Saltar ao contido

Carme Sansa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaCarme Sansa

(2006) Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(ca) Carme Sansa i Albert Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento22 de febreiro de 1943 Editar o valor en Wikidata (81 anos)
Barcelona, España Editar o valor en Wikidata
EducaciónEscola d'Art Dramàtic Adrià Gual (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónactriz Editar o valor en Wikidata
Participou en
28 de marzo de 2022Defensem l’escola en català Editar o valor en Wikidata
Premios

IMDB: nm0763021 BNE: XX851885 Editar o valor en Wikidata


Carme Sansa i Albert, nada en Barcelona o 22 de febreiro de 1943, é unha actriz catalá de teatro e televisión.[1]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Sansa foi inicialmente, ademais de alumna, profesora da escola Isabel de Villena, dirixida por Carme Serrallonga i Calafell e continuadora na posguerra da tradición pedagóxica do mítico Instituto-Escola da Generalitat do período republicano. A influencia dese centro foi determinante na súa evolución e tamén no seu gusto polo teatro, que pronto se converteu, tras o seu ingreso en 1963 na Escola Superior de Arte Dramática Adrià Gual, nunha dedicación plena. Desde entón viviu con intensidade a aventura escénica.[2]

Desde 1966 no local barcelonés Cova del Drac, a súa participación en espectáculos literarios de cabaré, actuando xunto a Pep Torrents, o seu compañeiro sentimental durante anos, convertérona en alicerce dun xénero en gran parte xa desaparecido. Entre as moitas obras que interpretou figuran textos de Bertolt Brecht, William Shakespeare, Salvador Espriu, Ramón María del Valle-Inclán, Marguerite Duras e Samuel Beckett.

Ao mesmo tempo, Sansa destaca como activista social, liderando movementos de esquerdas contra os conflitos armados de Iugoslavia[3] e Iraq,[4] e en defensa dos dereitos da muller e da lingua catalá.[5] Durante o Procés manifestouse a favor da independencia de Cataluña en varios actos.[6][7]

Premios e distincións

[editar | editar a fonte]

Sansa gañou o Premio Sebastià Gasch en 1978 pola súa dedicación ao Music Hall catalán, así como o Premio da Crítica Teatral de Barcelona en dúas ocasións (1994 e 1996).[1] En 1991 foi galardoada co Premio Margarida Xirgu por Un dia qualsevol.[8] En 1997 recibiu o Premio Butaca á mellor actriz de teatro polo seu papel na obra Company.[9] En 2004 foille concedida a Cruz de Sant Jordi e en 2012 o Premio Nacional de Teatro[10] concedido pola Generalitat de Cataluña.[11]

Televisión

[editar | editar a fonte]
  • Doctor Caparrós, medicina general (1979), serie de humor de RTVE Catalunya
  • Amor meu (1981), serie de humor de RTVE Catalunya.
  1. 1,0 1,1 "Carme Sansa i Albert". enciclopedia.cat (en catalán). 
  2. Gracià, Oriol (xuño 2011). Sàpiens (en catalán) (Barcelona) (104): 5. ISSN 1695-2014.  Falta o |title= (Axuda)
  3. "Manifestación en favor de la paz en los Balcanes". El País (en castelán) (Barcelona). 31 de maio de 1999. Consultado o 7 de novembro de 2024. 
  4. "Barcelona se echó a la calle para frenar la intervención militar en Irak". ABC (en castelán) (Barcelona). 16 de febreiro de 2003. Consultado o 7 de novembro de 2024. 
  5. "Carme Sansa". Consell Nacional de la Cultura i de les Arts - CoNCA (en catalán). 
  6. Gusi, Tona (6 de novembro de 2014). "Feministes per La Independència: Dones lliures en un país lliure". La Independent (en catalán). Consultado o 7 de novembro de 2024. 
  7. "Independentistes d'Esquerra advoca per un front independentista «transversal»". dBalears (en catalán). 22 de febreiro de 2020. Consultado o 7 de novembro de 2024. 
  8. "Margarida Xirgu" (en catalán). 
  9. "Actriu 1995". Premis Butaca (en catalán). 
  10. Serra, Laura (26 de outubro de 2012). "Mas: "El catalanisme, a diferència d'altres moviments nacionals, no és agressiu perquè es basa en la cultura"". Ara (en catalán). Consultado o 8 de novembro de 2024. 
  11. "Premis Nacionals de Cultura 2012". Consell Nacional de la Cultura i de les Arts - CoNCA (en catalán).