Saltar ao contido

Troglodítidos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Troglodytidae»)
Troglodytidae

Campylorhynchus brunneicapillus
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Aves
Orde: Passeriformes
Familia: Troglodytidae
Swainson, 1832
Xéneros

Véxase o texto

Os troglodítidos (Troglodytidae) son unha ampla familia de aves insectívoras moi numerosa que comprende aproximadamente 80 especies en 19 xéneros. Está distribuída por todo o mundo, pero cun maior número de especies nas Américas, de onde é orixinaria a familia. En Galicia vive a especie Troglodytes troglodytes, o carrizo.

Características

[editar | editar a fonte]

A maioría son aves insectívoras, que se alimentan de larvas,eirugas, arañas... pero algunhas especies comen tamén froitos, bagas, moluscos etc.

Thryothorus nigricapillus en Costa Rica.

Aínda que no inverno poden comersementes se falta o alimento, teñen o típico pico fino e puntiagudo das aves insectívoras, que lles permite a caza en voo dos insectos que inxeren. Entre as súas especies están os paxaros máis pequenos de envergadura. Adoitan ser de plumaxe gris, marrón ou avermellado mesturados, como moito, con parches negros ou brancos. Os verdes, amarelos ou azuis están completamente ausentes dentro deste grupo de aves. Son tamén aves con ton apagado e pouco rechamante, para mellorar o seu camuflaxe.

Morfoloxía e hábitat

[editar | editar a fonte]

Na familia existen grupos con grandes diferenzas de costumes e morfoloxía. Habitan mesmo enillas remotas e nas partes extremas de rexións árticas, hai especies adaptadas ao clima de alta montaña. Varias especies son divagantes cubrindo grandes distancias desde a súa área de alimentación á súa área de cría.[1]

Xéneros e especies

[editar | editar a fonte]
Cistothorus palustris no Canadá.
Campylorhynchus brunneicapillus en Arizona.
Thryomanes bewickii.
Troglodytes musculus.

Esta familia agrupa a 19 xéneros e aproximadamente 80 especies, das cales Troglodytes troglodytes é a única non oriúnda de América. Estes son os xéneros e especies que conforman esta familia de acordo cos estudos xenéticos e filoxenéticos e segundo a orde da clasificación do Congreso Ornitolóxico Internacional (IOC - Versión 4.4, 2014) e de Clements Checklist:[2][3]

Xénero Campylorhynchus
Xénero Odontorchilus
Xénero Salpinctes
Xénero Catherpes
Xénero Hylorchilus
Xénero Cinnycerthia
Xénero Cistothorus
Xénero Thryomanes
Xénero Ferminia
Xénero Pheugopedius
Xénero Thryophilus
Xénero Cantorchilus
Xénero Thryothorus
Xénero Troglodytes
Xénero Thryorchilus
Xénero Uropsila
Xénero Henicorhina
Xénero Microcerculus
Xénero Cyphorhinus
  1. Mann, Nigel I.; Barker, F. Keith; Graves, Jeff A.; Dingess-Mann, Kimberly A. & Slater, Peter J. B. (2006) Molecular data delineate four genera of "Thryothorus" wrens Arquivado 02 de decembro de 2007 en Wayback Machine.; Molecular Phylogenetics and Evolution 40: 750–759.
  2. Martínez Gómez, Juan E.; Barber, Bruian R. & Peterson, A. Townsend (2005) Phylogenetic position and generic placement of the Socorro Wren (Thryomanes sissonii); Auk 122(1): 50–56.
  3. Clements, J. F., T. S. Schulenberg, M. J. Iliff, B.L. Sullivan, C. L. Wood, and D. Roberson. 2014.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]