morgado de Fafe (O Morgado de Fafe em Lisboa/O Morgado de Fafe Amoroso), 2008, Universidade da Coruña.
  • Machado de Assis e a mundana comédia. Cinco peças teatrais, 2017, Universidade da Coruña. Con Alva Martínez Teixeiro.

Obras colectivas

[editar | editar a fonte]
  • Catecismo do labrego, de Valentín Lamas Carvajal, 1987, Vía Láctea, con Xosé María Dobarro e Manuel Ferreiro.
  • Un dia na vida de Vladimiro e o seu can Trotsky, 1987, Sotelo Blanco. Teatro, con Xosé Luís Martínez Pereiro.
  • Maxina ou a filla espúrea, de Marcial Valladares, 1987, Vía Láctea, con Xosé María Dobarro e Manuel Ferreiro.
  • Literatura Galega. Séculos Escuros e Rexurdimento, 1988, Vía Láctea.
  • Luís de Camões. Doce Canto em Terra Alheia?, 1994, Laiovento, con Manuel Ferreiro e Francisco Salinas Portugal.
  • Historia da Literatura Galega. Cantigas de Amigo, 1996, AS-PG/A Nosa Terra, con Manuel Ferreiro.
  • Historia da Literatura Galega. Cantigas de Amor, 1996, AS-PG/A Nosa Terra, con Manuel Ferreiro.
  • Historia da Literatura Galega. Cantigas de Escarnho e de Maldizer, 1996, AS-PG/A Nosa Terra, con Manuel Ferreiro.
  • Historia da Literatura Galega. Cantigas de Santa Maria, 1996, AS-PG/A Nosa Terra, con Manuel Ferreiro.
  • Estudos Galego-Brasileiros, 2003, H. P. Comunicação (Río de Xaneiro).
  • Estudos Galego-Brasileiros: II, 2006, Universidade da Coruña.
  • Normas de edición para a poesía trobadoresca galego-portuguesa/Guidelines for the Edition of Medieval Galician-Portuguese Troubadour Poetry, 2007, Universidade da Coruña, con Manuel Ferreiro e Laura Tato Fontaíña.
  • A edición da Poesía Trobadoresca en Galiza, 2008, Baía Edicións, con Manuel Ferreiro e Laura Tato Fontaíña.
  • Estudos Galego-Brasileiros. III, 2009, De Letras (Río de Xaneiro).

Obra en francés

[editar | editar a fonte]
  • Au sujet des chevaux in-existants dans la poésie satirique, 1992, CUERMA/Université de Provence.
  • Premio de Investigación da Xunta de Galicia ao mellor traballo publicado en revista científica ou capítulo de libro na Área de Humanidades no 1992, polo artigo intitulado Au sujet des chevaux in-existants dans la poésie satirique galicienne-portugaise du Moyen-Âge.
  • Premio Espiral Maior de Ensaio no 1999, por A indócil liberdade de nomear. (Por volta da 'interpretatio nominis' na literatura trovadoresca).

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]