Carmela García-Moreno
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1946 (78/79 anos) España |
Deputada de España | |
10 de novembro de 1982 – 23 de abril de 1986 Lexislatura: II lexislatura de España Circunscrición electoral: Murcia Electa en: Eleccións Xerais 1982 en España | |
Deputada de España | |
20 de marzo de 1979 – 31 de agosto de 1982 Lexislatura: I lexislatura de España Circunscrición electoral: Circunscrición electoral de Madrid Electa en: Eleccións Xerais 1979 en España | |
Senadora de España | |
Actividade | |
Lugar de traballo | Madrid |
Ocupación | política, socióloga |
Partido político | Partido Popular Partido de Acción Democrática Unión de Centro Democrático Partido Socialista Obrero Español |
Carmela García-Moreno Teixeira, nada en 1946, é unha política e socióloga española.[1][2]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Licenciada en Ciencias Políticas e Socioloxía, foi membro do Partido Popular, a formación política fundada en 1976 por Pío Cabanillas e José María de Areilza, e que se integrou na Unión de Centro Democrático (UCD).[1] Foi membro do Comité executivo da UCD e resultou elixida deputada no Congreso nas eleccións xerais de 1979 pola circunscrición de Madrid. Durante o goberno de Adolfo Suárez, foi nomeada Directora xeral de Xuventude e de Promoción Sociocultural, con Íñigo Cavero como ministro,[1][3] cargo do que cesou en novembro de 1981 tras abandonar o grupo centrista e pasar ao grupo mixto.[4] Durante o período de crise da UCD entre 1981 e 1982, incorporouse ao Partido de Acción Democrática (PAD) liderado por Francisco Fernández Ordóñez. Cando esta formación política se integrou no Partido Socialista Obrero Español (PSOE), apoiou a integración aínda que remarcou que se consideraba socialdemócrata e non socialista.[3] Renovou escano nas filas do PSOE nas eleccións xerais de 1982 pola circunscrición de Murcia,[2] e na seguinte lexislatura foi elixida senadora.[5] Foi vicedecana do Colexio Nacional de Doutores e Licenciados en Ciencias Políticas e Socioloxía.[6]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 "Entrevista a Carmela García-Moreno". Diario ABC: 146. 20 de abril de 1980. Consultado o 19 de agosto de 1981.
- ↑ 2,0 2,1 Congreso dos Deputados (ed.). "Ficha de García-Moreno Teixeira, Carmela". Consultado o 19 de agosto de 2013.
- ↑ 3,0 3,1 "Carmela García Moreno, la que fue promesa femenina del centro". El País. 29 de xaneiro de 1983. Consultado o 19 de agosto de 2013.
- ↑ "Cese de Carmela García-Moreno". El País. 17 de novembro de 1981. Consultado o 19 de agosto de 2013.
- ↑ Senado de España (ed.). "Ficha de la Senadora García-Moreno Teixeira, Carmela". Consultado o 19 de agosto de 2013.
- ↑ Biblioteca Nacional de España, ed. (13 de xuño de 2013). "Mesas redondas sobre La Transición en tinta china" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 26 de xullo de 2014. Consultado o 19 de agosto de 2013.