Saltar ao contido

Wismar

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaWismar
Hansestadt Wismar (de) Editar o valor en Wikidata
Vista aérea
Imaxe

Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 53°53′33″N 11°27′54″L / 53.8925, 11.465
EstadoAlemaña
Estado federadoMecklemburgo-Antepomerania
Distrito ruralMecklemburgo Noroccidental Editar o valor en Wikidata
Capital de
Poboación
Poboación43.878 (2022) Editar o valor en Wikidata (1.051,73 hab./km²)
Xeografía
Superficie41,72 km² Editar o valor en Wikidata
Altitude17 m Editar o valor en Wikidata
Creaciónséculo XIII Editar o valor en Wikidata
Organización política
• Xefe do gobernoThomas Beyer (Politiker, 1960) (pt) Traducir (2010–) Editar o valor en Wikidata
Membro de
Identificador descritivo
Código postal23966, 23970 e 23952 Editar o valor en Wikidata
Prefixo telefónico03841 Editar o valor en Wikidata
Código NUTSDE806 Editar o valor en Wikidata
Número de municipio alemán13074087 Editar o valor en Wikidata
Outro
Irmandado con
Kemi (1959–)
Aalborg (1961–)
Calais (1966–)
Lübeck (1987–)
concello de Kalmar (2002–)
Pogradec (pt) Traducir (2019–) Editar o valor en Wikidata

Páxina webwismar.de Editar o valor en Wikidata

A cidade hanseática de Wismar é a cidade capital do distrito de Mecklemburgo Noroccidental, no estado federado de Mecklemburgo- Pomerania Occidental, Alemaña. Está situada a beiras do mar Báltico na baía de Wismar, que goza da protección da illa de Poel. Conta cunha poboación de 44 484 persoas.[1]

O centro histórico da cidade foi declarado Patrimonio da Humanidade pola Unesco no ano 2002 xunto co centro histórico de Stralsund, destacando os edificios de ladrillo en estilo gótico báltico de ambas as cidades.[2]

Orixe do nome

[editar | editar a fonte]

A orixe exacta do nome da cidade de Wismar segue sendo descoñecido. Menciónase como unha posibilidade, de que provén da derivación do nome eslavo do terratenente do territorio, que foi coñecido primeiramente como lugar de Vysě mêr. A partir de 1229 o nome do asentamento foi cambiando de Wyssemaria, a Wissemaria e finalmente, a partir de 1246, a Wismeria.[3]

O nome Wizmar é mencionado na Saga Kný tlinga que foi escrita en 1260 en Islandia. Nela menciónase que o rei Svend III de Dinamarca fixera terra en Wizmar Havn (Baía de Wizmar) en 1147. Este evento é, con todo, probablemente apócrifo.

Economía e turismo

[editar | editar a fonte]

A economía de Wismar foi impactada de forma desfavorable pola reunificación alemá en 1990. Cunha taxa de desemprego de 13.9 %,​ ten unha taxa de desemprego maior á media do estado de Mecklemburgo- Pomerania Occidental e moito maior á de Alemaña en xeral. A industria naval e a da madeira son as máis importantes. O maior empregador de Wismar é o estaleiro naval Nordic Yards con máis de 600 empregados.

O desenvolvemento positivo da industria turística continuou no ano 2012, cando se estableceu un novo récord de visitantes. Este crecemento atribúese en parte ao nomeamento da cidade como Patrimonio da Humanidade, pero tamén grazas á popularidade en Alemaña da serie de televisión policíaca SOKO Wismar. Hai un total de 1624 camas de hotel na cidade.

  1. Hansenstadt Wismar (31 de decembro de 2012). "Hansenstadt Wismar Statistik" (en alemán). Arquivado dende o orixinal o 31 de xullo de 2013. Consultado o 27 de xullo de 2013. 
  2. UNESCO (29 de xuño de 2002). "Historic centers of Stralsund and Wismar". Consultado o 27 de xullo de 2013. 
  3. Kühnel, Paul (1881). Verein für Mecklenburgische Geschichte und Altertumskunde, ed. Die Slavische Ortsnamen in Mecklenburg. Jahrbücher des Vereins für Mecklenburgische Geschichte und Altertumskunde. p. 159.