Saltar ao contido

John Fleming (naturalista)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaJohn Fleming

Sepultura de John Fleming no Dean Cemetery
Biografía
Nacemento10 de xaneiro de 1785 Editar o valor en Wikidata
Bathgate, Reino Unido (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte18 de novembro de 1857 Editar o valor en Wikidata (72 anos)
Edimburgo, Reino Unido Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaCemiterio de Dean Village, Edimburgo 
RelixiónPresbiterianismo (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Edimburgo
Universidade de St Andrews Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoZooloxía e xeoloxía Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónzoólogo, entomólogo, ornitólogo, naturalista, escritor, xeólogo, malacólogo, botánico Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade de Edimburgo Editar o valor en Wikidata
Membro de
Obra
Abreviación dun autor en botánicaFleming bis Editar o valor en Wikidata
Familia
FillosAndrew Fleming Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteNordisk familjebok
Dictionary of National Biography Editar o valor en Wikidata

John Fleming, nado o 10 de xaneiro de 1785 en Kirkroads Farm, preto de West Lothian, Escocia,[1] e finado o 18 de novembro de 1857 en Edimburgo, foi un relixioso, naturalista, zoólogo, botánico, climatólogo e xeólogo escocés.

Descrbiu e nomeou un gran número de especies de moluscos, ademais de diversos taxons doutros grupos de animais e vexetais.

Durante toda a súa vida tratou de conciliar a teoloxía coa ciencia.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Despois dos seus estudos na Universidade de Edimburgo, que rematou en 1805, ao ano seguinte foi admitido como pastor da Igrexa de Escocia, sendo asignado á parroquia de Bressay, nas illas Shetland. Foi ordenado en 1808 e, desde ese ano a 1834, serviu como pastor en varias parroquias escocesas.[2]

En 1808 participou na fundación da Wernerian Society, unha sociedade científica dedicada ao estudo da historia natural.[2]

John Fleming uniuse á Royal Society o 25 de febreiro de 1813. En 1814 doutorouse en teoloxía na Universidade de St. Andrews e, no mesmo ano foi elixido membro da Royal Society of Edinburgh.[2]

En 1824 enleouse nunha famosa controversia co xeólogo William Buckland (1784-1856) sobre a natureza do Diluvio tal como se describe na Biblia.

Fleming foi un estreito colaborador de Robert Edmond Grant (1793–1874), quen consideraba que as mesmas leis da vida afectaran a todos os organismos. En 1828 publicou a súa History of British Animals libro no que se referiu non só ás especies existentes, senón tamén ás fósiles.[2] Nela explicana a presenza de fósiles polo cambio climático, o que suxire que as especies extintas terían sobrevivido se as condicións lles foran favorábeis. Estas teorías contribuíron ao avance da bioxeografía e exerceron unha certa influencia en Charles Darwin.

En 1831 Fleming encontrou algúns fósiles que recoñeceu como peixes nos sedimentos de areísca vermella en Fife.[2] Isto non encaixaba coa idea xeralmente aceptada de que a Terra tiña aproximadamente 6 000 anos.

En 1834 obtivo a cátedra de filosofía natural no New College da Universidade de Aberdeen. E, en 1845, foi profesor de historia natural no New College da Universidade de Edimburgo.[2]

Faleceu en Edimburgo e está soterrado no cemiterio de Dean Village desta cidade.

Algunhas publicacións

[editar | editar a fonte]
  • 1821: Insecta, en Supplement to the fourth, fifth and sixth editions of the Encyclopae-dia Britannica, with preliminary dissertations on the history of the sciences.
  • 1822: Philosophy of Zoology.
  • 1828: A History of British animals, exhibiting the descriptive characters and systematical arrangement of the genera and species of quadrupeds, birds, reptiles, fishes, mollusca, and radiata of the United Kingdom, including the indigenous, extirpated , and extinct kinds, together with periodical and occasional visitants.
  • 1851: The Temperature of the Seasons, and Its Influence on Inorganic Objects, and on Plants and Animals.

Algúns taxons descritos por Fleming

[editar | editar a fonte]

Especies do filo Mollusca:

Abreviaturas

[editar | editar a fonte]
  • A abreviatura Fleming emprégase para recoñecer a John Fleming como autoridade na descrición e taxonomía en botánica.[3]
  • A abreviatura Fleming emprégase para recoñecer a John Fleming como autoridade na descrición e taxonomía en zooloxía.
  1. BIOGRAPHICAL INDEX OF FORMER FELLOWS OF THE ROYAL SOCIETY OF EDINBURGH 1783 – 2002 (PDF). The Royal Society of Edinburgh. xullo de 2006. ISBN 0 902 198 84 X. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 24 de xaneiro de 2013. Consultado o 09 de abril de 2017. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 Fleming, John (Scotland 1785-1857) en Some Biogeographers, Evolutionists and Ecologists (en inglés). Consultada o 8 de abril de 2017.
  3. Fleming no IPNI.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]