Liga Hanseática
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde setembro de 2015.) |
Epónimo | comboio naval (pt) | |||
---|---|---|---|---|
Localización | ||||
Capital | Lübeck | |||
Poboación | ||||
Lingua oficial | Middle Low German (en) | |||
Datos históricos | ||||
Creación | 1358 | |||
Disolución | 1862 | |||
A Liga Hanseática ou Hansa xermánica foi un dos fenómenos comerciais máis importantes da historia de Europa. Era unha alianza de cidades libres que comerciaban entre si principalmente no mar Báltico pero tamén no mar do Norte. A capital da Hansa estaba en Lübeck, Alemaña.
Ascensión
[editar | editar a fonte]Creouse a mediados do século XIII como unha alianza entre Hamburgo e Lübeck, para protexer os seus intereses comerciais e compartir o control das rutas comerciais. Esta primitiva Hansa firmou, en 1252, uns acordos con Flandres, coa cidade de Bruxas, a maior deste país, e entraba a formar parte da unión de Hamburgo e Bremen.
Outras cidades, Rostock e Wismar tamén concluíron unha alianza con Lübeck en 1259, co obxecto de executaren accións comúns contra os bandidos e os piratas. Máis tarde, os mercadores de Lübeck e Hamburgo estableceron organizacións mercantís en Londres, cidade na que os mercadores da cidade de Colonia, os cales tamén tiña un gran peso comercial, gozaran dun réxime de monopolio.
Bremen e Danzig afiliáronse á asociación Lübeck-Hamburgo e foron seguidas por varias ligas, unha das cales agrupaba cidades de Westfalia, a zona do Rin e os Países Baixos, e outra constituíana cidades prusianas, lituanas e estonianas. A federación, denominada Hansa en 1343, pronto incluíu arredor de 90 cidades.
En 1362, a liga declara a guerra a Dinamarca en resposta pola ocupación de Visby, na illa de Gotland. Dinamarca foi forzada en 1370 a pagar indemnizacións e ceder territorios, o cal incrementou o poder da Liga.
Actividades da Liga
[editar | editar a fonte]No século seguinte a Liga creou novos centros mercantís e de civilización na Europa do norte, desenvolveu a agricultura, as técnicas industriais e construíronse canles e estradas. A Liga era gobernada democraticamente por unha Dieta (a Hansetag), formada por delegados das cidades membros, pero o que non logrou crear foi un goberno centralizado, o que contribuíu ó colapso posterior de Liga.
A frota mercante da Liga Hanseática estaba formada por uns barcos chamados cocas hanseáticas (ou cocas, simplemente). Estes robustos barcos podían transportar unha gran cantidade de mercancías e eran moi manobrables.
A caída
[editar | editar a fonte]A desintegración, iniciada a finais do século XV, acelerouse pola consolidación de Estados soberanos en Europa, o descubrimento de América e o desenvolvemento do poderío marítimo holandés e inglés. A confrontación entre a Liga e Inglaterra ocasionou a captura de 61 navíos hanseáticos por este país en 1589. A guerra dos Trinta Anos (que estalou en 1618), foi outro revés da organización.
Cara 1630 só Lübeck, Bremen e Hamburgo seguían integrando a Liga. Esta unión sobreviviu 39 anos, durante os cales as tres cidades conservaron unha independencia política nominal e a denominación de cidades hanseáticas.
Moito despois, co ascenso de Hitler ó poder en Alemaña, os privilexios destas tres cidades foron revogados en 1934.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Liga Hanseática |