Carlos Paião
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (pt) Carlos Manuel de Marques Paião 1 de novembro de 1957 Coímbra, Portugal |
Morte | 26 de agosto de 1988 (30 anos) Rio Maior, Portugal (pt) |
Causa da morte | morte accidental, accidente de tráfico |
Educación | Universidade de Lisboa |
Actividade | |
Ocupación | cantautor, artista discográfico, médico |
Período de actividade | 1978 - |
Instrumento | Voz |
Participou en | |
1981 | Festival Eurovisão da Canção 1981 (pt) |
Carlos Manuel de Marques Paião, nado en Coímbra o 1 de novembro de 1957 e finado en Rio Maior o 26 de agosto de 1988, foi un cantante e compositor portugués.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Licenciado en Medicina pola Universidade de Lisboa en 1983, dedicouse unicamente á música. Carlos Paião era un compositor prolífico e en 1978 tiña xa escritas máis de duascentas cancións, todas elas sen editar. En 1981 decide enviar algunhas delas ao Festival RTP da Canção, e gañouno co tema Play-Back. A canción, unha crítica divertida mais contundente, aos artistas que cantan en play-back, ficou en penúltimo lugar no Festival de Eurovisión de 1981, que se realizou nese ano en Dublín. Carlos Paião nese ano editou outro sinxelo de éxito, Pó de Arroz, e tamén Marcha do Pião das Nicas.
Algarismos (1982) foi o seu primeiro LP, que non obtivo o recoñecemento desexado. Comezou daquela a súa participación televisiva en Foguete, con António Sala e Luís Arriaga, e logo en Hermanias (1984), onde compuxo a totalidade das músicas e letras de Serafim Saudade, unha caricatura creada por Herman José.
En 1983, cantou ao lado de Cândida Branca Flor o tema Vinho do Porto, Vinho de Portugal, que ficou en 3º lugar no Festival RTP da Canção. En 1985, concorreu e foi seleccionado no Festival Mundial de Música Popular de Toquio. A casa discográfica EMI - Valentim de Carvalho encomendoulle a Paião compor temas para outros artistas, coma o propio Herman José ( A Canção do Beijinho) ou coma Amália Rodrigues (O Senhor Extra-Terrestre, de 1982).
Falece cando ía a un espectáculo en Leiría nun accidente de automóbil, na antiga estrada EN1, actual IC2. Nesas datas estaba a preparar un novo álbum titulado Intervalo, que acabou por editarse en setembro dese ano. Compositor, intérprete e instrumentista, Carlos Paião produciu máis de cincocentas cancións, e foi homenaxeado en 2003 cun CD conmemorativo dos 15 anos da súa desaparición, Carlos Paião: Letra e Música - 15 anos depois (Valentim de Carvalho).
Discografía
[editar | editar a fonte]- Algarismos - LP (EMI, 1982)
- O Melhor de Carlos Paião - Compilación (EMI, 1985)
- Intervalo - LP (EMI, 1988)
- O Melhor de Carlos Paião - Compilación 2CD (EMI, 1991)
- Os Singles - Compilación (EMI, 1993)
- Pó de Arroz - Compilación (EMI, 1996)
- Cinderela - Compilación (EMI, 1997)
- Letra e Música: 15 anos depois - Compilación (EMI, 2003)
- Play-Back - Compilación (EMI, 2004)
Sinxelos
[editar | editar a fonte]- Souvenir de Portugal / Eu Não Sou Poeta (EMI, 1981)
- Play Back (EMI, 1981)
- Pó de Arroz / Gá-gago (EMI, 1981)
- Marcha do Pião das Nicas / Telefonia Nas Ondas do Ar (EMI, 1982)
- Zero a Zero / Meia Dúzia (EMI, 1982)/
- Vinho do Porto, Vinho de Portugal - con Cândida Branca Flor (1983)
- O Foguete (1983)
- Versos de Amor (EMI, 1985)
- Arco Íris (EMI, 12/1985)
- Discoteca (EMI, 198?)
- Cinderela (EMI, 198?)
- Cegonha (EMI, 12/1986)
- Quando as Nuvens Chorarem (EMI, 1988)
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Web con cancións do músico (con son das músicas na íntegra)
- Biografía e Discografía
- Carlos Paião no Youtube