Saltar ao contido

Carlos XIV Xoán de Suecia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaCarlos XIV Xoán de Suecia

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(sv) Karl XIV. Johan
(fr) Charles XIV Jean de Suède
(fr) Jean-Baptiste Bernadotte Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(fr) Jean Bernadotte Editar o valor en Wikidata
26 de xaneiro de 1763 Editar o valor en Wikidata
Pau (Reino de Francia) Editar o valor en Wikidata
Morte8 de marzo de 1844 Editar o valor en Wikidata (81 anos)
Palácio Real de Estocolmo (Suecia) Editar o valor en Wikidata
Causa da morteictus Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaBernadotte crypt (en) Traducir, Riddarholmskyrkan 59°19′29″N 18°03′53″L / 59.3247, 18.0647 Editar o valor en Wikidata
Monarca de Noruega
5 de febreiro de 1818 – 8 de marzo de 1844
← Carlos XIII da Suécia (pt) TraducirÓscar I de Suecia →
Rei de Suecia
5 de febreiro de 1818 – 8 de marzo de 1844
← Carlos XIII da Suécia (pt) TraducirÓscar I de Suecia →
Ministro da Guerra (pt) Traducir
3 de xullo de 1799 – 14 de setembro de 1799
← Louis Marie de Milet de Mureau (pt) TraducirEdmond-Louis-Alexis Dubois-Crancé (pt) Traducir → Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
ResidenciaPalácio Real de Estocolmo (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
RelixiónLuteranismo e catolicismo Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónmonarca, político, militar, comandante Editar o valor en Wikidata
Membro de
Carreira militar
Rama militarForças Armadas Francesas (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Rango militarMarshal of the Empire (en) Traducir
xeneral de brigada
Q19918506 Traducir
Coronel
Sarxento
junior lieutenant (en) Traducir
Xeneralísimo Editar o valor en Wikidata
ConflitoGuerras napoleónicas
Guerra da Vendeia (pt) Traducir
Batalha de Fleurus (pt) Traducir
Campaigns of 1796 in the French Revolutionary Wars (en) Traducir
Segunda Coligação (pt) Traducir
Terceira Coligação (pt) Traducir
Batalha de Austerlitz (pt) Traducir
Batalla de Jena
Battle of Halle (en) Traducir
Battle of Mohrungen (en) Traducir
Batalla de Wagram
Expedição de Walcheren (pt) Traducir
Battle of Dennewitz (en) Traducir
Batalha das Nações (pt) Traducir
Campanha contra a Noruega (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Obra
Arquivos en
Familia
FamiliaCasa de Bernadotte Editar o valor en Wikidata
CónxuxeDesideria Clary (1798–) Editar o valor en Wikidata
FillosÓscar I de Suecia Editar o valor en Wikidata
PaisJean Henri Bernadotte Editar o valor en Wikidata  e Jeanne de Saint-Jean Editar o valor en Wikidata
IrmánsJean-Évangéliste Bernadotte
Karl Adolf
Lovisa Hedvig of Sweden
Carlos Augusto Editar o valor en Wikidata
Premios
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteHamburgische Biografie
Enciclopedia militar Sytin
Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Editar o valor en Wikidata
BNE: XX1201323 WikiTree: Bernadotte-10 Find a Grave: 7814605 Editar o valor en Wikidata

Carlos XIV Xoán (Karl XIV Johan), nado o 26 de xaneiro de 1763 (co nome de Jean-Baptiste Bernadotte) en Pau (na actual Francia), e finado o 8 de marzo de 1844 en Estocolmo, Suecia, foi un mariscal do Primeiro Imperio Francés, e príncipe soberano de Pontecorvo (1806-1810).

De orixe burguesa, valente e de impoñente presenza física, foi un ardente partidario dos xacobinos durante a Revolución francesa e participou como xeneral nas guerras revolucionarias francesas, sendo un valente comandante nas frontes alemá e italiana. Entrou pronto en contradición, incluso por razóns persoais, co xeneral Napoleón Bonaparte, e involucrouse en intrigas contra o primeiro cónsul, o cal, por outra parte, elevouno ao título de Mariscal de Francia en 1804.

Participou na maioría das Guerras Napoleónicas, pero foi deposto en 1809 por Napoleón e, cando aceptou converterse en príncipe da Coroa de Suecia (príncipe herdeiro), desenvolveu unha política de autónoma respecto de Francia.

En 1812 formou parte da Sexta Coalición contra Napoleón e, á cabeza das tropas suecas xogou un papel importante na campaña de Alemaña de 1813 e na batalla de Leipzig, loitando contra os seus antigos camaradas.

Desde o 5 de febreiro de 1818 até a súa morte, foi o rei de Suecia (Carlos XIV) e Noruega (Carlos III).

Xuventude e primeiros pasos da súa carreira militar

[editar | editar a fonte]

O futuro nariscal Bernadotte naceu en Pau, Francia, fillo de Henri Bernadotte (1711-1780), procurador en Pau, e de Jeanne St. Jean (1725-1809).

Jean-Baptiste-Jules Bernadotte, como tenente do 36º rexemento de liña.

Bautizado co nome de Jean-Baptiste, ao cal el mesmo engadiría posteriormente o de Jules en honor de Xulio César, nun típico xesto propio da Revolución francesa.

O nome da familia, orixinalmente Deu Pouey, cambiara polo de Bernadotte ao principio do século XVII.

Bernadotte entrou no exército francés o 3 de setembro de 1780, servindo en primeiro lugar en Córsega.

Ao estalar a Revolución francesa, as súas evidentes cualidades militares levárono a rápidos ascensos. En 1794 xa era brigadier (xeneral de brigada), asignado ao exército de Sambre e Meuse e, tras a vitoria de Jourdan en Fleurus (26 de xuño de 1794), ascendeu a xeneral de división.

Na batalla de Theiningen (1796), Bernadotte contribuíu máis que ninguén á exitosa retirada das forzas francesas sobre o Rin tras a derrota fronte ao Arquiduque Carlos de Habsburgo-Lorena (1771)-(1847).

En 1797 levou reforzos desde o Rin até o exército de Napoleón apostado en Italia, distinguíndose durante o paso do Tagliamento.

En 1798, serviu como ministro (embaixador) en Viena, onde estableceu amizado co compositor Ludwig van Beethoven,[1] aínda que houbo de abandonar o cargo debido aos disturbios causados a raíz do izado da bandeira tricolor sobre a embaixada.

Colaboración con Napoleón

[editar | editar a fonte]
Desideria Clary, esposa de Bernadotte, en 1822.

O 16 de agosto de 1798 casou con Desideria Clary (1777-1860), filla dun comerciante de sedas de Marsella, e irmá da esposa de Xosé I Bonaparte, Julia Clary.

Desde o 2 de xullo ao 14 de setembro foi ministro da guerra, responsabilidade na que demostrou grandes habilidades. Naquel tempo mantívose a pouca distancia de Napoleón e, aínda que se negou a apoialo nos preparativos do golpe de estado de novembro de 1799 (18 de Brumario), posteriormente aceptou ser empregado polo consulado e, desde abril de 1800 até o 18 de agosto de 1801, mandou o exército da Vendée.

Ao chegar o Primeiro Imperio Francés, Bernadotte foi nomeado un dos dezaoito Mariscais de Francia e,[2] desde xuño de 1804 até setembro de 1805, foi gobernador da recientemente ocupada Hannover. Durante a campaña de 1805, Bernadotte cooperou cun corpo de exército desde Hannover no gran movemento que tivo como resultado a vitoria sobre Mack na batalla de Ulm. Como recompensa polos seus servizos en Austerlitz (2 de decembro de 1805) foi nomeado príncipe de Pontecorvo (5 de xuño de 1806), pero durante a campaña contra Prusia, o mesmo ano, foi severamente reprendido por Napoleón por non participar co seu corpo de exército nas batallas de Jena e Auerstädt a pesar de encontrarse cerca.

En 1808, como gobernador dos pobos hanseáticos, dirixiu directamente a expedición contra Suecia, a través das illas danesas, aínda que o plan non tivo éxito debido á necesidade de transportes e á deserción da división española do Marqués de la Romana (xa se desencadeara a guerra en España contra Francia).

Na guerra contra Austria, Bernadotte liderou o continxente saxón na batalla de Wagram (6 de xullo de 1809). Nesta ocasión publicou unha orde do día atribuíndo a vitoria principalmente ao valor dos seus soldados saxóns, orde que Napoleón rexeitou. Durante o transcurso da batalla, o mariscal Bernadotte foi relevado do mando tras haberse rebelado contra as ordes de Napoleón.

Ruptura con Napoleón. Ofrecemento do trono sueco

[editar | editar a fonte]

Bernadotte, considerabelmente molesto, volveu a París, onde o consello de ministros encargouno da defensa dos Países Baixos contra os ingleses. En 1810, a punto de tomar posesión do cargo de gobernador de Roma e inesperadamente, foi elixido herdeiro do rei Carlos XIII de Suecia, en parte porque un gran sector do exército sueco, previndo futuras complicacións con Rusia, mostrábase favorábel á elección dun soldado como herdeiro e, en parte tamén, porque Bernadotte era moi popular en Suecia, debido á cabalerosidade coa que tratara aos prisioneiros suecos durante a última guerra con Dinamarca.

O asunto foi decidido por un dos mensaxeiros suecos, o barón Karl Otto Mörner quen, por iniciativa propia, ofreceu a sucesión da coroa sueca a Bernadotte. Bernadotte comunicou a oferta de Mörner a Napoleón, o cal tratou todo o asunto como un absurdo. Bernadotte informou a Mörner que non rexeitaría o honor de ser el o elixido. A pesar de que o goberno sueco, sorprendido pola descarada actuación de Mörner, arrestouno ao volver a Suecia, a candidatura de Bernadotte foi gañando seguidores de forma gradual e, o 21 de agosto de 1810, foi elixido Príncipe da Coroa (príncipe herdeiro).

Príncipe da Coroa e rexente

[editar | editar a fonte]
Como Príncipe Herdeiro.

O 2 de novembro de 1810, Bernadotte fixo a súa entrada solemne en Estocolmo e, o 5 de novembro recibiu a homenaxe dos estados suecos, sendo adoptado polo rei Carlos XIII baixo o nome de Carlos Xoán. O novo príncipe coroado foi pronto moi popular, e converteuse no home máis poderoso de Suecia.

A enfermidade do vello rei e as disensións no senado sueco puxeron o goberno, e especialmente o control dos asuntos exteriores, completamente nas súas mans. A tónica do conxunto da súa política foi a adquisición de Noruega, e Bernadotte puido mostrarse como calquera cousa menos como un satélite de Francia.

En 1813 aliou Suecia con Gran Bretaña e Prusia, os inimigos de Napoleón na Sexta Coalición, para reafirmar este feito. Tras as derrotas de Lützen (2 de maio de 1813) e Bautzen (21 de maio de 1813), foi o mesmo príncipe da coroa quen achegou frescura aos aliados e, na conferencia de Trachenberg trazou os plans xerais da campaña que comezaría ao expirar a tregua de Plaswitz.

Carlos Xoán, como comandante en xefe do exército do Norte, defendeu con éxito os achegamentos a Berlín contra Oudinot en agosto e de novo contra Ney en setembro. Pero, tras a batalla de Leipzig, tomou o seu propio camiño, determinado a toda costa en destruír Dinamarca e asegurar Noruega.

Rei de Suecia e de Noruega

[editar | editar a fonte]
Estatua de Carlos XIV Xoán en Estocolmo.

Como rei unionista, Carlos XIV Xoán, que accedeu a este título o 5 de febreiro de 1818 tras a morte de Carlos XIII, foi popular en ambos os países. Aínda que os seus puntos de vista ultraconservadores eran xeralmente detestados, e se lles presentou oposición tanto como foi posíbel, a súa dinastía nunca estivo en serio perigo, e tanto suecos como noruegueses estaban orgullosos do seu monarca e da boa reputación de que este gozaba en Europa. Era certo que o Ståndsriksdagen (órgano que funcionaba como parlamento en Suecia) meditou en 1840 a convenencia de pedir a súa abdicación, pero pasada esta breve tormenta política, o xubileu do seu 80º aniversario foi celebrado con grande entusiasmo en 1843.

O seu reinado viu a terminación do Canal Göta do Sur, iniciado 22 anos antes para unir o lago Vänern co mar Báltico en Söderköping, a case 290 km ao leste. Aínda que Carlos XIV Xoán converteuse ao luteranismo da corte sueca cando foi adoptado, nunca aprendeu a falar sueco nin noruegués. Isto non era en si mesmo un serio obstáculo nin para o rei nin para a corte. A corte non tiña problemas, xa que o francés era por entón o idioma favorito da aristocracia, e incluso hoxe é amplamente utilizado nas relacións diplomáticas.

Morte e sucesión

[editar | editar a fonte]

Bernadotte morreu en Estocolmo o 8 de marzo de 1844. A maior parte do seu reinado foi un longo período de paz ininterrompida, e de desenvilvemento material en ambos os reinos durante a primeira metade do século XIX, debido principalmente á súa enerxía e previsión. Carlos XIV Xoán foi sucedido polo seu único fillo Óscar (Óscar I de Suecia e Noruega)

Tras a súa morte encontrouse un curioso tatuaxe gravado no seu corpo que docía: «Mort aux rois» (Morte aos reis), tatuaxe presumibelmente realizado durante a Revolución francesa.

A familia real en 1837, por Fredric Westin.
De esquerda a dereita: príncipe Óscar, Duque de Gotlandia Oriental; raíña Desideria; princesa herdeira Xosefina; príncipe Augusto, Duque de Dalarna; princesa Euxenia; príncipe herdeiro Óscar; príncipe Carlos, Duque de Escania; o rei Carlos Xoán e o príncipe Gustavo, Duque de Uppland.
Detrás, un busto do rei Carlos XIII.
Descendencia
Imaxe Nome Nacemento Morte Casamento Fillos
Óscar I
(Xosé Francisco Óscar Bernadotte)
4 de xullo de 1799 8 de xullo de 1859 Xosefina de Leuchtenberg
19 de xullo de 1823
Carlos XV
Gustavo, Duque de Uppland
Óscar II
Euxenia
Augusto, Duque de Dalarna

Antepasados

[editar | editar a fonte]
  1. Vogel-Rödin, Gösta (1991): Bernadotter i politik och kulturliv. Lidköping: Läckö institutet. ISBN 91-971685-0-5. Libris 7794977.
  2. David G. Chandler (a cura di) (1988): I marescialli di Napoleone. Milano: Rizzoli. ISBN 88-17-33251-8, p. 101.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Gallo, Max (2002): Napoléon. París: Edition Robert Laffont. ISBN 2-221-09796-3.
  • Tulard, J.; J. F. Fayard & A. Fierro (1998): Histoire e Dictionaire de la Revolution française. París: Éditions Robert Laffont. ISBN 2-221-08850-6.

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]
Carlos XIV Xoán
Casa de Bernadotte
26 de xaneiro de 17638 de marzo de 1844
Novo título
Príncipe de Pontecorvo
5 de xuño de 180621 de agosto de 1810
Sucedido por
Luciano Murat
Precedido por
Carlos Augusto

Príncipe Herdeiro de Suecia
5 de novembro de 18105 de febreiro de 1818
Sucedido por Óscar I
Precedido por
Frederico VI

Príncipe Herdeiro de Noruega
4 de novembro de 18145 de febreiro de 1818
Sucedido por Óscar I
Precedido por
Carlos XIII de Suecia

Rei de Suecia e de Noruega
5 de febreiro de 18188 de marzo de 1844
Sucedido por Óscar I