Carlos Vázquez González (xornalista)
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1968 ![]() Neira de Cabaleiros, España ![]() |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España ![]() |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela ![]() |
Actividade | |
Ocupación | xornalista , escritor ![]() |
Lingua | Lingua castelá ![]() |
Carlos Vázquez González, nado en Neira de Cabaleiros (Láncara) en 1968, é un xornalista e escritor galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Fixo estudos de Dereito na Universidade de Santiago de Compostela. Os seus comezos nos medios de comunicación tiveron lugar no diario El Progreso de Lugo. En 2001 pasou a colaborar con La Voz de Galicia, sendo redactor neste xornal e locutor de Radio Voz, colaborando tamén coa Cadena SER e a COPE. Traballa como xornalista e fotoxornalista freelance para as revistas ECO, Trasluz e para o xornal La Voz de Galicia.
De 2004 a 2009 organizou canda a Concellería de Cultura e Turismo do Concello de Lugo unha Demostración de Oficios Tradicionais, feito que xunto coas reportaxes etnográficas publicadas en La Voz de Galicia e na revista Trasluz lle permitiu ao autor afondar na etnografía galega.
Actualmente vive na cidade de Lugo.
Obra[editar | editar a fonte]
Narrativa[editar | editar a fonte]
- Unha de romanos, 2001, Kékeres, Vigo.