Carmen Parga
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 29 de abril de 1914 A Coruña, España |
Morte | 10 de abril de 2004 (89 anos) Cidade de México |
Actividade | |
Ocupación | mestra |
Familia | |
Cónxuxe | Manuel Tagüeña |
Pai | Antonio Parga Sánchez |
Carmen Parga Parada, nada na Coruña o 29 de abril de 1914 e finada en Cidade de México o 10 de abril de 2004 foi unha profesora e activista republicana exiliada en México.[1][2]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Filla de Antonio Parga Sánchez, naceu na Coruña e criouse nunha familia de militantes socialistas.[3] Fixo o bacharelato en Ferrol e, con 20 anos, trasladouse a Madrid para estudar Filosofía e Letras. Tamén iniciou neses anos a súa actividade política militando en agrupacións estudantís de esquerda como a FUE o BEOR (Bloque Estudantil de Oposición Revolucionaria, dirixido polas xuventudes comunistas). O golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 impediu que chegara a titularse.[2]
Casou en 1936 con Manuel Tagüeña, un físico que se converteu en tenente coronel do XV Corpo do Exército do Ebro.[a]
En febreiro de 1939 abandonaron España escapando a través dos Pireneos, e na primavera, Carmen e Manuel, que conseguiron saír do cepo francés dos campos de refuxiados republicanos, chegaron a Leningrado nun cargueiro a través do golfo de Finlandia.[2] Instaláronse en Moscova, cidade na que naceron as súas dúas fillas e quedou enterrado o seu pai. A invasión alemá durante a segunda guerra mundial fixo que tivera que desprazarse á rexión de Pensa, gañándose a vida como tecedora e costureira.[1]
En 1945 trasladouse coas súas fillas a Iugoslavia, pois o seu marido foi destacado alí como "técnico militar", e tres anos despois, en 1948, mudáronse a Checoslovaquia.[2]
Finalmente, logo da morte de Stalin en 1953, trasladáronse a México. Chegaron á súa capital «tras penosos avatares», o 12 de outubro de 1955. O seu marido morreu nese país en 1971. En México Carmen traballou como profesora nos colexios "Madrid" e "Luis Vives" da capital mexicana. Tamén coordinou as actividades dos talleres artísticos do Molino de Santo Domingo, e foi presidenta da agrupación do PSOE na Cidade de México. En 1996 publicou o seu libro de memorias titulado Antes que sea tarde.[4] Morreu aos 89 anos na súa casa de Cidade de México.[b]
Notas
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Bados Ciria, Concepción (26 de abril de 2007). "Carmen Parga". Centro Virtual Cervantes (en español). Consultado o 9 de agosto de 2017.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 Muñoz Molina, Antonio (22 de decembro de 2015). "Recuerdos de Carmen Parga". Babelia (Diario El País). Consultado o 9 de agosto de 2017.
- ↑ coruña, a (2016-10-23). "Carmen Parga, 'chica de Barranca'". La Opinión de A Coruña (en castelán). Consultado o 2021-01-05.
- ↑ Fernández Pineda, C. (25 de abril de 2004). "Necrológica (Carmen Parga, socialista exiliada)". Diario El País (en español). Consultado o 9 de agosto de 2017.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Tagüeña Lacorte, Manuel (2005). Testimonio de dos guerras. Barcelona: Planeta.
- Parga, Carmen (2002). Antes que sea tarde. Madrid: Compañía Literaria. ISBN 9788482130439.
- Marco, Aurora (2007). Dicionario de Mulleres Galegas. Edicións A Nosa Terra. p. 327-329. ISBN 978-84-8341-146-9.