Carlos Soria Fontán
Aparencia
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Carlos Soria.
(2022) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 5 de febreiro de 1939 (85 anos) España |
Actividade | |
Ocupación | montañista |
Deporte | alpinismo |
Cronoloxía | |
2001 | ascensión ao Everest |
Carlos Soria Fontán, nado en Ávila o 5 de febreiro de 1939, é un alpinista español.
Está inmerso no reto de ser a persoa de máis idad en alcanzar o cume das 14 montañas máis altas do mundo. É o único alpinista que escalou nove montañas de máis de 8.000 metros despois de cumprir os 60 anos, e é a persoa máis veterana na historia que ascendeu con éxito ao K2 (con 65 anos), Broad Peak (con 68 anos), Makalu (con 69 anos), Gasherbrum I (con 70 anos) e Manaslu (con 71 anos).
Ascensións a oitomiles
[editar | editar a fonte]- Nanga Parbat (8.125 m), Paquistán, 1990
- Gasherbrum II (8.035 m), China/Paquistán, 1994
- Cho Oyu (8.201 m), China/Nepal, 1999
- Everest (8.848 m), China/Nepal, 2001
- K2 (8.611 m), China/Paquistán, 2004
- Shisha Pangma (8.027 m), Tíbet, 2005
- Broad Peak (8.047 m), China/Paquistán, 2007
- Makalu (8.465 m), China/Nepal, 2008
- Gasherbrum I (8.068 m), China/Paquistán, 2009
- Manaslu (8.156 m), Nepal, 2010
- Lhotse (8.516 m), China/Nepal, 2011
Historial deportivo
[editar | editar a fonte]- 11 cumes de máis de 8.000 metros.
- Persoa de máis idade na historia que fixo cume no K2 (8.611 metros), Broad Peak (8.047 metros), Makalu (8.463 metros), Manaslu (8.163 metros) e Lhotse (8.516 metros)
- Único alpinista no mundo que escalou nove montañas de máis de 8.000 metros despois de cumprir os 60 anos.
- Primeira persoa no mundo en facer cume no Dome Khang (7.260 metros).
- Ascensión aos 7 cumes máis altos dos 7 continentes, reto que culminou con máis de 70 anos: Elbrus (Europa, en 1968), McKinley (América do Norte, en 1971), Aconcagua (América do Sur, en 1986), Everest (Asia, en 2001), Mont Vinson (Antártida, en 2007), Carstensz (Oceanía, en 2010) e Kilimanjaro (África, en 2010).