Saltar ao contido

Muscicápidos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Muscicápidos
Muscicapidae

Melaenornis fischeri
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Clase: Aves
Orde: Passeriformes
Suborde: Passeri
Infraorde: Passerida
Superfamilia: Muscicapoidea
Familia: Muscicapidae
Fleming, 1822
Xéneros
Ver o texto

Os muscicápidos (Muscicapidae) son unha gran familia de pequenos paxaros principalmente restrinxidos ao Vello Mundo (Europa, África e Asia).

Son principalmente insectívoros arbóreos, e moitos deles capturan as súas presas ao voo.

A familia comprende 50 xéneros, con 322 especies.[1]

Pertencen a esta familia paxaros como o paporroibo, o reiseñor, os papamoscas, o papoazul, o rabirrubio, o pedreiro, o chasco e outros.

Características

[editar | editar a fonte]

O aspecto destes paxaros é moi variado, mais a maioría teñen un canto feble e chamadas ásperas. Son paxaros de tamaño pequeno a medio, que van dos 9 aos 22 cm de lonxitude.[2] Moitas especies son dunha cor parda apagada, pero a plumaxe dalgunhas pode ser máis brillante, especialmente nos machos.[3] A maioría teñen peteiros aplanados e anchos axeitados para capturar insectos, aínda que as poucas especies que se alimentan no chan teñen peteiros máis finos.[4]

Os muscicápidos viven en case todos os ambientes que teñen unha abundancia suficiente de árbores, desde bosques a zonas arbustivas abertas, e mesmo en bosques de montaña dos Himalaias. As especies máis septentrionais migran ao sur en inverno, asegurándose así unha dieta continua de insectos.[4]

Dependendo da especie, os niños poden ser copas ben construídas situadas nas árbores ou repisas de cantís, ou simplemente ocos preexistentes nas árbores que forran con material brando. As especies que aniñan en buratos adoitan poñen moitos ovos, como media oito, en vez dos 2 a 5 doutras especies.[4]

Taxonomía

[editar | editar a fonte]

Descrición

[editar | editar a fonte]

O nome Muscicapidae desta familia foi introducido en 1822 polo naturalista escocés John Fleming, que foi o autor que a describiu.[5][6]

Etimoloxía

[editar | editar a fonte]

A raíz da palabra xa fora antes usada para o xénero Muscicapa polo zoólogo francés Mathurin Jacques Brisson en 1760.[7]

Muscicapa procede do latín musca, que significa 'mosca' e capere, 'capturar'.[8]

Clasificación

[editar | editar a fonte]

En 1910 o ornitólogo alemán Ernst Hartert consideraba imposible distinguir entre tres familias moi parecidas entre as que estaba esta, que eran: Muscicapidae, Sylviidae e Turdidae, polo que as tratou como subfamilias dunha familia ampliada de insectívoros que tamén incluía aos Timaliidae e Monarchidae.[9][10] Corenta anos despois os ornitólogos norteamericanos Ernst Mayr e Dean Amadon adoptaron un esquema similar nun artigo publicado en 1951. A súa familia ampliada dos Muscicapidae, que denominaron os "comedores de insectos primitivos" contiña 1460 especies divididas en oito subfamilias.[11] O uso do grupo ampliado foi apoiado por un comité establecido despois do 11º Congreso Ornitolóxico Internacional celebrado en Basilea en 1954.[12] Os estudos posteriores de hibridación ADN-ADN feitos por Charles Sibley e outros mostraron que as subfamilias non estaban relacionadas entre si. Como resultado este gran grupo foi dividido en varias familias separadas,[13] aínda que durante un tempo a maioría das autoridades seguiron mantendo os Turdidae dentro dos Muscicapidae.[14][15] En 1998 a Unión de Ornitólogos Americana decidiu tratar os tordos como unha familia separada na sétima edición da súa Check-list of North American birds e posteriormente moitos autores seguiron o seu exemplo.[1][16]

A familia incluía antes poucas especies. No momento da publicación da terceira edición da Howard and Moore Complete Checklist of the Birds of the World de 2003, os xéneros Myophonus, Alethe, Brachypteryx e Monticola estaban incluídos en Turdidae.[17] Posteriormente os estudos de filoxenética molecular indicaron que as especies destes catro xéneros estaban máis estreitamente relacionadas con especies de Muscicapidae.[18][19] Como consecuencia, estes catro xéneros sitúanse agora alí.[1][20] Ao contrario, o xénero Cochoa, que estaba situado previamente en Muscicapidae, viuse que pertence a Turdidae.[18][19]

Dous grandes estudos de filoxenética molecular das especies de Muscicapidae publicados en 2010 mostraron que os xéneros Fraseria, Melaenornis e Muscicapa non eran monofiléticos. Os autores non propuxeron revisións dos xéneros porque nos se analizaron mostras de todas as especies e non todos os nodos das súas filoxenias tiñan un forte apoio nos datos.[19][21] Un estudo posterior publicado en 2016, que incluía 37 das 42 especies de Muscicapini, confirmou que os xéneros non eran monofiléticos e propúxose unha reorganización do esquema das especies con varios xéneros novos ou resucitados.[22]

Lista de xéneros

[editar | editar a fonte]

Velaquí os xéneros de muscicápidos da lista da Unión de Ornitólogos Internacional coas subdivisións propostas por George Sangster e colegas en 2010:[1][19]

Familia Muscicapidae

Xénero monotípico Empidornis
Cyornis tickelliae
Cossypha caffra
Paporroibo (Erithacus rubecula)
Papamoscas cincento (Muscicapa striata)

Subfamilia Saxicolinae (Vigors, 1825)

  1. O ornitólogo Dario Zuccon argumentou que cando George Sangster e colegas propuxeron o nome "Niltavinae" para a subfamilia, este non cumpría todos os requisitos do Código Internacional de Nomenclatura Zoolóxico.[23]
  2. Dario Zuccon argumentou que o nome correcto para esta ensamblaxe é Cossyphinae (xénero tipo Cossypha Vigors, 1825) xa que ese nome é anterior a Erithacinae (G.R. Gray, 1846).[23][24]
Referencias
  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 Gill, Frank; Donsker, David, eds. (2016). "Chats, Old World flycatchers". World Bird List Version 6.2. International Ornithologists' Union. Consultado o 20 May 2016. 
  2. del Hoyo, J.; Elliot, A. & Christie D. (editors). (2006): Handbook of the Birds of the World. Volume 11: Old World Flycatchers to Old World Warblers. Bellaterra (Barcelona): Lynx Edicions. ISBN 84-96553-06-X.
  3. "Old World Flycatchers Muscicapidae". artfullbirds.com. Arquivado dende o orixinal o 07 de xullo de 2011. Consultado o June 3, 2010. 
  4. 4,0 4,1 4,2 Perrins, C. (1991). Forshaw, Joseph, ed. Encyclopaedia of Animals: Birds. London: Merehurst Press. pp. 194–195. ISBN 1-85391-186-0. 
  5. Fleming, John (1822). The philosophy of zoology; or a general view of the structure, functions, and classification of animals. Volume 2. Edinburgh: Hurst, Robinson & Co. p. 240. 
  6. Bock, Walter J. (1994). History and nomenclature of avian family-group names. Bulletin of the American Museum of Natural History Issue 222. p. 116. 
  7. Brisson, Mathurin Jacques (1760). Ornithologie; ou, Méthode contenant la division des oiseaux en ordres, sections, genres, espéces & leurs variétés. &c. (en Latin e French). Paris: Jean-Baptiste Bauche. Vol. 1 p. 32, Vol. 2 p. 357. 
  8. Jobling, James A. (2010). The Helm Dictionary of Scientific Bird Names. London, United Kingdom: Christopher Helm. p. 260. ISBN 978-1-4081-2501-4. 
  9. Hartert, Ernst (1910). Die Vögel der paläarktischen Fauna systematische Übersicht der in Europa, Nord-Asien und der Mittelmeerregion vorkommenden Vögel. Volume 1 (en German). Berlin: R. Friedländer & Sohn. p. 469. 
  10. Taylor, B. "Old World Flycatchers (Muscicapidae)". En del Hoyo, J.; Elliott, A.; Sargatal, J.; Christie, D.A.; de Juana, E. Handbook of the Birds of the World Alive. Lynx Edicions. Consultado o 30 May 2016. 
  11. Mayr, E.; Amadon, D. (1951). A Classification of Recent Birds. American Museum Novitates, Number 1496. New York: American Museum of Natural History. pp. 17–19, 36–37. 
  12. Mayr, E.; Greenway, J.C. Jr. (1956). "Sequence of passerine families (Aves)". Breviora (Museum of Comparative Zoology, Harvard) 58: 1–11. 
  13. Mayr, E.; William, C.G., eds. (1986). Check-list of Birds of the World. Volume 11. Cambridge, Massachusetts: Museum of Comparative Zoology. pp. v–vi. 
  14. Sibley, C.G.; Monroe, B.L. (1993). A Supplement to Distribution and Taxonomy of Birds of the World. New Haven, Connecticut: Yale University Press. ISBN 978-0-300-05549-8. 
  15. Clement, P.; Hathway, R. (2000). Helm Identification Guides: Thrushes. London: Christopher Helm. p. 28. ISBN 978-07136-3940-7. 
  16. Committee on Classification and Nomenclature (1998). Check-list of North American birds (PDF) (7th ed.). Washington D.C.: American Ornithologists' Union. p. 495. ISBN 1-891276-00-X. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 18 de novembro de 2015. Consultado o 12 de xaneiro de 2017. 
  17. Dickinson, E.C., ed. (2003). The Howard and Moore Complete Checklist of the Birds of the World (3rd ed.). London: Christopher Helm. ISBN 978-0-7136-6536-9. 
  18. 18,0 18,1 Voelker, G.; Spellman, G.M. (2004). "Nuclear and mitochondrial DNA evidence of polyphyly in the avian superfamily Muscicapoidea". Molecular Phylogenetics and Evolution 30: 386–394. doi:10.1016/S1055-7903(03)00191-X. 
  19. 19,0 19,1 19,2 19,3 Sangster, G.; Alström, P.; Forsmark, E.; Olsson, U. (2010). "Multi-locus phylogenetic analysis of Old World chats and flycatchers reveals extensive paraphyly at family, subfamily and genus level (Aves: Muscicapidae)". Molecular Phylogenetics and Evolution 57 (1): 380–392. PMID 20656044. doi:10.1016/j.ympev.2010.07.008. 
  20. Dickinson, E.C.; Christidis, L., eds. (2014). The Howard & Moore Complete Checklist of the Birds of the World. Volume 2, Passerines (4th ed.). Eastbourne, U.K.: Aves Press. ISBN 978-0-9568611-2-2. 
  21. Zuccon, D.; Ericson, P.G.P. (2010). "A multi-gene phylogeny disentangles the chat-flycatcher complex (Aves: Muscicapidae)". Zoologica Scripta 39 (3): 213–224. doi:10.1111/j.1463-6409.2010.00423.x. 
  22. Voelker, G.; Huntley, J.W.; Peñalba, J.V.; Bowie, R.C.K. (2016). "Resolving taxonomic uncertainty and historical biogeographic patterns in Muscicapa flycatchers and their allies". Molecular Phylogenetics and Evolution 94: 618–625. doi:10.1016/j.ympev.2015.09.026. 
  23. 23,0 23,1 Zuccon, D. (2011). "Taxonomic notes on some Muscicapidae". Bulletin of the British Ornithologists' Club 131 (3): 196–199. 
  24. Vigors, Nicholas Aylward (1825). "Cossyphina". Zoological Journal 2: 395. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]