Papoazul
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde abril de 2014.) |
Papoazul | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Macho da especie | |||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||
Pouco preocupante[1] | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||
'Luscinia svecica' (Linnaeus, 1758) | |||||||||||||||
Distribución das subespecies
|
O papoazul (Luscinia svecica) é un paxaro pequeno da familia dos papamoscas (Muscipapidae). (Nalgún tempo foi considerado membro da familias Turdidae, da que fai parte, entre outros, o merlo)[2].
Características
[editar | editar a fonte]Descrición
[editar | editar a fonte]E de tamaño semellante ó papo vermello, mide uns 13 ou 14 cm. A súa constitución é delgada. As ás son curtas e arredondadas, coa terceira e cuarta plumas primarias máis longas cás outras.As patas son longas e finas.A cola é negra con manchas vermellas nas beiras. Ten unha mancha superciliar (cella) branca. O macho ten no papo unha mancha azul con bordos sucesivamente de cor negra, branca e da cor da ferruxe. Algunhas razas como L. svecica svecica do norte de Eurasia teñen no centro da mancha azul outra vermella. Noutras, como L. svecica cyanecula , do centro e sur de Europa esta mancha central e branca. A raza turca L. svecica magna non ten mancha.
As femias son de cores menos brillantes e teñen no papo da cor da crema ou cunha media lúa negra. Os inmaturos teñen manchas e puntos escuros pola parte inferior.
Malia as diferenzas de aspecto entre machos, estudos xenéticos recentes confirmaron que se trata dunha especie única.
Costumes
[editar | editar a fonte]Os machos teñen un canto forte, moi variado e, ás veces, imitativo que recorda ó do reiseñor. Canta sobre todo pola maña cedo e cando empeza a escurecer.
Son activos durante o día e no crepúsculo. Cazan insectos sobre todo nas beiras cheas de lama dos ríos, en superficies cultivadas e entre o mato. Fas os niños agachados en xeral non lonxe da auga, nun furado no chan, entre herba ou arbustos mestos. a femia pon 6 ou 7 ovos de cor gris azulada clara con puntos castaño avermellados, que son chocados polos dous pais unhas dúas semanas.
Distribución
[editar | editar a fonte]Vive en zonas de bosque húmido ou zonas húmidas con arbustos de Eurasia, con algúns exemplares tamén en Alasca occidental. Son migratorios. No continente europeo a raza coa mancha vermella na gorxa vive no norte e nos Alpes; a raza coa mancha branca vive en Centroeuropa, sur da Europa occidental e parte do sur do continente.
Son migratorios. Os exemplares europeos pasan o inverno no sur de España, norte de África e sur de Asia.
Poboación en Galiza e España
[editar | editar a fonte]O papoazul só aniña no Sistema Central (dende as serras de Béjar e Candelario en Salamanca, ata Somosierra e serra de Ayllón) e Cordilleira Cantábrica, ocupando preferentemente os vales da cara sur. Como migrante destaca no sueste da península (procedente do sur do sahara) e nas Illas Baleares onde inverna un pequeno continxente de papoazuis procedentes doutros países europeos (das subespecies L. s. svecica e L. s. cyanecula).
Tamaño da poboación
[editar | editar a fonte]A comezos dos anos 90 estimouse a poboación aniñante en España nunhas 9.000-12.800 parellas. En Europa as estimacións acadan un total de 530.000 parellas reprodutoras (1994). En Galiza aniña no Parque Natural do Invernadoiro.
Existen moi poucos datos sobre a abundancia da especie, así no Sistema Central, nas uceiras da Serra de Ayllón, obtivéronse 0,1 aves/10 ha (1986); nos piñeirais de Gredos, entre 0,5 e 1,3 aves/10 ha, dependendo da altitude (1991). Nos uceirais subcantábricos de Palencia, 5 machos/10 ha (1991). Na Serra de Béjar, Salamanca, a densidade acadada é de 0,46 aves / 10 ha, como media.
Nos últimos anos semella que a súa poboación está a medrar no norte da península.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ BirdLife International (2012). "Luscinia svecica". Lista Vermella de especies ameazadas. Versión 2013.2 (en inglés). Unión Internacional para a Conservación da Natureza. Consultado o 26 de novembro de 2013.
- ↑ Zink et al.(2003) Recent evolutionary history of the bluethroat (Luscinia svecica) across Eurasia Arquivado 04 de abril de 2005 en Wayback Machine. Molecular Ecology 12:3069-3075
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Vídeos do papoazul en Internet Bird Collection
- O Papoazul en www.naturfotografie-digital.de (en alemán)
- Femia de papoazul (Vídeo) (en alemán)
- Papoazul(Blaukehlchen) cantando en www.vogelstimmen-wehr.de (en alemán)
- Papoazul (Blaukehlchen)- canto e foto (en alemán)