Gasherbrum I
Tipo | montaña ![]() | |||
---|---|---|---|---|
Localización | ||||
Continente | Asia ![]() | |||
División administrativa | Prefeitura de Kashgar, República Popular da China (pt) ![]() ![]() | |||
| ||||
Cordilleira | Gasherbrum (pt) ![]() ![]() | |||
Características | ||||
Altitude | 8.080 m ![]() | |||
Prominencia topográfica | 2.155 m ![]() | |||
Illamento topográfico | 24 km ![]() | |||
Clasificación dos cumes | Oitomil ![]() | |||
Historia | ||||
Cronoloxía | ||||
5 de xullo de 1958 | primeira ascensión ![]() | |||
O Gasherbrum I é unha montaña de 8080 m de altitude que se sitúa como décimo primeira cima máis alta do planeta. O Gasherbrum I forma parte do macizo do Gasherbrum, situado na cadea do Karakorum, un xigantesco ramal do Himalaia, na fronteira entre Paquistán e a China.
Toponimia
[editar | editar a fonte]En 1856, cando se fixo o primeiro recoñecemento do Karakorum, T. G. Montgomery nomeouno K5 por ser o quinto pico de dita cordilleira. Porén, en 1892 William Martin Conway deulle o nome de Hidden Peak (Pico Oculto ou Escondido), en referencia ao seu extremado afastamento. O topónimo Gasherbrum é un orónimo en lingua balti, formado polas palabras "rgasha" (fermosa) e "brum" (montaña).
Ascensións
[editar | editar a fonte]A primeira ascensión foi realizada por unha expedición norteamericana o 5 de xullo de 1958, so a dirección de Nich Clinch. Dous membros alcanzaron a cima: Pete Schoening e Andy Kauffman.
No ano 1983 houbo tres expedicións, suíza, polaca e española, que atinxiron o cume.
O alpinista vigués Abel Alonso faleceu xunto con Xebi Gómez e Álvaro Paredes, despois de facer cumio o 21 de xullo do 2013 ao perderse nunha tormenta no descenso.[1]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ X. R. Castro (27 de xullo de 2013). "Una caída mortal acabó con la vida del alpinista Abel Alonso". La Voz de Galicia (en castelán).
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Gasherbrum I ![]() |