Concello de Kalmar
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Suecia | ||||
Condado | condado de Kalmar ![]() | ||||
Capital | Kalmar ![]() | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 72.714 (2024) ![]() | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 1.250,98 km² ![]() | ||||
Altitude | 8 m ![]() | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Datos históricos | |||||
Precedido por | |||||
Creación | 1 de xaneiro de 1971: (Reforma municipal sueca de 1971) ![]() | ||||
Organización política | |||||
• Chairman of the municipal board in Kalmar Municipality, Sweden (en) ![]() ![]() | Johan Persson (en) ![]() ![]() | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 390 02–398 09 ![]() | ||||
Fuso horario | |||||
Prefixo telefónico | 480 ![]() | ||||
Outro | |||||
Irmandado con | Samsun Silkeborg (pt) ![]() Arendal (1948–) Savonlinna (1948–) Wilmington (1963–) Árborg (pt) ![]() Gdańsk (1991–) Panevėžys (1992–) Kaliningrado (2000–) Wismar (2002–) Entebbe (pt) ![]() ![]() | ||||
Sitio web | kalmar.se ![]() | ||||
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Kalmar é un municipio sueco (kommun) do condado de Kalmar.[1] A súa capital é a cidade de Kalmar, que tamén é a capital do condado. No ano 2022 o concello tiña unha poboación de 71 556 habitantes.[2]
Ao longo da costa hai un leito rochoso de arenito, pero no interior convértese en granito. A área está dominada por terras forestais, pero o municipio tamén ten unha proporción moi grande de terras agrícolas. A principios dadécada de 2020 a economía local estaba dominada pola industria de servizos, onde traballaba un 66% da poboación.
Dende a fundación do concello en 1971 a tendencia de poboación vén sendo positiva.
Administración histórica
[editar | editar a fonte]A área do concello correspóndese coa das parroquias de Arby, Dörby, Förlösa, Hagby, Halltorp, Hossmo, Kalmar, Karlslunda, Kläckeberga, Ljungby, Mortorp, Ryssby, Voxtorp, e Åby. Nelas fundáronse concellos rurais co mesmo nome durante a reforma municipal de 1862. Na zona atopábase tamén a cidade de Kalmar que no ano 1863 fundou unha cidade municipal (stadskommun). No ano 1925o concello rural de Kalmar incorporouse á cidade de Kalmar.
Coa reforma municipal de 1952 fundáronse ao redor da cidade seis grandes concellos: Dörby (a partir dos municipios de Dörby, Hossmo e Kläckeberga), Ljungbyholm (de Ljungby e Sankt Sigfrid), Läckeby (de Förlösa e Åby), Mortorp (de Karlslunda, Mortorp e Oskar), Ryssby (de Ryssby), e Södermöre (de Arby, Hagby, Halltorp e Voxtorp). A cidade de Kalmar permaneceu sen cambios, pero no ano 1965 o concello rural de Dörby integrouse nela.
En 1969 partes dos concellos rurais de Mortorp e Ljungbyholm (Oskar e Sankt Sigfrid) integráronse na cidade de Nybro.
O concello de Kalmar naceu coa reforma municipal de 1971 a partir da cidade de Kalmar e dos cinco municipios rurais de Ljungbyholm, Läckeby, Mortorp, Ryssby e Södermöre.[3]
O concello pertence ao partido xudicial de Kalmar dende a súa fundación.[4]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Län och kommuner i kodnummerordning". web.archive.org. 2017-05-05. Archived from the original on 05 de maio de 2017. Consultado o 2022-09-13.
- ↑ "Folkmängd i riket, län och kommuner 30 juni 2022 och befolkningsförändringar 1 januari - 30 juni 2022". Statistiska Centralbyrån (en sueco). Consultado o 2022-09-13.
- ↑ Andersson, Per (1993). Sveriges kommunindelning 1863-1993. Mjölby: Bokförlaget Draking. ISBN 91-87784-05-X. OCLC 33359784.
- ↑ "Kalmar tingsrätt". bebyggelseregistret.raa.se. Consultado o 7 de outubro de 2022.