Carriza eurasiática
Carriza eurasiática Troglodytes troglodytes | |||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Carrizo en Alemaña
| |||||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||||
Pouco preocupante[1] | |||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||
'Troglodytes troglodytes' (Linnaeus, 1758) | |||||||||||||||||
Amarelo claro: Verán
Amarelo escuro: Residente Laranxa: Inverno | |||||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||||
Nannus troglodytes |
A carriza eurasiática[2], comunmente carriza ou carrizo[3], (Troglodytes troglodytes) é un paxaro de aspecto arredondado e moi pequeno (o terceiro máis pequeno dos que viven en Europa). Esta especie é o único representante en Eurasia da familia dos trogloditas (Troglodytidae). Son aves insectívoras que cantan mesmo no inverno e fan niños moi traballados.
Descrición
[editar | editar a fonte] Teño andado moito á caza, —Popular[4]
|
Como tódolos representantes do xénero Troglodytes, é un paxaro de feitura arredondada, que adoita leva-la cola erguida. As carrizas teñen un bico afiado e lixeiramente curvo, castaño escuro na parte superior e amarelo na inferior. Na xunta do bico teñen plumas a xeito de peliños. Os ollos teñen o iris de cor acastañada. A plumaxe é arroibada na parte superior do corpo e máis da cor do ante por embaixo. Teñen unha lista superciliar de cor crema, pouco definida, que acaba na zona dos oídos, que é escura. Sobre da cola, as ás e os flancos teñen debuxos de liñas ondeantes de cor castaña escura. A cor dos pés varía entre a da carne e o acastañado. Non amosan dimorfismo sexual, por ben que as ás dos machos adoitan ser algo máis longas cás das femias.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ BirdLife International (2012). "Troglodytes troglodytes". Lista Vermella de especies ameazadas. Versión 2012.1 (en inglés). Unión Internacional para a Conservación da Natureza. Consultado o 16 July 2012.
- ↑ "Denominación das aves". Real Academia Galega. Consultado o 2024-12-05.
- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para Carrizo.
- ↑ Penas Patiño, Xosé M.; Pedreira López, Carlos (1980). Guía das aves de Galicia. Ficha do carrizo. Ilustrado por Calros Silvar. Vigo: Editorial Galaxia. p. 31. ISBN 84-7154-379-6.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Commons ten máis contidos multimedia sobre: Carriza |